Unha cámara de vídeo ou videocámara é unha cámara empregada para tomar imaxes electrónicas en movemento (en oposición a unha cámara de cinema, que grava imaxes en película), desenvolvida inicialmente para a industria da televisión, mais agora tamén común noutras aplicacións.
As cámaras de vídeo úsanse principalmente de dous xeitos. O primeiro, característico dunha emisión moi temperá, é a televisión en directo, onde a cámara transmite imaxes en tempo real directamente a unha pantalla para a súa visión inmediata. Algunhas cámaras seguen a producir televisión en directo, mais a maioría das conexións en directo son para operacións de seguridade, militares/tácticas e industriais onde se require unha visión subrepticia ou remota. No segundo xeito, as imaxes grávanse nun dispositivo de almacenamento para o seu arquivo ou posterior procesamento; durante moitos anos, a cinta de vídeo foi o formato principal empregado para este propósito, mais foi substituíndose gradualmente polo disco óptico, o disco duro e a memoria flash. O vídeo gravado úsase na produción televisiva e, máis a miúdo, en tarefas de vixilancia en que cómpre a gravación dunha situación para unha análise posterior.
As cámaras de vídeo modernas teñen diferentes deseños e uso:
As primeiras cámaras de vídeo estaban baseadas no disco mecánico de Nipkow e usáronse en transmisións experimentais durante os anos 1910-1930. Os deseños totalmente electrónicos baseados no tubo da cámara de vídeo, como o iconoscopio de Vladimir Zworykin e o disector de imaxe de Philo Farnsworth, substituíron o sistema Nipkow nos anos 30. Estes mantiveron un amplo uso ata os anos 80, cando as cámaras baseadas en sensores de imaxe de estado sólido como o dispositivo acoplado á carga (CCD) e máis tarde o sensor de píxeles activos CMOS eliminaron problemas comúns coa tecnoloxía de tubos como a queima de imaxe e fixeron máis práctico o fluxo de traballo de vídeo dixital, xa que a saída do sensor é dixital polo que non precisa a conversión do analóxico.
A base dos sensores de imaxe de estado sólido é a tecnoloxía de semicondutores de óxido de metal (MOS), que se orixina coa invención do MOSFET (transistor de efecto de campo MOS) en Bell Labs en 1959. Isto levou ao desenvolvemento de sensores de imaxe semicondutores, incluído o CCD e máis tarde o sensor CMOS de píxeles activos. O primeiro sensor de imaxe semicondutor foi o dispositivo acoplado a carga, inventado en Bell Labs en 1969, baseado na tecnoloxía de condensadores MOS. O sensor de píxeles activos NMOS foi inventado máis tarde en Olympus en 1985, o que levou ao desenvolvemento do sensor de píxeles activos CMOS no Jet Propulsion Laboratory da NASA en 1993.
As cámaras de vídeo dixitais prácticas tamén se conseguiron grazas aos avances na compresión de vídeo, debido aos poucos requirimentos de memoria e largo de banda do vídeo non comprimido. O algoritmo de compresión máis importante a este respecto é a transformada discreta do coseno (DCT), unha técnica de compresión con perdas que se propuxo por primeira vez en 1972. Estas cámaras de vídeo dixitais lográronse por estándares de compresión de vídeo baseados en DCT, incluídos os estándares de codificación de vídeo H.26x e MPEG introducidos a partir de 1988.
A transición á televisión dixital deu pulo ás cámaras de vídeo dixitais. A principios do século XXI, a maioría das cámaras de vídeo eran cámaras dixitais.
Coa chegada da captura de vídeo dixital, a distinción entre cámaras de vídeo profesionais e cámaras de cinema desapareceu xa que o mecanismo intermitente converteuse no mesmo. Hoxe en día, as cámaras de gama media empregadas exclusivamente para a televisión e outros traballos diferentes dos filmes denomínanse cámaras de vídeo profesionais.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cámara de vídeo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cámara de vídeo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.