Fotocopiadora

Unha fotocopiadora é unha máquina que fai copias en papel de documentos e outros tipos de imaxes visuais de xeito rápido e barato.

As fotocopiadoras máis modernas empregan unha técnica chamada xerografía, un proceso seco que emprega a calor. As copiadoras tamén poden utilizar outras tecnoloxías, como a inxección de tinta, mais a xerografía é a máis estandarizada.

Fotocopiadora
Unha fotocopiadora

A fotocopia é o proceso co que se realiza a copia literal dun documento ou fotografía creada por medios foto-ópticos. A fotocopia por medios fotográficos, como aparello común nas oficinas, existe polo menos dende a segunda guerra mundial. O proceso era lento e as copias resistían mal o paso do tempo e a luz, porque o proceso de revelado e fixación era simultáneo e o resultado non estaba garantido. A fotocopia de planos por heliogravado (planos azuis) continuou moito máis tempo porque o proceso ao seco non precisaba grandes superficies.

Xerox (do grego "xeros" seco) introduciu o proceso de electrofotocopia na década de 1960 e durante os seguintes vinte anos substituíu gradualmente as fotocopias por procedementos fotográficos, así como o uso de papel carbón, mimeógrafos e outras máquinas multicopistas. Está estendido no mundo dos negocios, a educación e os medios gobernamentais. Houbo un longo debate sobre se as fotocopias estaban a quedar obsoletas, xa que aumenta a creación e a distribución de documentos dixitais, dependendo menos da distribución de documentos en papel.

Historia

Chester Carlson, inventor da fotocopiadora, era orixinalmente un avogado de patentes, ademais de inventor a tempo parcial. O seu traballo na oficina de patentes de Nova York requiría que fixese un gran número de copias de papeis importantes. Carlson, que tiña artrite, atopaba a tarefa dolorosa e tediosa. Isto motivouno a realizar experimentos con fotocondución. Empregou a súa cociña para os experimentos de "electrofotografía" e en 1938 solicitou unha patente para o proceso. Realizou a súa primeira fotocopia cunha placa de zinc cuberta con sulfuro. Nesa época as copias múltiples facíanse mediante pael carbón ou máquinas de duplicación manuais, polo que a xente non viu a necesidade dunha máquina electrónica. Entre 1939 e 1944, Carlson foi rexeitado por máis de vinte empresas, incluídas IBM e General Electric, que non pensaron que existise mercado para o invento.

En 1944, o Battelle Memorial Institute, organización sen ánimo de lucro de Columbus, Ohio, contratou a Carlson para refinar o proceso. Nos seguintes cinco anos, o instituto realizou experimentos para mellorar o proceso da electrofotografía. En 1947, a pequena empresa neoiorquina Haloid Corporation aproximouse a Battelle para obter unha licenza para desenvolver e vender unha máquina baseada nesa tecnoloxía.

Haloid coidou que a palabra "electrofotografía" era demasiado complicada, polo que tras consultar cun profesor de linguas clásicas na Universidade Estatal de Ohio, Haloid e Carlson cambiaron o nome do proceso a "xerografía", derivada da palabra grega que significa "escritura seca". Haloid denominou as novas máquinas "Xerox Machines" e, en 1948, a palabra "Xerox" foi rexistrada. Haloid cambiou despois o nome a Xerox Corporation.

En 1949, Xerox Corporation presentou a primeira fotocopiadora, chamada Model A.

O tóner en cor apareceu na década de 1950, aínda que as fotocopiadores en cor non estiveron dispoñíbeis comercialmente ata que 3M presentou a copiadora Color-in-Color en 1968.

Funcionamento mediante xerografía

  1. Carga: un tambor cilíndrico cárgase electrostaticamente por un cable de alta tensión chamado cable coroa ou rolo de carga. O tambor ten un revestimento dun material fotocondutor. Un fotocondutor é un semicondutor que se converte en condutor cando se expón á luz.
  2. Exposición: unha luz brillante ilumina o documento orixinal e as áreas en branco do documento orixinal reflicten a luz sobre a superficie do tambor fotocondutor. As zonas do tambor que están expostas á luz e se converten polo tanto en condutores descárganse. A área do tambor non exposta á luz (aquelas áreas que corresponden a porcións negras do documento orixinal) permanecen cargadas negativamente. O que queda é a imaxe latente electrostática.
  3. Revelado: o tóner está cargado positivamente. Cando se aplica ao tambor para revelar a imaxe, adhírese a áreas cargadas negativamente (áreas negras).
  4. Transferencia: a imaxe resultante do tóner na superficie do tambor transfírese do tambor a un anaco de papel cunha carga negativa maior que o tambor.
  5. Fundición: o tóner derrétese e únese ao papel a través dos rolos de calor e presión.

Este exemplo é dun tambor e papel con carga negativa e un tóner con carga positiva como é habitual nas copiadoras dixitais na actualidade. Algunhas fotocopiadoras, principalmente copiadoras analóxicas grandes, empregan papel e tambor con carga positiva e tóner con carga negativa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Fotocopiadora HistoriaFotocopiadora Funcionamento mediante xerografíaFotocopiadora NotasFotocopiadora Véxase taménFotocopiadoraDocumentoMáquinaPapelXerografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ben-Hur (filme de 1959)Haile GebrselassieBalsa (árbore)Arnold SchwarzeneggerMax VerstappenArchaeopteryxArtemisaDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyRick and MortyEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016DiteaTangoVilar de SantosCosworthBronquioliteKaren UhlenbeckGalera (barco)Central térmica das PontesPobo xudeuAir AustralBacillus thuringiensisLanosterolKylian MbappéAna BucetaRubén RiveraColectivizaciónCitharus linguatulaClasificación de BaltimoreCristianismo e homosexualidadeXosé Ramón GayosoCirrio comúnOrixe das avesGetty Thesaurus of Geographic NamesCronoloxía da segunda guerra mundialDacota do NorteCarpa comúnIllas CookShirley ChisholmBudapestInterestatal 59Fátima PegoLista de vehículos de Mercedes-BenzMaroon 5CobaiaCharles LeclercTergoRevolución galega de 1846CoraciiformesThe Eyes of the DragonRanger 5Mediana (xeometría)Lingua serbiaBufo realMundial de Fútbol de 1982PárkinsonCorpo cetónicoEtanolLingua checaJake GyllenhaalArco da vellaUniversidade de GranadaRastroCarlos de Matos GomesRomaVienaCabassous unicinctusFernando AlonsoAfonso V de AragónMonforte de LemosTrondheimCelastrina argiolusReiquiavikLinguas románicasAnte GotovinaMontederramo🡆 More