Perseidas

As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta.

O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano e fai que máis das 3/4 partes dos meteoritos observados esa noite sexan Perseidas. Porén, é a máis popular e observada no hemisferio norte debido a que transcorre en agosto, mes de bo tempo e de vacacións por excelencia.

Perseidas
Unha Perseida multicolor atravesando o ceo á esquerda da Vía Láctea.
Perseidas
Perseidas no 2010 sobre o Very Large Telescope do Observatorio austral europeo no deserto de Atacama (Chile).
Perseidas
Unha Perseida en 2007.

Características

Son meteoros de velocidade alta (59 km/s) que radian da Perseus ou Perseo. Polo tanto, a súa alta declinación (+58 º) non permite a súa observación en rexións meridionais, xa que dende o Ecuador se alcanzan tan só os 32º de altura.

A intensidade desta chuvia de meteoros e a época do ano na que se produce (na que a visibilidade adoita ser boa), fan que as Perseidas sexan unha das chuvias de estrelas fugaces máis populares e sinxelas de contemplar para todo o mundo. Levan contemplándose ao menos dende o ano 69 a.C.

As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lourenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na idade medieval e o renacemento, as Perseidas tiñan lugar a noite en que se lle recordaba, de tal xeito que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ao ser queimado na fogueira, concretamente nunha grella.

A pesar de ser as máis vistas, son inferiores en número a outras 'chuvias de estrelas' (por exemplo, as Leónidas poden acadar ata 1000 meteoros/hora).

Orixe

O corpo proxenitor das Perseidas é o cometa 109P/Swift-Tuttle, descuberto por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle o 19 de xullo de 1862, posúe un diámetro de 9,7 quilómetros e a súa órbita ao redor do Sol dura un período de 135 anos.

A súa última aparición tivo lugar en 1992, producíndose en 1993 un pico de actividade con THZ 300. Desde entón, a actividade descendeu progresivamente ata o nivel normal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Perseidas CaracterísticasPerseidas OrixePerseidas NotasPerseidas Véxase taménPerseidas12 de agosto17 de xullo24 de agostoAgostoChuvia de meteorosHemisferio norteTaxa Horaria Zenital

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Agora RepúblicasBrasilPorto da LúaClase (bioloxía)SaturnoAntolín FaraldoLista de filmes con versión en galego/CAmérica do NorteCorea do NorteAntigo ExiptoFervenza do ÉzaroCristiano RonaldoSegunda guerra mundialPotaBarcelonaChile (pemento)Lista de WikipediasNew DealNacionalismo galegoFernando AlonsoReal Academia GalegaBélxicaDemocraciaPoloniaPerúA esmorgaRafael LouzánXosé Manuel Piñeiro2004Rosalía (cantante)Charles MansonXosé Ramón Fernández-OxeaÁngel Alvariño SaavedraSikhCarles PuigdemontQuercusDitadura do proletariadoLuzónSantuario de Nosa Señora da PenedaFases da lúaCallitriche hamulataTarazonaJosé Sueiro LópezSantuario do Bom Jesus do MonteA derradeira leición do mestreChris PrattRoscón de CaldasSylvester StalloneGlenn Research CenterNacho VidalAs NevesSemellanza (xeometría)FerrolBenito SotoDiscoverer EnterpriseManuel FragaXogoXardaJorge C. AlonsoCurtisCitroën 2CVHTML5Daniel de la TorreChorimaLorbé, Dexo, OleirosHeptosaMatriz (matemáticas)PediastrumEl Luís🡆 More