Bandeira De Ruanda

A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001.

Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarela (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita. A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franja azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia. A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro..

Bandeira de Ruanda
Bandeira de Ruanda
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción25 de outubro do 2001
Cores     Azul     amarelo     Verde

A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.

Significado das cores

O significado das cores da bandeira é o seguinte:

  • Amarelo: representa o crecemento económico. Os ruandeses débense aplicar ao traballo para chegar a un desenvolvemento económico duradeiro.
  • Verde: representa a prosperidade, grazas ao emprego racional da forza dos ruandeses e dos recursos do país.
  • Azul: representa o optimismo e a boa sorte.

O vermello está ausente na bandeira, mais non da simboloxía oficial. Trátase amais do único país que presenta unha simboloxía para unha cor non presente. O vermello simboliza pois os masacres pasados e o sangue que foi derramado neles. A súa ausencia da bandeira simboliza a ruptura co espírito do xenocidio.

Bandeiras anteriores

A antiga bandeira de Ruanda, creada oficialmente o 25 de setembro de 1961 e confirmada no momento da plena independencia o 1 de xullo de 1962, estaba composta, como a bandeira da Guinea, por tres franxas verticais do mesmo tamaño e lucía as cores panafricanas: vermello (a máis próxima ao mastro), amarelo (a central) e verde). Na franxa central da bandeira ruandesa figuraba, dende 1962, a inicial do nome do país "R" en cor negra para diferenciala da guineana.

A nova bandeira foi adoptada no 2001 en contestación ao período de transición que coñeceu o país ao saír do xenocidio. Estaba en efecto demasiado vinculado aos acontecementos que ensanguentaran o país. A supresión do vermello, substituído por azul dunha banda máis ancha que as dúas outros, así como o engadido dun sol, representa así a vontade reivindicada de cortar co período precedente e de volverse cara ao futuro. Esta bandeira trocouse, como parte da renovación nacional emprendida tralo xenocidio de Ruanda.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bandeira De Ruanda Significado das coresBandeira De Ruanda Bandeiras anterioresBandeira De Ruanda NotasBandeira De Ruanda Véxase taménBandeira De Ruanda200125 de outubroAmarelaAzulBandeiraCorMastroPantoneRuandaSolVerde

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VigoCatherine Zeta-JonesArredor de siAlcaldes da CoruñaFelipe GonzálezGabriel García MárquezBeatriz MatoJéssica BouzasCádizMaría JamardoGuestrarFrancisco Porto MellaMillie Bobby BrownNieves NeiraMaría ReimóndezCidade da Cultura de GaliciaAlejandra MurguíaLugares de ArteixoGoizuetaVillarmentero de CamposÁureoThe ArtistDavid MellaO comparativo galegoIrene FerrerasNovialCLIP (inmunopéptido)PoloniaJosé Luis Valladares26 de abrilCarballoManuel Lugrís FreireRefraneiro galego sobre o viñoLeninSayenJosé Valle ArmestoSonsoles EspinosaTesouro de Saddle RidgeEudoxo de CnidoFrancisco FrancoGonzalo MellaLabios (xenitais)Masculino e feminino en galegoDonicelaTruman CapoteA EstradaCristina LosadaCandela PeñaCrime de honraPanteón de Galegos IlustresLogroñoPremios Follas Novas do Libro GalegoMediaWikiFrancisco Vázquez VázquezShinovaJuan Constenla CarbónBiblioteca Gabriel García MárquezBragaTaboadaAC-413Pirámide de necesidades de MaslowLista das árbores de GaliciaAlfonso MolinaPedro ChoscoCogomeloThe RapantsCarlos CuerpoAllarizRomaníaParadigmas dos verbos irregulares galegosMartina Aneiros BarrosOTANFrancisco Castro VelosoMiley CyrusJuana Acosta🡆 More