Estreptomicina: Composto químico

A estreptomicina é un antibiótico da clase dos aminoglicósidos.

Foi o primeiro antibiótico aminoglicósido descuberto e tamén o primeiro tratamento antibiótico utilizado para tratar a tuberculose. É un antibiótico bactericida producido pola actinobacteria Streptomyces griseus. A estreptomicina non pode administrarse oralmente, senón por medio de inxeccións intramusculares regulares. Presenta efectos secundarios adversos sobre os oídos (ototoxicidade).

Estreptomicina: Mecanismo de acción, Efectos secundarios, Historia
Estreptomicina.
Nome IUPAC: 5-(2,4-diguanidino-3,5,6-trihidroxi-ciclohexoxi)- 4-[4,5-dihidroxi-6-(hidroximetil)-3-metilamino-tetrahidropiran-2-il]-oxi-3-hidroxi-2-metil-tetrahidrofuran-3-carbaldehido.

Mecanismo de acción

A estreptomicina é un inhibidor da síntese proteica. Únese ao ARNr 16S da subunidade menor de 30S do ribosoma bacteriano, interferindo coa unión do ARNt que leva o aminoácido N-formilmetionina (fMet-ARNt) á subunidade de 30 S. Isto orixina erros na lectura do codón, e finalmente á inhibición da síntese proteica e a morte da célula microbiana por mecanismos que non se comprenden totalmente. Os ribosomas humanos son estruturalmente diferentes dos bacterianos, o que fai que o antibiótico sexa selectivo para as bacterias. Porén, a baixas concentracións a estreptomicina tan só inhibe o crecemento da bacteria debido á incorrecta lectura do ARNm bacteriano durante a súa tradución. A estreptomicina é un antibiótico de amplo espectro que inhibe tanto a bacterias grampositivas coma gramnegativas,.

A estreptomicina distribúese no plasma extracelular e en múltiples tecidos do organismo, excepto o cerebro; acada só concentracións moi baixas no líquido cefalorraquídeo, nas secrecións bronquiais e vaxinais, e pode orixinar un fedor desagradable característico nas feces.

A estreptomicina non penetra ben nas células, polo que é un axente que afecta aos bacilos exclusivamente extracelulares. Como consecuencia, o tratamento da tuberculose require o uso doutros axentes que eliminen as bacterias intracelulares, que son o compoñente principal da infección tuberculosa .

Atravesa a placenta, polo que pode ter un certo efecto sobre o feto. A súa unión a proteínas do plasma sanguíneo é de baixa a moderada e non se metaboliza. Do 80 ao 98 % da estreptomicina é excretada por vía renal en forma inalterada ás 24 horas e o 1 % pola bile.

Efectos secundarios

Os efectos secundarios máis relevantes, igual que os doutros aminoglicósidos, son toxicidade renal e toxicidade para os oídos. Pode orixinar unha xordeira transitoria ou permanente. A porión vestibular do nervio cranial VIII (o nervio vestibulocolear) pode quedar afectada, causando tinnitus, vértixe, ataxia, toxicidade renal e potencialmente pode interferir co diagnóstico de enfermidades renais.

Efectos secundarios comúns son vertixe, vómitos, insensibilidade da cara, febre e erupcións cutáneas. A febre e erupcións poden aparecer co uso persistente.

O seu uso non está recomendado durante o embarazo. Informouse de xordeira conxénita en nenos cuxas nais recibiran estreptomicina durante o embarazo. O seu uso parece non crear problemas ao neno durante a lactación.

Non está recomendada en persoas con miastenia gravis.

Historia

A estreptomicina foi illada por primeira vez no laboratorio de Selman Abraham Waksman en 1943 por Albert Schatz, un dos investigadores axudantes que colaboraban nos experimentos dirixidos por Waksman na Universidade de Rutgers. Waksman recibiu o premio Nobel de Medicina de 1952 "polo seu descubrimento da estreptomicina", pero houbo unha grande controversia e litixios xudiciais entre el e Schatz sobre a autoría do descubrimento, ata que chegaron a un acordo extraxudicial que consideraba a ambos coautores. Waksman e o seu laboratorio descubriron varios antibióticos, entre os que están a actinomicina, clavacina, estreptotricina, estreptomicina, griseína, neomicina, fradicina, candicidina e candidina. De todos eles a estreptomicina e a neomicina foron amplamente utilizados no tratamento de numerosas doenzas infecciosas. A estreptomicina foi o primeiro antibiótico que se utilizou para tratar a tuberculose; e inicialmente a produción estivo dominada pola compañía Merck & Co..

O primeiro ensaio aleatorio de dobre cego e placebo do uso da estreptomicina contra a tuberculose pulmonar levouse a cabo en 1946-1947 pola Unidade de Investigación da Tuberculose da MRC presidida por Sir Geoffrey Marshall. Os seus resultados demostraron a súa eficacia contra a tuberculose, aínda que con pouca toxicidade e adquisición de resistencia bacteriana ao fármaco.

Aplicacións

Usos terapéuticos

A estreptomicina utilízase principalmente no tratamento das seguintes enfermidades:

  • endocardites infecciosas causadas por enterococos cando o microorganismo non é sensible á xentamicina.
  • Tuberculose en combinación con outros medicamentos antituberculosos. Non é normalmente un tratamento de "primeira liña", excepto en poboacións con deficiente atención sanitaria nas que o custo doutros tratamentos máis caros sería prohibitivo.
  • Peste (infección por Yersinia pestis). Historicamente utilizouse para o tratamento desta enfermidade.
  • En veterinaria a estreptomicina é o antibiótico normalmente prescrito para combater bacterias gramnegativas en animais grandes (cabalos, vacas, ovellas etc.). Xeralmente combínase con procaína penicilina administrada por inxección intramuscular.

A estreptomicina normalmente adminístrase intramuscularmente (e nalgúns países só está permitido facelo desta maneira), pero pode ser administrada tamén por vía intravenosa .

Pesticida

A estreptomicina utilízase tamén como pesticida para combater o crecemento de bacterias, fungos e algas. Controla as enfermidades bacterianas e fúnxicas de certas frutas, produtos hortícolas, sementes, e plantas ornamentais, e controla a proliferación de algas en estanques ornamentais e acuarios. Un dos usos principais é o control da enfermidade chamada "fogo bacteriano" das maceiras e pereiras. Como ocorre nos seus usos médicos, a súa aplicación intensiva pode orixinar o desenvolvemento de estirpes bacterianas resistentes.

Cultivos celulares

A estreptomicina, en combinación coa penicilina, utilízase nun cóctel antibiótico estándar para impedir a infección por bacterias dos cultivos celulares.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Estreptomicina Mecanismo de acciónEstreptomicina Efectos secundariosEstreptomicina HistoriaEstreptomicina AplicaciónsEstreptomicina NotasEstreptomicina Véxase taménEstreptomicinaActinobacteriaAminoglicósidoAntibióticoOtotoxicidadeStreptomycesTuberculose

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galicia estremeiraEMelideGumersindo Galego FealXabier DeiveREC (filme)Cira, SilledaLista de palabras galegas de orixe celtaGaliciaSandra GonzálezLingua galegaAdrián CastiñeirasEvelina HervellaCastros da provincia da CoruñaMarínLapa (molusco)Daniel DomínguezAcerbaixánXestaQueen e SlimDaniel BasteiroLingua inglesaEleccións municipais en RibeiraBukkakeA FonsagradaPaíses BaixosPansexualidadeLorbé, Dexo, OleirosHimno de DaguestánGonzalo DuránQue me queres, amor?Nordés (vento)O Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoBaltar, MelideOs vellos non deben de namorarseTopónimos célticos en GaliciaBruce SpringsteenSegunda guerra mundial6RulaEsther EstévezConfessions of a Teenage Drama QueenReino de GaliciaPontedeumeBradley CooperIrene GonzálezProvincia de OurenseHéctor CajaravilleRubén Fernández GarcíaKarim BenzemaEusebio Alonso VieitesElena CandiaPorta SantaPTamar NovasProduto interior brutoManuel DopazoCasa de AndradePimpín comúnCitania de SanfinsPoallaMarta Fernández-TapiasRichard GerePaco LodeiroNomenclatura binomialMiguel MosqueiraSOs AtlánticosLipoproteína de BraunTreixadura (grupo musical)Tim RobbinsCoalición GalegaXosé Manuel PiñeiroParadigmas dos verbos irregulares galegosAntía OteroLíbano🡆 More