Casimiro Torres Rodríguez, nado en Manzanal de Arriba (Provincia de Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un relixioso, historiador e bibliotecario español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1900 Santa Cruz de los Cuérragos, España (en) |
Morte | 3 de maio de 1989 (88 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador , sacerdote |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciado en Dereito Canónico, foi sacerdote da Igrexa católica. Ademais licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1944 coa tese Magno Clemente Máximo, dirixida por Santiago Montero Díaz. Foi profesor de Historia Antiga e Media Universal na Universidade Compostelá, membro do Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e director da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega o 4 de marzo de 1979 co discurso O malfadado D. García: Rei de Galicia, respondido por Xosé Filgueira Valverde.
As súas investigacións centráronse en por de relevancia a personalidade de Galicia no Imperio Romano, a entidade histórica sobranceira do Reino Suevo e a Alta Idade Media de Galicia.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Casimiro Torres Rodríguez, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.