Estado De Alarma: Rexime de emerxencia contemplado na Constitución Española

O estado de alarma é un dos tres réximes de emerxencia contemplados no artigo 116 da Constitución Española de 1978.

En concreto, o estado de alarma detállase no punto 2 do devandito artigo. Así mesmo, os seus efectos foron desenvolvidos no artigo 11 da Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio.

O estado de alarma declárase co obxectivo de asegurar o restabelecemento da normalidade da vida cotiá ante perturbacións como catástrofes, crises sanitarias ou episodios de desabastecemento de produtos básicos.

En España

No estado español a declaración do estado de alarma é competencia do Goberno de España, segundo o artigo 116.2 da Constitución. A declaración pode atinxir á totalidade do territorio do Estado ou nada máis a algunha das súas partes.

A declaración do estado de alarma ten que estar motivada por algunha das seguintes perturbacións da normalidade:

O estado de alarma é declarado polo Goberno mediante decreto acordado en Consello de Ministros. A súa duración máxima é de 15 días. Cando se sobrepase este límite, poderá ser prorrogado, sempre coa autorización do Congreso dos Deputados. En caso de prórroga, será o Congreso quen estabeleza as condicións do estado de alarma.

Segundo o regulado no art. 11 da Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, baixo o estado de alarma, o Estado poderá:

  • Limitar a circulación ou permanencia de persoas ou vehículos.
  • Practicar requisas temporais de todo tipo de bens e impor prestacións persoais (tributos, traballos...) obrigatorias.
  • Intervir e ocupar de maneira temporal industrias ou locais de calquera natureza.
  • Limitar ou racionar o uso de servizos ou o consumo de artigos de primeira necesidade.
  • Asegurar o abastecemento dos mercados e o funcionamento de servizos e industrias mediante as ordes oportunas.

Estados de alarma en España desde a proclamación da Constitución de 1978

En España, o estado de alarma declarouse unicamente en dúas ocasións desde a proclamación da Constitución de 1978. A primeira delas en decembro de 2010, a causa dunha crise provocada por unha folga de controladores aéreos. A segunda delas en marzo de 2020, como resultado da epidemia do coronavirus COVID-19.

Crise dos controladores de 2010

O sábado 4 de decembro de 2010, ás 12:30 horas, o goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, do PSOE, decretou o estado de alarma en todo o territorio español. O motivo foi o peche do espazo aéreo español debido á folga de controladores aeroportuarios. O goberno amparouse en que este era un servizo público básico, e que se estaban producindo graves prexuízos á cidadanía e a economía do país.

O persoal de control aéreo pasou a ser considerado persoal militar mentres durase a declaración e forzado a reincorporarse ao seu traballo baixo a ameaza de penas de cárcere. O Consello de Ministros solicitou, o 14 de decembro, unha prórroga do estado de alarma até o 15 de xaneiro ás 24 horas. O Congreso dos Deputados aprobouna. O estado de alarma non se levantou até o 16 de xaneiro de 2011, ás 0:00 horas.

Crise sanitaria pola pandemia de coronavirus (COVID-19) de 2020

O venres 13 de marzo de 2020, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a declaración do estado de alarma para a contención da pandemia pola enfermidade de coronavirus (COVID-19) que afectaba a España desde mediados de febreiro.

Decreto inicial do estado de alarma (15-29 de marzo)

As medidas foron concretadas ao día seguinte, sábado 14 de marzo, tras un Consello de Ministros que durou máis de sete horas. O goberno ordenou a súa publicación no BOE esa mesma noite, para a súa entrada en vigor de forma inmediata. O estado de alarma promulgouse por quince días naturais, o tempo máximo autorizado pola Constitución, e os seus efectos estendéronse a todo o territorio español. Entre as principais medidas que contemplaba o decreto destacan:

  • Limitacións á libre circulación de persoas, restrinxida a actividades esenciais como a compra de alimentos ou medicamentos ou os desprazamentos por motivos laborais e médicos.
  • Autorización ao Goberno e as autoridades delegadas por este a dispoñer medidas excepcionais para asegurar o abastecemento de produtos de primeira necesidade ou combater a pandemia, incluídas requisas temporais ou prestacións persoais.
  • Suspensión de toda actividade educativa presencial.
  • Peche de todos os comercios, agás daqueles relacionados con servizos esenciais, como a alimentación ou os servizos sanitarios.
  • Restricións no acceso a cerimoniosas relixiosas ou civís.
  • Restricións na oferta de servizos públicos de transportes.
Primeira prórroga do estado de alarma (29 de marzo-12 de abril)

Desde o inicio da crise, o Goberno manifestou que sería seguramente necesario prorrogar o estado de alarma alén do prazo inicial. O Goberno anunciou publicamente que solicitaría a prórroga por outros quince días naturais o 22 de marzo. A solicitude levouse á sesión plenaria do Congreso dos Deputados na tarde do 25 de marzo. Para evitar riscos de contaxio, a maioría da cámara votou de maneira telemática. A proposta de prórroga obtivo 321 votos afirmativos, 28 abstencións e ningún voto en contra. Os votos afirmativos chegaron da coalición que formaba o Goberno (PSOE e Unidas Podemos), PP, Vox, Ciudadanos (C's), PNV, Más País, Compromís, Navarra Suma, Teruel Existe, Foro Asturias, Coalición Canaria, Nueva Canarias e o Partido Regionalista de Cantabria ou Bloque Nacionalista Galego. As abstencións procederon sobre todo dos partidos nacionalistas periféricos: Esquerra Republicana de Catalunya, Junts per Catalunya, EH-Bildu ou CUP. Estes partidos escudáronse na necesidade de decretar medidas de confinamento máis duras, como tamén fixeron outros partidos que votaron a prol da prórroga.

Desta sorte, o estado de alarma ficou estendido para todo o territorio español até as 00:00 horas do 12 de abril de 2020.

Segunda prórroga do estado de alarma (12 de marzo-26 de abril)

Nos derradeiros días de marzo agravouse a situación nos hospitais, desbordados pola cantidade de casos graves, e o número de contaxios atinxiu os máximos. O Goberno viuse na obriga de decretar a paralización da actividade económica non esencial entre o 31 de marzo e o 9 de abril. Nese mesmo día votouse no Congreso dos Deputados unha nova prórroga do estado de alarma, que foi aprobada por 270 votos a favor, 54 en contra e 25 abstencións.

Os votos afirmativos chegaron da coalición de goberno, o PP, C’s e maioría dos partidos minoritarios que xa votaran a prol da primeira prórroga. Con todo o PP e C’s manifestaron duras críticas cara a xestión da crise e pediron transparencia ao goberno. O BNG, pola súa banda, manifestouse en contra de levantar a paralización da actividade económica non esencial. Outros partidos variaron o seu voto con respecto á sesión do 25 de marzo. O PNV, preocupado pola paralización económica, sumouse á abstención. Vox acusou ao Goberno de ser incapaz de xestionar a crise e votou en contra. O mesmo fixeron as CUP, que acusaron ao Goberno de autoritarismo e de recuperar a actividade laboral antes de que a crise estivese controlada.

O estado de alarma prorrogouse, por tanto, até as 00:00 horas do 26 de abril. Durante o debate, o propio Presidente do Goberno recoñeceu que xa estaba a pensar nunha nova ampliación do estado de alarma. Nese momento totalizábanse, desde o inicio da crise, quince mil defuncións e cento cincuenta mil persoas infectadas. Aínda que ambas cifras crecían a menor ritmo do que nas semanas previas, temíase unha segunda vaga de contaxios de se levantaren as medidas do estado de alarma.

Notas

Tags:

Estado De Alarma En EspañaEstado De Alarma NotasEstado De AlarmaConstitución española de 1978Estado de sitio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ForcareiMaría PitaFala de EstremaduraÁnxel CasalHeraldo de ViveroImperio BritánicoTradescantia fluminensisEditorial GalaxiaBronceXeración dos 80Serés, Serés, CastroverdeOTANPedro SánchezNoiaNormativa oficial do galegoBispoFiúnchoA chave das nocesMaría Jesús MonteroNoelia ReyMGrupo RompenteMañónC++Jéssica BouzasManuel Otero MartínezAntonio López FerreiroGabriel García MárquezCarlos SoberaSegunda guerra mundialFederico Jiménez LosantosLingua galegaÁlvaro Porto DapenaPere Pau Ripollès AlegreJosé Luis Rodríguez ZapateroAustraliaShinovaInstagramMarçal MolinéPampallínAntón LamazaresCalorTeoría de númerosFauna de GaliciaMaría Xosé QueizánUniversidade de Santiago de CompostelaOman AirRaquel Castro MartínezThe HivesEstatua de Che Guevara en OleirosCoordenadas xeográficasLeninEduardo Blanco AmorCubaGoretti SanmartínBélxicaCaso Asunta BasterraXosé Manuel BeirasLista de siglas e acrónimosDonicelaSexo analEmilio Aragón BermúdezRacing Club de FerrolCarballoJesús Vázquez AlmuíñaPerífrases verbais galegasFrancisco AsoreyLeitzaldeaEmilio Pérez Touriño🡆 More