Tributo

Un tributo é unha prestación pecuniaria de carácter coactivo establecida polo Estado ou outro Ente Público, de acordo cos procedementos establecidos no ordenamento xurídico e coa finalidade ou obxectivo primordial de financiar gastos públicos.

Clasifición dos tributos

  • Taxas: feito impoñible consistente na prestación dun servizo ou a realización dunha actividade administrativa que beneficie ao suxeito pasivo se:
  1. Son de solicitude ou recepción obrigatoria.
  2. Non poden prestarse polo sector privado.
  • Contribucións especiais: feito impoñible consistente na obtención dun beneficio ou dun aumento de valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento de servizos públicos.
  • Impostos: tributos esixidos sen contraprestación cuxo feito impoñible está constituído por negocios, actos ou feitos de natureza xurídica ou económica que poñen de manifesto a capacidade contributiva, como consecuencia da posesión dun patrimonio, a circulación ou a adquisición ou gasto da renda.

O poder tributario español

  • Estado: a potestade orixinaria para establecer os tributos corresponde exclusivamente ao Estado mediante lei.
  • Comunidades autónomas: poden establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución e as leis. As Comunidades autónomas gozan de autonomía financeira para o desenvolvemento e a execución das súas competencias consonte o principio de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre todos os españois.
  • Corporacións locais: os concellos e deputacións tamén poden establecer tributos de acordo coa Constitución española e as leis. Carecen de potestade lexislativa e deben contar coa facultade expresa dunha lei.

Fontes do dereito tributario español

  1. Constitución.
  2. Tratados e convenios internacionais.
  3. Normas comunitarias: decisións, directivas e regulamentos.
  4. Leis, regulamentos, decretos e ordes ministeriais.
  5. Dereito supletorio: disposicións xerais do Dereito administrativo e preceptos do Dereito común.

Tags:

Estado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeléfonoLlama M-82Francisco de QuevedoSegunda guerra mundialBatalla de CovadongaMazáPink FloydRaúl Soutelo VázquezIlla de SálvoraGoretti SanmartínPrehistoriaGalego-portuguésFederico García LorcaGroenlandiaVilagarcía de ArousaRío MiñoAMarçal MolinéCohesiónMaceiraSoraya ArnelasRibadeoBarónDonicelaArco da vellaEnciclopediaNetiquetaImperio BritánicoPanteón de Galegos IlustresEmilia Pardo Bazán2004SalamancaFacebookIslandiaO Barco de ValdeorrasConcellos de GaliciaLonga noite de pedraÁreas lingüísticas do galegoFerroXavi HernándezCorea do NorteProsobranquiosRocío LeiraXosé Luís Méndez FerrínLila (planta)NósPosición do canIrene Vallejo MoreuNeolíticoDoenza de Paget de mamaLingua igalaJulián ElviraBugalloMagnesioArcos, CuntisLeninismoParáfraseA rendición de BredaArqueasSonia MéndezGlobo aerostáticoCáceresLista de ríos de GaliciaAna Pastor GarcíaAdolf HitlerCatedral de la Seu d'UrgellPavillón Multiúsos Fontes do SarAntonio López DíazLonga distancia RenfeCouto MixtoCalendario gregorianoGrândola, Vila MorenaPúrpura🡆 More