Scorpius ou Escorpión (símbolo , Unicode ♏), é unha das 88 constelacións.
Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe en día se coñece coma Libra (que non existía, crese que foron os romanos os que a inseriron antes que ningunha outra civilización). As estrelas que hoxe en día se coñecen coma alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual:
Scorpius | |
---|---|
Nome latino | Scorpius |
Abreviatura | Sco |
Xenitivo | Scorpii |
Simboloxía | O Escorpión |
Ascensión recta | 17 h |
Declinación | −40° |
Área | 497 graos cadrados Rango 33ª |
Número de estrelas (magnitude < 3) | 15 |
Estrela máis brillante | Antares (α Sco) (magnitude ap. 0.96) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións lindeiras | |
Visible en latitudes entre +40° e −90° Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo |
Representado deste xeito, o escorpión colgaba apracible e equilibradamente sobre a eclíptica.
A estrela nun tempo designada coma γ Sco (que está dentro das fronteiras de Libra) é hoxe en día coñecida coma σ Lib. Hai que ter en conta que en tempos da Grecia clásica, a constelación de Libra estaba totalmente dentro de Scorpius (de feito Libra viña sendo o par de pinzas de Scorpius).
λ Sco e υ Sco, as dúas estrelas ó final da cola do escorpión que aparecen moi pechadas entre si, son chamadas moitas veces Ollos de Gato.
Entre os obxectos do 'espazo profundo' que conten Scorpius destacan os cúmulos globulares M4 e M80: só o primeiro deles é visible con prismáticos. Fotograficamente pode observarse unha complexa rede de 'nubes estelares' ó redor de Antares que se estende ata ρ Ophiuchi.
A orixe da constelación atópase na lenda de Orión. Segundo unha das versións, Orión o cazador sacouse os ollos nun arrebato de celos, e mentres vagaba cego polo mundo pisou un escorpión que lle trabou co seu aguillón, provocándolle a morte. Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión ós ceos colocándoos en extremos opostos da bóveda celeste, de xeito que cando Escorpio sae polo horizonte, Orión ocultase fuxindo do animal que lle causara a morte.
Unha versión máis ampla suxire que Orion tentou violar a Artemis (a Lua), posto que esta atopábase cazando no medio do bosque cando foi vista polo xigante Orion e Artemis no seu afán de defenderse reclamou a axuda dun escorpión, este picou ó xigante mortalmente e liberouna, razón pola cal Artemis, a deusa, colocouno no firmamento.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scorpius |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Scorpius, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.