Elinor Ostrom, nada nos Ánxeles (California) o 7 de agosto de 1933 e finada en Bloomington (Indiana) o 12 de xuño de 2012, foi unha politocóloga estadounidense.
Foi a primeira muller en gañar un Premio Nobel de Economía, en 2009.
Elinor Ostrom naceu co nome de Elinor Claire Awan en 1933. Ostrom conseguiu un BA con honras en ciencia política na UCLA en 1954. Recibiu un MA en 1962 e o doutoramento en 1965, ambos os dous na UCLA en ciencia política.
En 1973 cofundou The Workshop in Political Theory and Public Policy na Universidade de Indiana en Bloomington, Estados Unidos, xunto co seu marido, Vincent Ostrom. Considerada unha experta en acción colectiva, confianza, e fontes colectivas, o seu achegamento institucional á política pública considerouse tan destacado como para considerarse como unha "escola" na teoría da elección pública (véxase Mitchell 1988). Editou numerosos libros nos campos dos estudos organizacionais, ciencia política e administración pública Tamén foi a directora fundadora do centro de estudos de diversidade institucional na Universidade Estatal de Arizona.
Elinor Ostrom participou nun estudo sobre o uso da terra, organizado pola Universidade das Nacións Unidas -UNU-WIDER- A súa contribución resultou nun capítulo -‘The Puzzle of Counterproductive Property Rights Reforms: A Conceptual Analysis’ -en Access to Land Rural Poverty and Public Action (2001).
En 2004 Ostrom foi unha das organizadoras clave na conferencia conxunta organizada pola UNU-WIDER e un grupo de expertos do goberno sueco (o Expert Group on Development Issues (EGDI)) acerca de “Unlocking Human Potential: Linking the Informal and Formal Sectors’. A publicación resultante -, Linking the Formal and Informal Economy: Concepts and Measures (2006) é coeditada por Basudeb Guha Khasnobis, Ravi Kanbur e ela mesma.
Considérase que Ostrom foi unha das estudosas máis destacadas na área de recursos compartidos ou bens comúns (commons, en inglés), en particular, respecto de como os seres humanos interactúan a fin de manter a longo prazo os niveis de produción de recursos comúns, tales como bosques e recursos hidrolóxicos, incluíndo pesca e sistemas de irrigación, áreas de pasteiros, etc.
Tradicionalmente os economistas consideraron que manter tales recursos require xa sexa da intervención estatal ou do interese privado individual (ver traxedia dos comúns). Ostrom estudou a maneira na que diversas sociedades desenvolveron formas institucionais respecto diso e casos concretos nos cales as comunidades instituiron prácticas comunais que permitiron a preservación de recursos comúns e evitaron a degradación do medio:
“Elinor Ostrom desafiou a concepción tradicional de que a propiedade común non se manexa ben (...) concluíu que os resultados son, máis a miúdo que non, mellores que os preditos polas teorías estándares. Observou que quen utilizan os recursos frecuentemente desenvolven sofisticados mecanismos de decisión e enforzamento de regras para manexar conflitos de interese, e caracteriza as regras que promoven resultados positivos”.
No seu traballo fundamental O Goberno dos Bens Comúns (Obra) (1990), estuda múltiples casos que mostran como manexar e dispor colectivamente de recursos escasos. Como resumo da súa investigación, Ostrom nomea oito "principios de deseño" dunha xestión estábel de recursos comúns:
Os últimos traballos de Ostrom salientan a natureza multivariada da interacción entre humanos e sistemas ecolóxicos e busca crear un sistema formal xeral que permita identificar e estudar os elementos ou variábeis que inflúen na posibilidade de auto organización por parte das comunidades en relación ao desenvolvemento de relacións socio-ecolóxicas sustentábeis.
A UNU-WIDER resalta que a Academia Real Sueca outorgoulle o Premio Nobel por “a súa análise da gobernanza ("governance") económica, especialmente os límites da empresa”.
En 2009, Ostrom converteuse na primeira muller en recibir o prestixioso Premio Nobel de Economía. O Banco Central de Suecia seleccionou a Ostrom por "a súa análise da gobernanza económica, especialmente dos recursos compartidos" afirmando que o seu traballo demostrou como os bens comúns poden ser administrados de forma efectiva por un grupo de persoas usuarias." Ostrom e Oliver E. Williamson compartiron o premio de 10 millóns de coroas suecas (aprox. 1,44 millóns de dólares ou 1 millón de euros) polos seus traballos independentes "sobre o goberno económico e sobre os límites das empresas".
This article uses material from the Wikipedia Galego article Elinor Ostrom, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.