Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, nado en Königsberg (Prusia Oriental; agora Kaliningrado, en Rusia) o 24 de xaneiro de 1776 e finado en Berlín o 25 de xuño de 1822, foi escritor e compositor alemán, que influíu no movemento romántico da literatura alemá.
Fillo dun avogado aínda que despois da separación dos seus pais en 1778 foi criado pola familia da súa nai. O seu terceiro nome era orixinalmente Wilhelm, pero máis tarde tomou o de Amadeus en honor a Wolfgang Amadeus Mozart.
Hoffmann estudou dereito na Universidade de Königsberg pero soamente exerceu o seu cargo de avogado durante un curto período de tempo, antes de dedicarse á pintura. En 1814 regresou á administración civil prusiana en Berlín e exerceu como xuíz até a súa morte.
Hoffmann é moito máis coñecido como escritor. As súas obras de ficción, combinan o grotesco e o sobrenatural cun poderoso realismo psicolóxico, encóntranse entre as máis influentes do movemento romántico.
As máis famosas son os contos fantásticos nos que Jacques Offenbach baseou a ópera Os contos de Hoffmann (1880) e Léo Delibes o seu ballet Coppélia (1870).
Moitas das novelas curtas máis famosas de Hoffmann foron reunidas nas súas Pezas fantásticas de 2 volumes, (1814-1815), que tamén contén unha colección de crítica musical e as ilustracións propias. Hoffmann escribiu tamén a obra Os elixires do diaño (1816).
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: E. T. A. Hoffmann |
This article uses material from the Wikipedia Galego article E. T. A. Hoffmann, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.