Escorpións

Os escorpións ou alacráns son animais invertebrados artrópodos (con patas formadas por varios segmentos) que pertencen á orde Scorpiones estando encadrado na clase dos arácnidos.

Escorpión
Rango fósil: Silurio - Actualidade
Escorpións
Escorpión en Tailandia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Subclase: Dromopoda
Orde: Scorpiones
C. L. Koch, 1837
Superfamilias
  • Buthoidea
  • Chaeriloidea
  • Chactoidea
  • Iuroidea
  • Pseudochactoidea
  • Scorpionoidea

Etimoloxía e orixes

O nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo indagacións, foron eles os primeiros artrópodos que conquistaron o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporación excesiva.

Actualmente xa están catalogadas preto de 1.600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo.

Ciclo vital

Os escorpións son animais terrestres que prefiren lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, cerrados, forestas temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de ladrillos, baixo entullos de calquera natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas.

Existen escorpións en todos os continentes, agás na Antártida. Atopamos especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, en México, os Estados Unidos e o Canadá, en América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, en Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia.

Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación está baseada en diversos insectos tales como grilos, escaravellos, cascudas, e tamén doutros aracnídeos, as arañas. Unha curiosidade é o feito de que, en tempos de escaseza completa de alimento, practican o canibalismo para sobreviviren, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.

Escorpións 
Escorpión negro (Androctonus crasicauda)

Os predadores naturais do escorpión son diversos mamíferos, aves, sapos, lagartos, serpes, e nalgunhas ocasións os propios escorpións.

Reprodución

A reprodución da gran maioría da especie é monoica, ou sexa, non exixe a presenza de machos e femias, senón que algúns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reprodúcense sen a necesidade da presenza do macho. Como noutras especies, hai unha danza nupcial que antecede o acasalamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrastra a femia por riba dos espermatóforos co fin de que os reciba.

Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación demora de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas e por medio de parto, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis novo o esporpión, máis mudas el fará) ata que consigan obter o seu propio alimento soíños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.

Características

As súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marrón e tons de verde ou mesmo de azul.

O corpo dos escorpións está dividido en prosomo (cefalotórax), mesosomo e metasomo.

  • O prosomo é a rexión anterior, onde se atopan os ollos, quelíceras, pedipalpos terminados en quelas (pinzas), catro pares de patas e os pentes.
  • O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e o opérculo xenital.
  • O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo, onde hai unha estrutura cilíndrica cun espiño na punta, chamada telson (o ferrón), dúas glándulas de veleno e o ano.
Escorpións 
Das 1.600 especies de escorpión, apenas 25 causan graves accidentes ao ser humano

Veleno e toxicidade

O ferrón do escorpión (chamado telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse e aparearse, inocula na presa un veleno. Este veleno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, pero que contén neurotoxinas, histaminas, serotonina, encimas, inhibidores de encimas e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nerviosas da presa (arañas e insectos), cunha certa especificidade, dependendo do tipo de animal.

É interesante saber que a toxicidade do veleno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos son os pedipalpos, menos veleno utiliza para as súas presas e canto menores eles foren, máis letal é o veleno do escorpión.[Cómpre referencia]

O veleno de escorpións do tipo Tityus serrulatus, que parece ser o veleno máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervioso periférico dos humanos, causando dor, puntadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuíndo a temperatura corporal. Estes síntomas, debido ao seu peso corporal, son máis acentuados en nenos e, debido ás condicións físicas, en enfermos. Todos os escorpións son velenosos, porén non mortais para os humanos. A súa picada aseméllase en grao de toxidade ao da picada dunha abella.

O tratamento consiste na aplicación local na picada dun anestésico (lidocaina a 2%) e soro antiescorpiónico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, de preferencia coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.

Previndo accidentes

Os escorpións só atacan o ser humano cando se senten acuados e en circunstancia de defensa. Antes de que ocorra un accidente con escorpións débense tomar algunhas medidas básicas para evitar o mesmo. Vexa a seguir:

  • Sacuda e examine calzados e roupas antes de usalos;
  • Manteña limpos os locais próximos a residencias evitando acumulación de lixo, entullos e materiais de construción;
  • Manteña o hábitat familiar libre de cascudas, que son recoñecidas como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
  • Non coloque mans e pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas;
  • Use sempre calzados e luvas nas actividades rurais ou de xardinería;
  • Use teas e vedantes en portas e ventás;
  • Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
  • En áreas sabidamente escorpiónicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.

E se houber un accidente?

Se aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o pánico, lavar a zona con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar un médico.

O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudación profunda, visión embazada, náuseas, vómitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipnea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusión mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no lugar da picada.

Saliéntase que a toxicidade do veleno depende de diversos factores, tales como a especie do escorpión (de 1.600 especies catalogadas apenas 25 son velenosas para o home); a cantidade de veleno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.

Atención especial para nenos e enfermos: mentres que os nenos teñen máis posibilidades de envelenamento porque posúen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veleno do escorpión, nestes casos o veleno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.[Cómpre referencia]

É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente o antídoto a ser aplicado.[Cómpre referencia]

Mitoloxía

Eratóstenes (Catasterismos, 32) di que o xigante Orión intentou violar a Ártemis e esta creou un escorpión xigantesco que o matou. Logo Zeus transformou a ambos nas constelacións de Orión e de Escorpión, respectivamente. Outras versións din que o matou por ousar retarlle a lanzar o disco ou por violar a Opis, unha das virxes que acompañaban á deusa.

Hixino (Astronomía, II, 34) aínda recolle outra tradición, segundo a cal Orión vangloriábase de ser quen de matar a calquera animal co que se atopase, ante o que a Terra, indignada, fixo nacer ese inmenso escorpión, que acabou con el .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • M. E. Braunwalder: Scorpiones. Fauna Helvetica. Bd 13. CSCF/SZKF, Neuchâtel 2005, ISBN 2-88414-025-5.
  • J. Leeming: Scorpions of Southern Africa. Struik Publishers, Cape Town 2003, ISBN 1-86872-804-8.
  • Garry A. Polis (Hrsg.): The Biology of Scorpions. Stanford University Press, California 1990, ISBN 0-8047-1249-2.
  • W. Bücherl: Classification, Biology and Venom Extraction of Scorpions. in: Wolfgang Bücherl, Eleanor E.Buckley: Venomous Animals and their Venoms. Academic Press, Nova York 1971, pp. 317–348, ISBN 0-12-138902-2.
  • V. Fet, W. D. Sissom, G. Lowe & M. E. Braunwalder: Catalog of the Scorpions of the World (1758–1998). The New York Entomological Society, Nova York 2000, ISBN 0-913424-24-2.

Tags:

Escorpións Etimoloxía e orixesEscorpións Ciclo vitalEscorpións ReproduciónEscorpións CaracterísticasEscorpións Veleno e toxicidadeEscorpións Previndo accidentesEscorpións E se houber un accidente?Escorpións MitoloxíaEscorpións NotasEscorpións Véxase taménEscorpiónsArtrópodosArácnidosInvertebrado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Miñones BernárdezXiros idiomáticos galegosFausto CercignaniPexegueiro (árbore)Arcos de ValdevezLoureiroPicapeixeVilamaior do Val, VerínLista de nomes femininos en galegoA CoruñaJosé Antonio Rueda CrespoGuerra de CoreaFabiola GarcíaXacioCarolina DariasLista de nomes masculinos en galegoMarta Fernández-TapiasFábrica Nacional de Moneda y TimbreManuel FragaHans Staden (filme)Arnold SchwarzeneggerPardo de CelaInternet Movie Database7PolígonoMeat Is MurderSica RomeroRParroquias de GaliciaEstrutura primaria das proteínasDemocracia GalegaCristiano RonaldoÁreas lingüísticas do galegoDécimas ao Apóstolo SantiagoSan Lázaro, Santiago de CompostelaLabios (xenitais)Carlos Fernández CastroXoán Manuel PintosCelso ParadaGralla cereixeiraVacaBirimbao (instrumento musical)889Toniña comúnCaixa de HockettLeira (agricultura)Raposo comúnInstituto de Montes do PennAdvanced Encryption StandardPremio Espasa de EnsaioPetínMicrosoftXogos OlímpicosMario de LangulloPilar de LaraAna RomaníO derradeiro libro de Emma OlsenHarvard University PressEstripeiroLiga do PeloponesoDinamarcaC. TanganaBoiro NovoGoogleJules VerneNadalSeychellesIntelixencia artificialPablo DíazMáis alá!Viticultura🡆 More