Fráncico Ripuario

O fráncico ripuario ou franconio ripuario (en alemán Ripuarisch, en ripuario Ripoaresch; do latín ripa 'beira') é un conxunto de dialectos do alemán, parte do grupo central occidental.

Xunto co luxemburgués, o fráncico moselano e o fráncico renano constitúe a familia dialectal do fráncico central, sendo a súa variedade máis noroccidental. O seu nome provén dos francos ripuarios, que se estableceron a beiras do Rin a partir do século IV.

Fráncico ripuario
Ripoarisch
Outros nomes:Ripuario
Falado en: Alemaña, Bélxica e os Países Baixos
Rexións: Renania do Norte-Westfalia, Renania-Palatinado, Liexa e Limburgo
Total de falantes: ≈ 900 000
Familia: Indoeuropea
 Xermánico
  Xermano occidental
   Alto alemán
    Alemán central occidental
     Fráncico central
      Fráncico ripuario
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ksh
Mapa
Fráncico Ripuario
Status
Fráncico Ripuario
O fráncico ripuario está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Fálase principalmente no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ó sur da liña de Benrath, dende o noroeste de Düsseldorf e Colonia até Aquisgrán ó oeste, e Waldbröl ó leste. Tamén se estende ó norte de Renania-Palatinado, a área de Eupen (leste de Bélxica) e algúns municipios limítrofes dos Países Baixos (Kerkrade, no Limburgo neerlandés).

As variedades que conforman o ripuario chámanse a si mesmas Platt: así, o Öcher Platt é a fala de Aquisgrán, o Eischwiele Platt a de Eschweiler, o Bönnsch Platt a de Bonn, etc. De entre todas elas, a máis coñecida é o ripuario de Colonia, o Kölsch.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Ferdinand Münch: Grammatik der ripuarisch-fränkischen Mundart. Verlag Friedrich Cohen, Bonn 1904 (online). Nachdruck mit Genehmigung, Saendig Reprint Verlag, Vaduz 1970. ISBN 3-50021670-6.
  • Georg Heike: Zur Phonologie der Stadtkölner Mundart. Eine experimentelle Untersuchung der akustischen Unterscheidungsmerkmale. (Deutsche Dialektgeographie Band 57), N. G. Elwert Verlag, Marburg 1964.
  • Claudia Froitzheim: Artikulationsnormen der Umgangssprache in Köln - Continuum Schriftenreihe zur Linguistik Band 2. Gunter Norr Verlag, Tübingen, 1984. 223 Seiten, Graphiken. (Zugl.: Univ., Diss., Köln 1983) ISBN 3-87808-332-7.
  • Jürgen E. Schmidt: Die mittelfränkischen Tonakzente (Rheinische Akzentuierung). Mainzer Studien zur Sprach- und Volksforschung 8. Stuttgart 1986. ISBN 3-515-04803-0
  • Jürgen E. Schmidt: Die sprachhistorische Genese der mittelfränkischen Tonakzente. In: Auer/ Gilles/ Spiekermann: Silbenschnitt und Tonakzente. Niemeyer, Tübingen 2002, S. 201-233. ISBN 3-484-30463-4

Tags:

Fráncico Ripuario NotasFráncico Ripuario Véxase taménFráncico RipuarioDialectoFrancos ripuariosLingua alemáLingua latinaLingua luxemburguesaRío Rin

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raposo comúnÁnxel CasalDeidade25REC (filme)Boiro NovoKurdistánMicrosoftXornalismoTelescopioDaniel BasteiroOrquídeaXohana TorresJesús Vázquez AlmuíñaFreixoRulaCobreBaionaPremio Burnett Anderson MemorialMaría VázquezO golpeEscherichia coliVento feridoO comparativo galegoTimeLuís RubidoPedro ChoscoIrene GonzálezTrisónJosé Juan FigueirasAgostoO porco de péEncyclopædia BritannicaIrmandades da FalaProduto interior brutoLamento da FrouseiraCultura castrexaCarolina DariasAnagnórise (novela)Cartas dos indios CamarõesKoulukarun lassikkoXentilicioJPiñeiroBox Office MojoMaría PitaBubelaGrecia antiga9Google97Aliados da segunda guerra mundialVenresRuxe RuxeSão PauloEstrutura terciaria das proteínasTalía (musa)CristianismoImpresión dixitalFauna de GaliciaBipartito galegoPratos combinadosFábrica Nacional de Moneda y TimbreAndoriñaSobreiraMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BO MariscalNXulio CésarCSexo analWikiEspazo Común🡆 More