O resumo de edición é un campo que se visualiza como unha pequena caixa debaixo do cadro de edición cando se está editando unha páxina.
Esta é unha páxina informativa da Galipedia. Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
É unha práctica recomendable escribir un resumo de edición —cando se crea unha páxina nova, cando se edita unha existente ou cando se edita unha sección dun artigo—, para comunicar que foi o que mudou e como axuda para comprender o sentido dos cambios. Un texto que explique a edición resulta útil tanto para os usuarios que seguen os cambios recentes como para aqueloutros que comproban o historial da páxina ou calquera das páxinas onde quedan rexistrados os resumos. Así mesmo é unha boa idea seleccionar nas preferencias de usuario (no apartado "Edición") a opción "Avisar cando o campo resumo estea baleiro (ou leve un texto xenérico por defecto)" para que o sistema dea un aviso lembrando que falta por escribir o resumo.
A caixa de edición do resumo permite inserir ata 200 caracteres. Se intenta escribir ou pegar máis de 200 caracteres só se visualizarán os 200 primeiros.
Nos resumos de edición funcionan as ligazóns internas e as ligazóns interwiki, así e todo hai certas limitacións en canto ao código que se pode incluír nos resumos debido a que o sistema non o vai interpretar correctamente.
Ao mesmo tempo que se previsualiza a páxina premendo no botón "Amosar a vista previa" faise unha previsualización do resumo. Pode comprobarse así se o resumo supera os 200 caracteres permitidos, se hai erros nos enlaces incluídos ou erros na redacción.
O texto do resumo debe ser claro e preciso, ter unha redacción neutra e achegar información dabondo para interpretar o sentido da edición. Debe evitarse unha redacción confusa, que conduza a malentendidos, que conteña apreciacións persoais ou que sexa demasiado xenérica. En xeral debe evitarse redactar calquera tipo texto que impida comprender o verdadeiro contido da edición.
O uso correcto do resumo é crítico nos casos de disputas sobre o contido. Os resumos de edición deben recoller dun xeito preciso e conciso a natureza da edición, en particular se é controvertida. Se a edición implica desfacer cambios previos debe marcarse preferiblemente como reversión ("rv") diante do texto do resumo de edición. Nos resumos debe evitarse entrar en debates, negociacións sobre o contido ou expresar opinións sobre os outros usuarios implicados. Se é preciso faga uso da páxina de conversa para explicar con máis detalle a natureza das edicións.
Ás veces debido a erros no texto (ou pola necesidade de transmitir certa información sobre a páxina) cómpre mudar o resumo de edición. Modificar o resumo para eliminar un resumo existente é un proceso tecnicamente complexo que implica diversos pasos que non poden realizar todos os usuarios do wiki. A solución máis sinxela é realizar unha edición sen contido. Unha edición pequena que non ten efecto ou que o efecto na páxina é imperceptible grazas á cal se pode escribir un novo texto no resumo de edición para corrixir, matizar ou aclarar o texto dun resumo anterior.
A edición pode consistir en modificar o número de liñas do texto da páxina, engadir ou eliminar unha liña de separación no texto, na separación das categorías ou do interwiki, engadir ou eliminar un espazo en branco. Dese xeito pódese escribir un novo resumo cun novo contido.
Algunhas situacións nas que poden realizarse edicións sen contido:
En determinadas circunstancias xérase un resumo automático cando se garda a edición sen resumo.
Acción do usuario | Páxina da mensaxe | Texto do resumo |
---|---|---|
Crear ou substituír unha páxina cunha redirección ("$1" substitúese pola páxina á que apunta a redirección) | MediaWiki:Autoredircomment | Redirixida cara a "[[$1]]" Exemplo: Redirixida cara a "Albert Einstein" |
Eliminar todo o texto que contén a páxina | MediaWiki:Autosumm-blank | O contido da páxina foi eliminado
|
Eliminar a maior parte do texto dunha páxina ou editar unha páxina curta ("$1" substitúese polo novo texto) | MediaWiki:Autosumm-replace | O contido da páxina foi substituído por "$1" Exemplo: O contido da páxina foi substituído por "rwertyuiooppasffff" |
Crear unha páxina nova ("$1" substitúese polo texto do comezo da páxina) | MediaWiki:Autosumm-new | Nova páxina: "$1" Exemplo: Nova páxina: "Albert Einstein (14 de marzo, 1879 - 18 de abril, 1955) foi un físico e matemático alemán" |
Engade unha nova sección nas páxinas de conversa ou naquelas que teñen a lapela + | MediaWiki:Newsectionsummary | Nova sección: /* $1 */ Exemplo: →Título da nova sección: nova sección |
Coa excepción do resumo automático cando se crea unha redirección, que polo común contén toda a información que é preciso coñecer, o resumo automático non é un substituto apropiado dun resumo que debe conter información significativa sobre o contido da edición.
Acción do usuario | Páxina da mensaxe | Texto do resumo |
---|---|---|
Reverter unha edición por parte dun administrador ("$1" substitúese polo nome do usuario que fixo a edición e "$2" polo nome do usuario que fixo a última edición boa) | MediaWiki:Revertpage | Desfixéronse as edicións de $2 (conversa); cambiado á última versión feita por $1 Exemplo: Desfixéronse as edicións de Vándalo (conversa); cambiado á última versión feita por Usuario |
Reverter unha edición por parte dun usuario ("$1" polo número de revisión e "$2" polo nome do usuario que fixo a edición) | MediaWiki:Undo-summary | Desfíxose a edición $1 de $2 (conversa) |
O resumo de edición pode verse como un texto en cursiva nas seguintes localizacións:
A licenza CC-BY-SA baixo a que se licencian os textos da Wiki require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wiki Galego. Paralelamente indicar no resumo a orixe do artigo facilita a verificación do contido por parte doutros colaboradores do wiki.
→ tradución do artigo da Wikipedia na_lingua_que_sexa [[:indicativo_de_lingua:Nome_do_artigo]]
Tomando como exemplo o artigo Albert Einstein algunhas das opcións para o resumo son:
Cando cargue un ficheiro debe fornecer un resumo de edición da imaxe ou do ficheiro multimedia. Ese resumo móstrase:
21:10, 26 outubro 2008 Lmbuga (Conversa | contribucións) cargou "Imaxe:Lalín.Paseo fluvial do río Pontiñas.jpg" ({{Information |Description=Ganso (?) no paseo fluvial do río Pontiñas en Lalín, Galiza |Source=Obra propia (own work). http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:Lalín.Paseo_fluvial_do_río_Pontiñas.jpg |Date=26-10-2008 |Author=Luis Miguel Bu)
No caso dunha imaxe nova o resumo visualízase:
O resumo de edición da carga de imaxes permite ata 250 caracteres, no rexistro de carga o final pode quedar truncado debido a que só pode visualizar 255 caracteres incluído o nome do ficheiro cargado.
Na carga de imaxes non hai vista previa, polo tanto non se poden verificar as ligazóns, os modelos incluídos, as categorías... Calquera modificación que sexa necesaria pode realizarse unha vez cargado o ficheiro na parte editable da páxina de descrición do devandito ficheiro. (Se a imaxe está en Commons, o repositorio de imaxes libres dos proxectos Wikimedia, pode engadirse información propia no resumo deste proxecto, por exemplo clasificar a imaxe en categorías. Para modificar a información orixinal hai que realizalo no servidor de orixe: o propio Commons.)
A función de busca de Wiki non pode buscar nos resumos de edición, os motores de busca externos tampouco indexan esa información.
Atención: lembre que non se deben usar as abreviaturas para substuír o texto do resumo de edición cando se fai preciso achegar información dabondo para interpretar o sentido da edición. Como mostra aplicado a un caso no que se están claisificando páxinas, contén máis información un resumo que inclúe o nome da categoría que se só recolle a abreviatura. Exemplo: +Categoría:Personalidades da física no canto de +cat
Volver á páxina de axuda. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Axuda:Resumo de edición, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.