Dorado: Constelación austral

Dorado ou Peixe Dourado é unha constelación austral, creada por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e listada por primeira vez na Uranometria de Johann Bayer de 1603; coñecida tamén como Xiphias ou Peixe Espada, recibe o seu nome en realidade do mahi-mahi, Coryphaena hippurus, un peixe comestible orixinario de América e que recibe o nome castelán de delfín dorado.

Nela é visible meirande parte da Gran Nube de Magallanes.

Dorado
Dorado
Nome latino Dorado
Abreviatura Dor
Xenitivo Doradus
Simboloxía O mahi mahi ou dourado
Ascensión recta 8 h
Declinación -70°
Área 141 graos cadrados

Rango 72º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Dor

(magnitude ap. 3.27)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +20° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro

{{{notas}}}

Estrelas principais

  • α Doradus, a estrela máis luminosa da constelación de magnitude aparente 3,30. É unha estrela branca de tipo espectral A0 e variable do tipo Alfa2 Canum Venaticorum.
  • β Doradus, variable cefeida cun brillo que oscila entre magnitude 3,46 e 4,08. A variación é apreciable a simple vista.
  • γ Doradus, estrela branco-amarela que dá nome a un tipo de estrelas variables, as variables Gamma Doradus.
  • δ Doradus, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,35.
  • ζ Doradus, anana amarela algo máis luminosa có Sol situada a 38 anos luz.
  • R Doradus, estrela variable e unha das estrelas coñecidas de maior tamaño.
  • S Doradus, estrela hiperxigante na Gran Nube de Magallanes. Prototipo das variables luminosas azuis, é unha das estrelas máis luminosas que se coñecen.
  • AB Doradus, sistema estelar triplo a 49 anos luz da Terra.
  • HD 30177, anana amarela cun planeta extrasolar.
  • HE 0437-5439, estrela fuxitiva que se afasta de nós a 723 km/s.
  • WOH G64, superxigante vermella na veciña galaxia da Gran Nube de Magallanes.
  • LH 54-425, estrela binaria formada por dúas grandes estrelas azuis moi próximas.
  • Melnick 42, estrela masiva na Gran Nube de Magallanes.

Obxectos notables do espazo profundo

Ademais de ser visible nesta constelación a meirande parte da Gran Nube de Magallanes, pódense observa-los seguintes obxectos:

Galaxias

Cúmulos estelares

  • NGC 1818, un cúmulo globular moi novo que forma parte da Gran Nube de Magallanes.
  • NGC 1850, cúmulo aberto atípico.
  • Cúmulos abertos NGC 1901, NGC 1910 e NGC 1978.

Nebulosas

  • NGC 2070, 30 Doradus ou Nebulosa da Tarántula, de magnitude 8, unha rexión H II extremadamente luminosa na Gran Nube de Magallanes.
  • NGC 2080, rexión de formación estelar tamén na Gran Nube de Magallanes.
  • NGC 1748, outra rexión de formación estelar na veciña galaxia.
  • NGC 2032 ou Nebulosa Gaivota, complexo de nebulosas que conten catro obxectos NGC diferentes: NGC 2029, NGC 2032, NGC 2035 e NGC 2040, sendo NGC 2035 o máis brillante.
  • N44C, nebulosa de emisión cunha estrela principal que é excepcionalmente quente, cunha temperatura de 75.000 K.
  • DEM L 106, nebulosa de reflexión tamén na Gran Nube de Magallanes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias

Tags:

Dorado Estrelas principaisDorado Obxectos notables do espazo profundoDorado NotasDorado Véxase taménDorado159515971603ConstelaciónCoryphaena hippurusGran Nube de MagallanesLingua castelá

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco FrancoSabela (Operación Triunfo)Carrizo (paxaro)Cabo Norte, NoruegaRibadeoPonte 25 de AbrilClint EastwoodOs pronomes persoais galegosXXX edición dos Premios GoyaAdolf HitlerMártires de CarralRevolución dos caraveisBerrogüettoA EstradaO incerto señor Don HamletMario CaneiroCeleste CaeiroRusiaJosé Luis Rodríguez ZapateroGalipediaFrancisco Castro VelosoProvincia da CoruñaMéxicoDistritos de PortugalXosé Luís BernalXurxo AyánCataluñaO divino saineteEduardo Blanco AmorAlbert EinsteinHLA-DMMedalla CastelaoTonhito de PoiPello OtxandianoAmaia Martínez GrisaleñaMiguel Ángel Zabalza BerazaSexo analRías Baixas (serie de televisión)Transformador (modelo de aprendizaxe automática)Lista de ríos de GaliciaRaffaella CarràOs vellos non deben de namorarseSubgrupoPosición aconchegadaRoberto VerinoJosé López CamposZeca Afonsoc70mgIsabel II do Reino UnidoRefraneiro galego sobre o panSerés, Serés, CastroverdeSangueCamiño de SantiagoPosición do misioneiro invertidaAdriano Correia de OliveiraCopia por contactoArceNormativa oficial do galego2024Ferrer BassaLugoMiguel de CervantesCarballoOllos de augaSistema operativoManuel MurguíaRibeiraTribadismoCarlos SoberaÁlex Fidalgo🡆 More