Domótica

A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en contornos antropizados.

Domótica
Un panel de control doméstico, capaz de controlar a iluminación, termóstato, seguridade, pechaduras e entretemento doméstico.
Domótica
Un panel típico de conexións doméstico.

Historia e características

Esta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruzamento das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)

Un hábitat ou edificio domótico é aquel dotado de automatismos coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nese espazo, de xeito que se reduza o traballo doméstico, aumentando a seguranza, racionalizando os diferentes consumos e optimizando os recursos. Un sistema domótico debe ter a ubicuidade suficiente no seu control, teléfono, PDA, PC, Internet etc. Por exemplo, nun edificio domótico, durante o inverno, as persianas poderían subirse automaticamente durante o día, e pola noite baixarían elas soas, aproveitando a luz e a calor solar ao longo do día, favorecendo a optimización do consumo enerxético da edificación. Isto é un exemplo básico, aínda que un bo sistema domótico debe ofrecer infinitas posibilidades de control dunha maneira sinxela.

Elementos importantes nunha instalación domótica

  • Incremento do conforto
  • Automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes.
  • Climatización automática (aalefacción e refrixeración).
  • Optimización da xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos.
  • Uso de enerxías renovábeis (enerxía solar, enerxía xeotérmica, enerxía eólica).
  • Automatización de tarefas: rego, acendido de servizos a certas horas, en función de acontecementos etc.
  • Ubicuidade no control, tanto externo como interno, control remoto de Internet, PC, mandos sen fío (p. ex. PDA con WiFi), aparatos eléctricos.
  • Facilidade de uso (GUI, interface de usuario gráfico, aplicación).
  • Xestión do lecer.
  • Alarmas. Vixilancia anti-incendios. Temperatura. Detección de fugas de gas ou auga.
  • Control de accesos.
  • Control biométrico.
  • Control de servizos para simular a presenza de xente durante ausencias prolongadas.
  • Xestión de alarmas técnicas: corte de subministración, posibilidade de visualización remota do edificio.

Control

Todas as ordes que se efectúan nunha casa domótica realízanse a través de diferentes sistemas:

  • IR (mando por raios infravermellos)
  • Inalámbrico
  • Teléfono

Véxase tamén

Outros artigos

  • Immótica

Tags:

Domótica Historia e característicasDomótica Elementos importantes nunha instalación domóticaDomótica ControlDomótica Véxase taménDomóticaCalidade de vida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón Otero PedrayoYouTubeO porco de péArgimiro Marnotes FernándezYolanda DíazPedro J. RamírezEva CárdenasTutankhamonCamila Bossa1107Nacho CastañoNúmero piArcadi EspadaRamadánTFeixónSunnismoAutocraciaO Barco de ValdeorrasSuso DíazFrancisco Porto MellaCopia por contactoLuz FandiñoBieito RubidoEva Iglesias MiguénsFonte dos CabalosCidade do VaticanoCarlos III de EspañaGaliciaFachada do ObradoiroXXX edición dos Premios GoyaMúsica tradicional galegaSidraEscherichia coliBasketball Champions LeagueBreogánDe NinghuresDavid (Donatello)Leopoldo RubidoDía das Galegas nas LetrasRegulamento xeral de protección de datosPontevedraPavillón Multiúsos Fontes do SarPosición do misioneiro invertidaDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolXabarín ClubAnxos SumaiCadea de bloquesSantiago AbascalOllos de augaWikiShinovaColiseo de RomaDereito de autoríaRacing Club de FerrolRamiro CarregalMamen MendizábalRoberto Carlos da SilvaCarlos de Matos GomesManuel Leiras PulpeiroDe catro a catroOAfonso XIII de EspañaGerardo Pardo de VeraImperio RomanoDardanelosCouto MixtoLista de nomes masculinos en galegoLingua indonesiaPilar AbellaVillarrobledoForcareiRocco SiffrediHLA-F🡆 More