Vissarion Belinski

Vissarion Grigorievich Belinski (en ruso, Виссарио́н Григо́рьевич Бели́нский), nado en Sveaborg o 11 de xuño de 1811 e finado o 7 de xuño de 1848, foi un crítico literario ruso.

Infotaula de personaVissarion Belinski
Vissarion Belinski
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalVissarion Grigorievich Belinski
Biografía
NacementoВиссарио́н Григо́рьевич Бели́нский
30 de maio de 1811 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Suomenlinna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1848 (37 anos)
San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki
cemiterio Volkovo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónMoscow University's Department of Philosophy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, literatura, estética e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , xornalista , teórico literario , crítico literario , escritor , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1830 Editar o valor em Wikidata -
MovementoCrítica literaria e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Orlov
Sinatura
Vissarion Belinski Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 29121016 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo dun médico militar, estudou nos institutos de Chembar e Penza. Entre 1829 e 1832 estudou na Universidade de Moscova, pero tivo que deixala por organizar un grupo de adeptos da filosofía alemá e ler en público o drama romántico Dimitri Kalinin, no que se criticaba a servidume. Con moitos problemas económicos, viviu facendo traducións do francés e colaborando nalgunhas publicacións. En 1833 entrou no faladoiro filosófico e literario que organizara o poeta Nikolai Stankevich, interesándose polos problemas literarios e afondando no coñecemento da filosofía alemá de Kant, Friedrich Schelling e Hegel. O seu primeiro artigo de crítica literaria publicouno en 1834, e de 1835 a 1836 apareceron en Teleskop outros ensaios sobre a novela rusa, Gógol ou Vladimir Benediktov.

En 1837 caeu enfermo de tuberculose, curou en Piatigorsk, onde coñeceu a Lérmontov. Dous anos despois instalouse en San Petersburgo, para dirixir Otechestvennie Zapiski (Отечественные Записки. Apuntamentos patrióticos) ata 1846. A publicación converteuse no voceiro da vangarda literaria rusa, nela publicou numerosos traballos e comezou unha serie de panorámicas anuais. Publicou tamén obras de Gógol. Belinski expuxo os principios e o manifesto do Naturalismo en Rusia, escola á que se uniran Gógol, Fiódor Dostoievski, Iván Goncharov, Grigorovich e outros. En 1842 apoiou a Gógol tirando do prelo a novela As almas mortas, prohibida pola censura tsarista. Escribiu estudos que comparaban autores occidentais cos eslavos: Pushkin fronte a Byron e Shakespeare; Lérmontov e Byron; Vladimir Odoievski e E. T. A. Hoffmann etc. Tamén realizou estudos de autores occidentais por separado, como George Sand, Schiller, Goethe, Walter Scott e outros. En 1846 deixou a revista por conflitos co seu propietario. Pasou a realizar a sección de crítica literaria de Sovremennik (O contemporáneo) dirixida polo poeta Nikolai Nekrasov, alí publicou as panorámicas literarias de 1846 e 1847 e numerosos artigos, notas e recensións literarias.

En 1847 trasladouse a Berlín e Salzburgo para tratar a súa enfermidade, xa moi avanzada. Desde este último lugar escribiu a famosa Carta a Gógol en resposta ó seu cambio ideolóxico cara ó tradicionalismo, na que o acusaba de predicador do látego e apóstolo do escurantismo. Considérase esta carta o exemplo máis brillante de crítica literaria na literatura rusa do XIX. Belinski morreu un ano máis tarde, nas vésperas do seu arresto pola policía. Mesmo a mención do seu nome na prensa estivo prohibida ata 1856. As súas obras completas, en doce volumes, publicáronse entre 1859 e 1862.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

11 de xuño181118487 de xuñoLingua rusaRusia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Síndrome do aceite tóxicoFrancisco Castro VelosoColiseum da CoruñaLino LópezRonda de NelleColocación do pronome átono en galegoMarineda CityHelena SalgueiroLoureiroLeymaCastelo de PambreRomaníaJoan Manuel SerratCariorrexeÁureoRamón María del Valle-InclánXestión de dereitos dixitaisDeportivo da CoruñaBillardaHard GZGoizuetaCetáceosBoyanka Kostova (grupo musical)País neutralVacaLekunberriFauna de GaliciaIñaki de Juana ChaosÁlex AnguloCarrie (filme)Ignacio Gómez PérezAgulla (peixe)Zarracós, A MercaFernando Álvarez LamelasVladimir PutinLista de ríos de GaliciaLeitzaldeaCarlos III de EspañaLista de concellos da CoruñaFederico García LorcaÁlex FidalgoGaliciaFascismoRelación sexual humanaSilvia SuperstarJordi PujolQuercusRomárioPío BarojaWill SmithFalange EspañolaLorbé, Dexo, OleirosSabela (Operación Triunfo)Reino de GaliciaLU-170Felipe GonzálezThe ArtistLolita FloresFernando GuillénDavid PerdomoHTMLFranciaCanle (enxeñaría)Comarcas de GaliciaEstados Unidos de AméricaCódigo QRRoberto VerinoFala de EstremaduraSuso Díaz EstévezLista de nomes femininos en galegoMaría del MonteRío MiñoLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaDistritos de PortugalSeptimio Severo🡆 More