Claribel Alegría: Escritora nicaraguana

Clara Isabel Alegría Vides, nada en Estelí o 12 de maio de 1924 e finada en Managua o 25 de xaneiro de 2018, foi unha escritora, poeta, narradora, ensaísta e tradutora nicaraguana-salvadoreña.

Infotaula de personaClaribel Alegría
Claribel Alegría: Traxectoria, Obra, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Clara Isabel Alegría Vides Editar o valor em Wikidata
12 de maio de 1924 Editar o valor em Wikidata
Estelí, Nicaragua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Managua, Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNicaragua
O Salvador Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade George Washington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , tradutora , novelista , ensaísta , lingüista , xornalista , escritora , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJuan Ramón Jiménez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeDarwin J. Flakoll (–1995)
Premios

Páxina webclaribelalegria.com Editar o valor em Wikidata

Traduciu ao castelán a poesía de Robert Graves e doutros autores anglosaxóns, por exemplo a antoloxía de poesía estadounidense Nuevas voces de Norteamérica (1983), importante selección das escolas poéticas do cuarto pechado (Mark Strand, por exemplo), poesía feminista (Susan Griffin, por caso) e poesía chicana. Inversamente, con axuda do seu marido Darwin J. Flakoll, presentou nunha pioneira antoloxía a prosa do "boom" latinoamericano nos Estados Unidos (New Voices of Hispanic America, 1962).

Traxectoria

O seu pai foi Daniel Alegría, médico nicaraguano, e a súa nai, Ana María Vides, salvadoreña. Claribel considerábase a si mesma salvadoreña, xa que pasou a súa infancia na cidade de Santa Ana ao occidente do Salvador. Á idade de oito anos, Alegría presenciou o masacre de máis de trinta mil campesiños e indíxenas no Salvador. En Santa Ana estudou a educación nos niveis de primaria e secundaria.

En 1943 mudouse aos Estados Unidos e en 1948 graduouse en Filosofía e Letras na Universidade George Washington en Washington, D.C. Entre 1944 e 1947 tivo como mentor a Juan Ramón Jiménez.

Nos Estados Unidos casou co escritor e diplomático estadounidense Darwin J. Flakoll, con quen tivo catro fillos. Viviron en distintos países de América e Europa. En 1985 Claribel regresou a Nicaragua para axudar durante e despois da guerra de agresión imposta polos Estados Unidos á Revolución Sandinista.

Durante o seu desempeño como cónsul de Nicaragua nos Estados Unidos foi declarada funcionaria non grata polo goberno de Ronald Reagan en represalia cara ao goberno nicaraguano por expulsar a un funcionario da súa embaixada en Managua.

Obra

A súa literatura Enfócase á realidade do seu tempo e en compromiso social coa situación política. A súa poesía busca a democracia e a denuncia da opresión. Tamén realiza unha investigación formal no que se catalogou como un novo surrealismo de intencionada linguaxe da rúa, desgarrada, vehemente e até antiliterario.

As tendencias ideolóxicas e literarias de Claribel son o reflexo da corrente literaria que se impulsou en Centroamérica nos anos de 1950-1960 coñecida como a "Xeración comprometida". Os seus escritos abordan asuntos como o amor, a morte ou o anhelo e a esperanza vital.

Entre as súas obras hai varias novelas históricas, como Somoza, expediente cerrado (1993) que fala da vida do ditador nicaraguano Anastasio Somoza Debayle. Este libro e outros foron escritos en colaboración co seu esposo Flakoll.

  • Anillo de silencio (poesía, 1948)
  • Suite (poesía, 1951)
  • Vigilias (poesía, 1953)
  • Acuario (poesía, 1955)
  • Tres cuentos (contos infantís, 1958)
  • Huésped de mi tiempo (poesía, 1961)
  • Vía única (poesía, 1965)
  • Aprendizaje (poesía, 1970)
  • Pagaré a cobrar (poesía, 1977)
  • El detén (novela curta, 1977)
  • Sobrevivo (poesía, 1978)
  • Tres poemas (caderno, 1978)
  • Suma y sigue (antoloxía poética, 1981)
  • Álbum familiar (novela curta, 1982)
  • Flowers from the Volcano (antoloxía poética traducida por Carolyn Forché, 1982)
  • Poesía viva (antoloxía poética, 1983)
  • Petit Pays (antoloxía poética, 1983)
  • Pueblo de Dios y de Mandinga (novela curta, 1985)
  • Despierta mi bien, despierta (novela curta, 1986)
  • They Won't Take Me Alive (testemuña, 1987)
  • Luisa en el país de la realidad (novela, 1987)
  • 'La mujer del río Sumpul (poesía, 1987)
  • Y este poema-rio (poesía, 1989)
  • Family Album (tres novelas curtas, 1990)
  • Fugues (poesía, 1993) Curbstone Press, USA.
  • 'Variaciones en clave de Mí (poesía)
  • Luisa en el país de la realidad (novela, 1994)
  • El niño que buscaba a ayer (conto infantil)
  • Umbrales\Thresholds (poesía, 1996)
  • Umbrales (poesía)
  • Clave de Mí (antoloxía poética)
  • Saudade (poesía)
  • Una vida en poemas (antoloxía)
  • Vía única (poesía, 2004)
  • Nicaragua: la Revolución Sandinista
  • Esto soy. Antología poética
  • Soltando amarras (2005)
  • Poemas de amor (2006)
  • Mágica tribu (2007)
  • Ars poética (antoloxía)
  • Pueblo de Dios y de Mandinga (2008)
  • Mitos y delitos (poesía)
  • Ojo de cuervo (antoloxía poética, 2010)
  • Savoir Faire (antoloxía poética)
  • Otredad (2011)
  • Claribel Alegría en el país de la realidad (2012)

Xunto con D.J. Flakoll

  • New Voices of Hispanic America (antoloxía do boom latinoamericano, 1962)
  • Cenizas de Izalco (novela, 1966)
  • La encrucijada salvadoreña (ensaio, 1980)
  • Nicaragua: la revolución sandinista (historia-testemuña, 1982)
  • Cien poemas de Robert Graves (antoloxía poética, 1982)
  • Nuevas voces de Norteamérica (antología poética bilingüe de poesía estadounidense, 1983)
  • No me agarran viva (testemuña, 1983)
  • Para romper el silencio (testemuña, 1984)
  • They Won’t Take Me Alive (1987)
  • Ashes of Izalco (novela, 1989)
  • On the Front Line (antoloxía de poesía guerrilleira, editado e traducido con D.J. Flakoll, 1990)
  • Fuga de Canto Grande, (testemuña, 1992)
  • Somoza, expediente cerrado (1993)
  • Death of Somoza (testemuña, 1996)
  • Tunnel to Canto Grande(testemuña, 1996)

Traducións en colaboración con D.J. Flakoll

  • The Cyclone (novela de Miguel Ángel Asturias, 1967)
  • El hereje (obra teatral en verso de Morris West, 1969)
  • Unstill Life (antoloxía de poesía latinoamericana editado por Mario Benedetti, 1969)
  • Viva Sandino (ensaio de Carlos Fonseca, 1985)
  • Nuestra pequeña región de por aquí: Política de seguridad de los Estados Unidos (ensaio de Noam Chomsky, 1989)
  • La sonrisa del jaguar (ensaio de Salman Rushdie, 1989)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Samaniego, Fabián A., Nelson Rojas, Maricarmen Ohara e Francisco X. Alarcon (2005): El mundo 21 hispano. Boston: Houghton Mifflin Company, 2005.
  • Montes Bradley, E. (2001) Cortázar: Apuntes para un documental

Ligazóns externas

Tags:

Claribel Alegría TraxectoriaClaribel Alegría ObraClaribel Alegría NotasClaribel Alegría Véxase taménClaribel Alegría12 de maio1924201825 de xaneiroEnsaio (literatura)EscritorManaguaNarradorTradución

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Día do PaiClub Esportiu EuropaManuel MaríaAlfonso MolinaVox populiRamón CamposJavier GutiérrezEstrella GaliciaSitio webLuísa VillaltaAndrea MaceirasBrasilMaría do Socorro Ortega RomeroTrabadaOurenseProvinciaLista de nomes masculinos en galegoManuel Mayer von FurtwänglerXabi AlonsoKeanu ReevesDavid MoldesQuim TorraLois XV de FranciaCaínXabier DíazDiáspora galegaCélula pancreática acinarJacobo BucetaRenda básica universalTino SaquésConstantino I o GrandeSexo oralMethanobrevibacter smithiiLingua portuguesaLeninismoRaquel Castro MartínezVictoria PregoMinnesotaFrancis Bacon (filósofo)RamadánO CarballiñoXosé Ramón PenaBergantiños Fútbol Club2018Primeira división española de fútbolCatedral de Santiago de CompostelaEsther F. CarrodeguasMax VerstappenFrancis Bacon (artista)Os demostrativos galegosJuan PardoFauna de GaliciaBruce WillisTranscortinaIrmandades da FalaEl LuísXosé María Álvarez CáccamoFederación Española de BaloncestoSantiago de CompostelaSaramagoXosé Manuel PiñeiroXavier DolanKawaiiMinneapolis, MinnesotaUnión monetariaVivir sin permisoRafael LouzánGaio (ave)Mayra GarcíaClub Bosco de BaloncestoMadonnaBambú ProduccionesProvincia de OurenseIpswich Town F.C.Ferrol🡆 More