A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas.
Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá. Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.
Candidatura d'Unitat Popular (CUP) | |
---|---|
Confederación de asembleas locais | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Núria Gibert e Quim Arrufat (voceiros) |
Historia | |
Fundación | 1986 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo catalán Pancatalanismo Anticapitalismo Socialismo Ecoloxía Feminismo |
Representación | |
Representación | 3 deputados (Parlamento catalán) |
Congreso dos Deputados | 2 / 350 |
Outros datos | |
Sede | Plaça de Gispert, 4, 1r Manresa |
Publicación | InfoCUP |
Na rede | |
cup.cat | |
Defenden a conversión dos chamados Países Cataláns (Països Catalans) nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e a cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política). Agrupa militantes procedentes de diversas entidades e plataformas de esquerda, como por exemplo Poble Lliure, Endevant e Arran.
A CUP defende tamén a saída dunha hipotética Cataluña independente tanto da Unión Europea como da OTAN.
Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Candidatura d'Unitat Popular, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.