Fertilidade

A fertilidade é a capacidade dun animal, planta ou terreo de producir ou sustentar unha proxenie numerosa.

Nos animais, incluído o home, é o resultado da interacción de numerosos factores, tanto biolóxicos -a idade, o estado de saúde, o funcionamento do sistema endócrino- como culturais -as prescricións respecto ao sexo e o matrimonio, a división sexual do traballo, o tipo e ritmo de ocupación-, que a fan variar espectacularmente entre situacións distintas. No ámbito hortícola, é unha medida da riqueza nutricional do chan.

A fertilidade humana foi historicamente unha cuestión culturalmente significativa. Ao ser os fillos unha fonte crucial de man de obra en sociedades agrarias ou de economía de subsistencia, a capacidade de ofrecer ao núcleo familiar unha prole numerosa era un trazo moi valorado nas mulleres, e en moitas tradicións o marido estaba autorizado a anular o matrimonio cunha esposa estéril. A esterilidade masculina, de frecuencia semellante, permaneceu moito tempo descoñecida, atribuíndose só ás mulleres a responsabilidade da reprodución, como parte do réxime patriarcal de Occidente.

Na socioloxía, a taxa de fertilidade -medida como o número de fillos por muller- empregouse como estimador fiable para o crecemento vexetativo da poboación.

Tags:

Sistema endócrino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Henrique VIII de InglaterraContactorRefraneiro galego sobre o mes de maioPili PampínMasculino e feminino en galegoLista de nomes masculinos en galegoXabier FortesDomingo García-SabellDorothé SchubarthSystem of a DownHelsingin JalkapalloklubiJesús Vázquez AlmuíñaLista de ósos do esqueleto humanoLesakaÁngeles VázquezSéculos EscurosLontreiraLeninismoÁreas lingüísticas do galegoBrasiliaXosé Manuel PiñeiroFigueresA CoruñaPosicións sexuaisAlfonso RuedaPornografíaAWStatsXinzo de LimiaAltriTeoría de númerosBortziriakAna TurpinMártires de CarralPerífrases verbais galegasGalería de imaxes de arañas de GaliciaTito ValdésEmilio Pérez TouriñoFernando Salgado VarelaItxu DíazAlberto Núñez FeijóoGalaicosSexo analLipoproteína de BraunRéptilesManuel RicoEmilio Aragón ÁlvarezAntónio de SpínolaMaría a BalteiraBolboretaCopia por contactoRaffaella CarràA gaita gallega (libro)Juan Jacobo Durán LorigaTarragonaXabier DeiveImmanuel KantPorno suaveMercedes QueixasDelfínAs dúas MaríasMedoMéxicoGran Guerra IrmandiñaCanle (comunicación)Couselo (planta)Mamen MendizábalGoogleRomariz, Riós, RiósCharles DarwinMiguel SolísXosé Carlos MorellIbn al-AbbarSete Sabios🡆 More