Chuvia De Meteoros: Fenómeno astronómico que se produce cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa

A chuvia de meteoros, popularmente coñecida como chuvia de estrelas, é un fenómeno astronómico que se produce cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa (estes restos, mentres se atopan no espazo exterior, chámanse meteoroides), o que permite que durante uns días se poidan ver entrando na atmosfera un gran número de meteoros, que parecen irradiar todos dun punto chamado radiante.

Chuvia De Meteoros: Tipos e características, Principais chuvias de meteoros, Parámetros que caracterizan unha chuvia de meteoros
Chuvia de meteoros

Tipos e características

Calquera meteoro capaz de provocar sombras ten magnitude superior a -4 (refulxir de Venus),e denomínase bólido. Estes bólidos poden sobrevivir a entrada na atmosfera, estoupar (coma en Tunguska), ou chegar ao chan (meteorito). A altura habitual de visión está entre 120 e 80 km.

Calquera noite despexada e con boa visibilidade pódense atopar meteoros no ceo, para diferencialos e importante determinar o radiante, esperar se aparece algún outro na mesma zona, e despois acudir as listas de chuvias de meteoros para saber se estaba identificada. De tal xeito que se non se repite a observación nesa noite e nas sucesivas tan só sería un meteoro illado.

Algunhas estelas de cometas pódense atopar divididas en grandes fragmentos debido ao paso do cometa polo influxo gravitacional de Xúpiter e Saturno, podéndose ver espectaculares chuvias coma as dos restos do cometa Biela do 27 de novembro de 1877.

Principais chuvias de meteoros

Estas son as chuvias anuais máis notables, segundo a constelación situada na posición de entrada dos meteoros (radiante):

  • Quadántridas (xaneiro), con radiante na antiga constelación Quadrans Muralis, hoxe parte de Boötes, considéranse restos da estela do planeta anano 2003 EH1 e os cometas C/1490 Y1 e C/1385 U1.
  • Líridas (abril), con radiante en Vega, constelación de Lyra, considéranse restos da estela do cometa Tatcher.
  • Perseidas (agosto), con radiante en Perseo, tamén chamadas bágoas de San Lourenzo (eran obxecto de culto dende a antigüidade), considéranse restos da estela do cometa Swift-Tuttle.
  • Oriónidas (outubro), con radiante na constelación de Orión, considéranse restos da estela do Cometa Halley.
  • Leónidas (novembro), con radiante en Leo, considéranse restos da estela do cometa Temple-Tuttle .
  • Xemínidas (decembro), con radiante en Xémini, considéranse restos da estela do planeta anano 3200 Phaetom.

Parámetros que caracterizan unha chuvia de meteoros

  • Radiante: é o punto do ceo do cal parecen saír os meteoros dunha chuvia. Mídese mediante as coordenadas Alfa e Delta. Alfa é a ascensión recta e Delta é a declinación.
  • Taxa Horaria Zenital (THZ): é o número máximo de meteoros por hora observables en condicións ideais (un ceo perfectamente claro co radiante da chuvia xusto sobre a cabeza). A taxa horaria, uha vez descartados picos por chuvias de meteoros de intensidade particular, está entre 15 e 20 meteoros/hora.
  • Índice de poboación: relación da distribución de magnitudes (brillo) dunha chuvia de meteoros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Chuvia De Meteoros Tipos e característicasChuvia De Meteoros Principais chuvias de meteorosChuvia De Meteoros Parámetros que caracterizan unha chuvia de meteorosChuvia De Meteoros NotasChuvia De Meteoros Véxase taménChuvia De MeteorosAstronomíaAtmosferaCometaMeteoritoMeteoroRadianteTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos SedesHéctor CajaravilleHAntonio Muñoz MolinaTeixugoMúsica tradicional galegaEvencio FerreroÁreas lingüísticas do galegoTamar NovasPartido Comunista dos Traballadores de EspañaCarballo comúnVilela, Outeiro de ReiBisemiaAsexualidadeOrtigueiraAntón LouroMiniAlfonso LáuzaraJuan Carlos Rodríguez CebriánCaramelo (empresa)José Manuel Pérez PenasA BañaPonte dos SantosFiúnchoMartin SheenDornelas, MosRío MiñoAcerbaixánManuel ComesañaValentín Alfonsín SomozaGonzalo DuránAhí ven o maioAbel LosadaSarriaFentoPenínsula do BarbanzaHomosexualidadeLinux7FranciaFerrolLuis Miguel del AmargueJohn HughesGerardo Pardo de VeraPoutaFauna de GaliciaDaniel Carballo CodesidoAdiós, MaríaÁlvaro MuñizGatoEleccións municipais en CamariñasCastroverdeMaría ReimóndezLingua castelá6Sandra GonzálezPosición do misioneiro invertidaXosé Luís BaltarEscáncerAvefríaO reino medieval de Galicia na historiografíaCarmen ReyThe Wedding DateTuiCuruxa comúnFreixoÁcido oxalacético2Dominic ThiemÁngel García SeoaneAnniken HuitfeldtLingua inglesaBukkakeDugongoCoia, VigoGalegoArquitectura gótica en Galicia🡆 More