As linguas xermánicas occidentais constitúen a meirande das tres pólas nas que se divide a familia xermánica de linguas (sendo as outras dúas a nórdica e a oriental, xa extinta).
As tres linguas xermánicas occidentais máis prominentes son o inglés, o alemán e o neerlandés. A familia tamén inclúe ás linguas alto e o baixo alemán e dialectos como o luxemburgués e o yiddish, ademais das linguas franconias e ingvaeónicas como o frisón, o escocés e o afrikaans (que están estreitamente relacionadas co inglés e co neerlandés, respectivamente). Ademais, numerosas linguas crioulas, patois e pidgins están baseadas no neerlandés e no inglés xa que foron linguas de grandes imperios coloniais.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Linguas xermánicas occidentais, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.