A Wikipedia é un wiki, o que significa que calquera pode editar facilmente todas as páxinas desprotexidas e gardar inmediatamente, na base de datos, as modificacións que se lles fagan ás páxinas.
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Isto fará que as alteracións sexan visibles para calquera outro lector sen ningún tipo de revisión previa. Logo de facer a túa primeira edición, converteraste nun editor da Wiki!
É moi sinxelo editar as páxinas da Wikipedia, dado que chega con:
É moi recomendable escribir unha pequena descrición dos cambios realizados na páxina, indicándoos escribindo unha breve descrición no cadro Resumo que se atopa baixo a caixa de edición. Deste xeito, todos os colaboradores saberán facilmente o obxecto da modificación. Ha de empregarse un punto de vista neutral dentro das posibilidades. Tamén sería bo citar as fontes usadas para que outros poidan comprobar e prolongar o traballo realizado.
O que se ve na caixa de edición é texto e máis nada. Ao fixarse detidamente poderase observar que non todo o texto agora á vista é o que se pode ler ao ver a páxina normalmente; isto é, haberá algúns símbolos especiais que o programa wiki usa para crear ligazóns, listas e outros efectos. (Nas próximas seccións explícase como empregar estas ferramentas.)
Como xa dixemos, no contido da caixa de edición poderase atopar, alén do texto, algúns comandos especiais; sendo o máis básico e doado unha ligazón interna. Para creala, só hai que incluír a palabra ou termo desexado entre parénteses rectas, [[
e mais ]]
.
[[Castelao]]
, na vista normal da páxina aparecerá: Castelao.Como se pode comprobar, se xa existe unha páxina co título do termo, aparecerá o texto en cor azul, facendo que ao premer nesa ligazón o navegador vaia á páxina correspondente. Se, pola contra, a páxina non existe, a ligazón aparecerá de cor vermella e ao facer clic nela o navegador irá á caixa de edición desa páxina, lugar onde se poderá gardar para finalizar a súa creación.
Sempre hai que lembrar que todo o que se escribe na Wikipedia debe estar libre de dereitos de autor ou pola contra este será eliminado. Se alguén decide publicar textos da súa propia autoría estes terán implicitamente a e a . Isto implica que, sempre que se manteña a mesma licenza, calquera persoa poderá editar, modificar ou mesmo eliminar este texto.
Hai varios xeitos de crear unha páxina. Entre eles, atópase este que vén a continuación. Só hai que escribir o nome da páxina e premer en Crear un artigo novo:
Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar! | |
---|---|
|
Antes de crear un artigo, é conveniente revisar as convencións establecidas. Estas recomendacións axudan a atopar o mellor título para o artigo que se queira crear.
As ligazóns son unha ferramenta do wiki que serve para poder acceder a unha páxina ligada con só premer no texto co punteiro do rato. Hai diversos tipos de ligazóns:
Agora que temos os tipos de ligazóns e como facelas, velaquí uns exemplos:
|
|
Como xa se describiu máis enriba, as ligazóns créanse rodeando o texto que se quere ligar entre dúas parellas de corchetes rectos, [[
e ]]
. Ademais, pódese facer que na páxina apareza un texto distinto ao nome da páxina ligada.
[[Viño|bebida]]
. O método sería o seguinte: [[Páxina que se quere ligar|Texto que se le]]
.Este tipo de ligazón é a máis sinxela: o formato é meter o texto entre corchetes, como xa se indicou máis arriba.
Así como se pode facer que se lea un texto diferente ao da ligazón, este recurso serve para ligar moitos plurais.
[[Viño]]s
. Non obstante, o sistema interpretaría de maneira igualmente correcta (e daría o mesmo resultado) se se escribise [[Viño|viños]]
.Se o que queremos é ligar unha sección en concreto dunha páxina o procedemento é similar: créase unha ligazón ao artigo, pero tras el agora hai que introducir o símbolo "#", seguido do nome do epígrafe ou sección.
[[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns]]
fará que ao premer nela o navegador sexa dirixido ao apartado chamado "Ligazóns" do artigo "Wiki:Como editar unha páxina", é dicir, a este mesmo, aparecendo como Wiki: Como editar unha páxina#Ligazóns
.Para personalizar este tipo de ligazóns, tamén se pode poñer un texto distinto ao ligado mediante a barra vertical.
[[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns|tipos de ligazón existentes]]
, que daría como resultado visible: tipos de ligazón existentes
.Se o que se desexa facer é unha redirección dunha páxina cara a outra a sintaxe é a empregada a continuación:
#REDIRECCIÓN [[nome da páxina á que redirixir]]
O resultado e obxectivo das redireccións é levar á páxina correcta ao premer sobre unha ligazón. O seu uso serve para os casos nos que unha páxina ou artigo pode ter múltiples títulos.
As ligazóns externas son aquelas que levan a unha páxina que se atopa fóra do wiki desde o que esta está ligada.
As ligazóns a outras wikipedias ou outros proxectos da Fundación Wiki noutras linguas aparecen sempre todas xuntas na marxe esquerda das páxinas. O xeito de crealas é moi sinxelo porque simplemente hai que facer unha ligazón interna coa seguinte sintaxe: [[código da lingua:nome da páxina na outra lingua]]
[[de:Artikel]]
creará unha ligazón ao artigo "Artikel" da Wikipedia en alemán.Grazas a esta sintaxe o sistema do wiki interpretará que é unha ligazón interwiki. Porén, desde a implantación do Wikidata o 6 de marzo de 2013, a lista coas ligazóns ao artigo noutras linguas xestiónase desde este proxecto para todas as wikipedias, facendo innecesaria a inclusión desta lista ao final dos artigos como se facía ata ese momento.
Non obstante, algo diferente é que se queira que ligazón apareza no texto. Para iso hai facer como antes, pero poñerlle dous puntos (:) despois dos corchetes: [[:código da lingua:nome da páxina na outra lingua]]
[[:de:Artikel]]
creará unha ligazón á páxina chamada "Artikel" na Wikipedia en alemán, e aparecerá no texto como de:Artikel
(nótese que á vista non aparecen os dous puntos iniciais).Tamén se poden usar barras verticais para que apareza un texto distinto, como xa se viu cos outros tipos de ligazóns: [[:código da lingua:nome da páxina na outra lingua|texto que se le]]
.
[[:de:Artikel|Artigo en alemán]]
aparecerá como Artigo en alemán
.Para facer isto hai que saber os códigos das linguas e os nomes dos artigos exactamente como están na outra Wikipedia (incluíndo os seus caracteres especiais na súa ortografía).
Para ligar cos outros proxectos irmáns en galego, faise preceder o nome do artigo dun código especial no canto do código de lingua. Así: [[código do proxecto:nome da páxina|texto que se le]]
. Por exemplo, [[wikt:fume|Fume]]
permite acceder ao artigo "fume" que hai no Galizionario.
A seguinte lista contén os prefixos (completos e abreviados) que se poden empregar:
Proxecto | Forma longa | Forma abreviada |
---|---|---|
Wiki (Galipedia) | [[Wikipedia:]] | [[w:]] |
Wiktionary (Galizionario) | [[wiktionary:]] | [[wikt:]] |
Wikinews | [[wikinews:]] | [[n:]] |
Wikibooks (Galilibros) | [[wikibooks:]] | [[b:]] |
Wikiquote (Galicitas) | [[wikiquote:]] | [[q:]] |
Wikisource (Galifontes) | [[wikisource:]] | [[s:]] |
Wikispecies | [[species:]] [[wikispecies:]] | - |
Wikiversity | [[wikiversity:]] | [[v:]] |
Wikivoyage | [[wikivoyage:]] | [[voy:]] |
Wiki Foundation (Fundación Wiki) | [[wikimedia:]] [[foundation:]] | [[wmf:]] |
Wiki Commons | [[commons:]] | - |
Wiki Meta-Wiki | [[meta:]] [[metawikipedia:]] | [[m:]] |
Wiki Incubator (Incubadora) | [[incubator:]] | - |
MediaWiki | [[mediawikiwiki:]] | [[mw:]] |
Wiki Phabricator | [[phabricator:]] | - |
Wikidata | [[wikidata:]] | [[d:]] |
As ligazóns a páxinas web que non se atopan no wiki pódense facer de dous xeitos:
http://www.gnu.org
dará como resultado: http://www.gnu.org
[http://www.nome.dominio Texto que se lerá]
[http://www.gnu.org Páxina principal de GNU]
aparecerá como: Páxina principal de GNU
.As ligazóns mediante o ISBN dos libros levan ao lector directamente a unha páxina especial onde se listan certas librerías galegas ás que se pode recorrer para atopalos. Neste caso, non é necesario o uso de corchetes, basta o código sen ningún formato especial para que saia a ligazón automaticamente.
ISBN 84-123-456-78-9
e ISBN 84-453-4-47-93
sairán coma: ISBN 84-123-456-78
e ISBN 84-453-4-47-93
.As categorías e mais os modelos son páxinas moi especiais dentro da Wiki Galego. As primeiras sempre toman a forma [[Categoría:a que sexa]]
e agrupan automaticamente todos os artigos onde estea incluído este código.
[[Categoría:Axuda]]
aparecerán dentro da categoría "Axuda".Non obstante, se o que se quere é facer unha ligazón interna e deste xeito non engadir unha páxina á categoría, débense facer igual que no exemplo das ligazóns interlingüísticas, poñendo dous puntos (:) tras os primeiros corchetes: [[:Categoría:nome da categoría]]
. Como en todos os casos, pódese pór unha barra para facer que se vexa un texto diferente ao escrito.
[[:Categoría:Lingüística]]
creará unha ligazón á categoría chamada "Lingüística", e aparecerá no texto como Categoría:Lingüística
, e [[:Categoría:Lingüística|Ciencia que fala da lingua]]
farao como Ciencia que fala da lingua
(nótese que á vista non aparecen os dous puntos iniciais).Algo distinto son os modelos ou mensaxes predefinidas, que se escriben co seu nome entre chaves: {{nome do modelo}}
. Isto fai que se inclúa indirectamente a páxina (por defecto co espazo de nomes "Modelo:") co nome dado.
{{Lixo}}
.Pola contra, outras veces non se quere que apareza a transclusión do contido do modelo, senón que se busca unha ligazón. Isto faise tratándoa como unha ligazón normal, lembrando sempre o prefixo "Modelo:".
[[Modelo:Lixo]]
aparecerá como Modelo:Lixo
. Ademais, coma sempre, tamén se pode usar a barra vertical: entón, [[Modelo:Lixo|Modelo para marcar un artigo como lixo]]
sairá como Modelo para marcar un artigo como lixo
.Se se introduce o URL dunha imaxe, amosarase este enderezo URL inserido en troques de ligala ou mostrala.
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b3/Wikipedia-logo-v2-gl.png
dá como resultado a ligazón:http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b3/Wikipedia-logo-v2-gl.png
Se o que se quere é incluína nunha páxina haberá que seguir a sintaxe: [[Ficheiro:nome da imaxe.extensión]]
. Ademais, pódense incluír diferentes parámetros que definirán o xeito de mostrar a propia imaxe, tales como o tamaño (en píxeles), a posición (dereita ou esquerda) ou o pé de foto (miniatura). Todos eles irán separados por barras verticais.
[[Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png|miniatura|150px|dereita|Logo da Galipedia.]]
dará como resultado a imaxe da dereita.Para ligar as imaxes sen as facer aparecer na páxina hai que usar os dous puntos (:) antes do prefixo "Ficheiro:".
[[:Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png]]
dá Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png
, podendo achegar outro texto no canto do nome da imaxe: [[:Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png|Logo da Galipedia]]
quedando así Logo da Galipedia
.O índice créase automaticamente cando unha páxina ten máis de tres seccións, e aparece por debaixo da introdución. Non é visible cando se está a editar a páxina, senón que xorde ao se visualizar. O seu aspecto define, resumidamente, a estrutura dividida en seccións da páxina, e grazas a el pódese ir ao comezo de calquera delas con premer na súa ligazón no índice.
Para evitar a aparición do índice hai que poñer o código __SENÍNDICE__
(ou __NOTOC__
, en inglés) en calquera parte da páxina, aínda que é máis recomendable poñelo ao principio ou ao final de todo. Para colocar o índice nun lugar distinto do que aparecería normalmente, basta con incluír no sitio desexado o código __ÍNDICE__
(ou __TOC__
, en inglés). Isto permite repetir o índice varias veces nunha páxina que sexa demasiado longa; non obstante, nos artigos enciclopédicos nunca se debe tocar o índice. Tamén é posíbel colocalo nunha moldura flotante á dereita da páxina con este código:
{|align=right |__TOC__ |}
A continuación pode verse o modo correcto de como realizar os diversos efectos posibles usando o código wiki.
Resultado final | Código wiki |
---|---|
Este é un parágrafo... ...e este é outro.
|
|
Esta liña está en cursiva. Estoutra liña está en grosa. Por último, nesta combínanse os dous tipos: a grosa e mais a cursiva.
|
|
|
|
|
|
|
|
Esta liña é un exemplo sobre como amosar o [[código]] da [[Artigo|páxina]] usando a etiqueta "pre".
|
|
Podes empregar superíndices e subíndices, así como controlar o tamaño da fonte e a cor!
|
|
Tamén se pode
|
|
| |
|
|
Cabeceira de 1º nivelCabeceira de 2º nivelCabeceira de 3º nivelCabeceira de 4º nivel
|
|
O código wiki permite a creación de diversas táboas.
Elemento un | Elemento dous |
Elemento tres | Elemento catro |
{| {{Táboabonita}} |- | bgcolor="#f3f300" | Elemento un || bgcolor="#00f3f3" | Elemento dous |- | Elemento tres || Elemento catro |}
Elemento un | Elemento dous |
Elemento tres | Elemento catro |
Elemento cinco |
{| {{Táboabonita}} |- ; | Elemento un || Elemento dous |- | rowspan="2" | Elemento tres || Elemento catro |- | Elemento cinco |}
Primeira columna | Segunda columna | Terceira columna | Cuarta columna |
---|---|---|---|
Primeira fileira | Cela 1 | Cela 2 | Cela 3 |
Segunda fileira | Cela 4 | Cela 5, que se estende por dúas columnas |
{| {{Táboabonita}} |+ Lenda da táboa ! Primeira columna !! Segunda columna !! Terceira columna !! Cuarta columna |- ! Primeira fileira | Cela 1 || Cela 2 || Cela 3 |- ! Segunda fileira | Cela 4 |colspan="2" | Cela 5, que se estende por dúas columnas |}
Volver á páxina de axuda. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Axuda:Como editar unha páxina, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.