Xenocidio De Ruanda

O Xenocidio de Ruanda foi un asasinato en masa da etnia tutsi por membros hutus que tivo lugar en 1994 no estado africano de Ruanda.

Ó longo de aproximadamente 100 días (dende o asasinato de Juvénal Habyarimana e Cyprien Ntaryamira o 6 de abril, ata mediados de xullo) máis de 500.000 persoas foron asasinadas segundo estimacións de Human Rights Watch. O número total puido estar entre 500.000–1.000.000, ou o que é o mesmo, o 20% da poboación total do país. Foi o resultado da tensión e competición étnica entre a minoría tutsi, que controlou o poder na rexión durante séculos, e a maioría hutu, que conseguiu facerse co poder na rebelión de 1959–62.

Xenocidio De Ruanda
Campamento de refuxiados ruandeses en Zaire.

En 1990, a Fronte Patriótica Ruandesa (RPF), un grupo rebelde composto por refuxiados tutsis, invadiu o norte de Ruanda dende Uganda nun intento de derrotar o goberno hutu. Comezaron a guerra civil ruandesa, loitando contra o réxime hutu, co apoio da África francófona e Francia. Este feito aumentou a tensión étnica no país. En resposta, moitos hutu adheríronse á ideoloxía do Poder Hutu, que contaba co apoio dos medios estatais e independentes.

A ideoloxía do Poder Hutu baseábase en que os tutsi tentaban re-escravizar ós hutu e por iso debían resistirse a toda costa. Os continuos conflitos deron como resultado o desprazamento dun gran número de hutus no norte, así como periódicos asasinatos hutus de tutsis no sur. A presión internacional e o goberno hutu de Juvénal Habyarimana acabaron coa guerra en 1993. Tíñase intención de implementar os Acordos de Arusha.

O asasinato de Habyarimana en abril de 1994 desencadeou un reacción violenta dos hutus, que asasinaron en masa ós tutsis (e tamén a hutus opositores a prol da paz, que foron tomados por "traidores" e "colaboradores"). O xenocidio foi artellado por membros do Poder Hutu coñecidos como Akazu, moitos dos cales ocupaban posicións de importancia no goberno da nación. O xenocidio foi apoiado e coordinado polo goberno nacional, así como por militares, civís e medios de comunicación. Xunto cos militares, os principais responsables dos asasinatos foron dúas milicias hutu organizadas con ese obxectivo polos partidos políticos: Interahamwe e Impuzamugambi. Ademais, hai que ter en conta que unha vez que o xenocidio foi posto en marcha, gran número de civís tomaron parte nos asasinatos. Co acordo de paz rematado, o RPF tutsi reiniciou a súa ofensiva, derrotando ó exército e tomando o control do país.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Nyankanzi, Edward L. Genocide: Rwanda and Burundi (Schenkman Books, 1998)
  • Scherrer, Christian. Genocide and crisis in Central Africa: conflict roots, mass violence, and regional war; foreword by Robert Melson (Praeger, 2002)
  • Sebarenzi, Joseph with Laura Ann Mullane, God Sleeps in Rwanda: A Personal Journey of Transformation (Oneworld 2009)
  • Straus, Scott. The Order of Genocide: Race, Power, and War in Rwanda (Cornell UP, 2006)

Ligazóns externas

Tags:

Xenocidio De Ruanda NotasXenocidio De Ruanda Véxase taménXenocidio De Ruanda

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carme ChacónÁngel CarracedoCayetana Guillén CuervoMaría a BalteiraIñaki de Juana ChaosAgulla (peixe)Jennifer LopezBernardino GrañaXeración NósLingua inglesaLista das aves de GaliciaMiguel SolísRefraneiro galego sobre o mes de maioPaís neutralTarragonaLeymaCarlos CuerpoToledoAnxo AngueiraHindemburg Melão Jr.ArboFragas do EumePornografíaHoliEsther EstévezAlberte PagánOTANCarralAfganistánCidade da Cultura de GaliciaLista de ríos de GaliciaThe RapantsJavier GutiérrezDolores IbárruriPaula CarballeiraEleccións municipais de 2015 en GaliciaFernando Salgado GarcíaAliança CatalanaCarlos García BayónEuphoria (serie de televisión)Revolución dos caraveisIria MorgadeCLIP (inmunopéptido)DonostiaLista de castelos de PortugalNerónXosé Ramón Fernández-OxeaMarta DoviroVietnamUxío NovoneyraOctavio AugustoSete Sabios da Fraga de BambúJosé Galera MorenoSantiago AbascalCopia por contactoSemeCogomeloCachaloteArredor de siPemento de PadrónPegaFingeringSandroRamiro CarregalSydney SweeneyTruman CapoteLiga Feminina de baloncesto 2023-24Nacho CastañoCarballoRío TíberCódigo QRNovialSímbolos de GaliciaFederico García LorcaLos Motores🡆 More