Apollo 11: Misión espacial tripulada de Estados Unidos, a primeira en levar persoas á Lúa

O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa.

A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (Estados Unidos). Oficialmente coñeceuse á misión como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.

Apollo 11: Tripulación, Tecnoloxía de transmisión, Outros detalles
Apollo 11
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 11
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Columbia
Módulo lunar:
Eagle
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 16 de xullo de 1969
13:32:00 UTC
Aluaxe: 20 de xullo de 1969
20:17:40 UTC
0°40′26.69″ N
23°28′22.69″ E
Mare Tranquillitatis
Tempo AEV lunar: 2 h 31 min 40 s
Tempo na superficie da Lúa: 21 h 31 m 20 s
Cantidade de mostras: 21,55 kg
Amaraxe: 24 de xullo de 1969
16:50:35 UTC
13°19′N 169°9′O / 13.317, -169.150
Duración: 8 d 03 h 18 m 35 s
Número de órbitas lunares: 30
Tempo en órbitas lunares: 59 h 30 min 25,79 s
Masa: MC: 30.320 kg;
ML: 16.448 kg
Foto da tripulación
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 10 Apollo 12
Apollo 11: Tripulación, Tecnoloxía de transmisión, Outros detalles
Engalaxe do Apollo XI.

Tripulación

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.

Tecnoloxía de transmisión

A retransmisión de imaxes dende a superficie da Lúa representou un reto técnico que había que lle sumar ó envío dos sinais de control e coordinación a e dende a Lúa e a e dende o módulo en órbita. Para logralo, necesitouse dende o deseño de novas cámaras para o módulo no chan, a cargo de Westinghouse, e para o módulo en órbita, a cargo de RCA Corporation, para resistir as condicións da viaxe, a máis de reconverter o sinal dende 320 liñas e 10 imaxes por segundo (frames per second, FPS) a 525 e 30 FPS da televisión comercial daquela.

Outros detalles

A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Eagle para o módulo lunar e Columbia para o módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de aluar. Este fito histórico retransmitiuse a todo o planeta desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia). Inicialmente o paseo lunar ía ser retransmitido a partir do sinal que chegase á estación de seguimento de Goldstone (California, Estados Unidos), pertencente á Rede do Espazo Profundo, pero ante a mala recepción do sinal optouse por utilizar o sinal da estación Honeysuckle Creek, próxima a Camberra (Australia). Esta retransmitiu os primeiros minutos do paseo lunar, tralos cales o sinal do observatorio Parkes foi utilizado de novo durante o resto do paseo lunar. As instalacións do MDSCC en Robledo de Chavela (Madrid, España) tamén pertencentes á Rede do Espazo Profundo, serviron de apoio durante toda a viaxe de ida e volta.

O 24 de xullo, os tres astronautas lograron unha perfecta amaraxe en augas do océano Pacífico, pondo fin á misión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Apollo 11: Tripulación, Tecnoloxía de transmisión, Outros detalles 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Apollo 11 TripulaciónApollo 11 Tecnoloxía de transmisiónApollo 11 Outros detallesApollo 11 NotasApollo 11 Véxase taménApollo 1116 de xullo196920 de xulloAluaxeCabo CañaveralEspazo exteriorEstados Unidos de AméricaFlorida, Estados Unidos de AméricaLúaSaturno VSer humanoTecnoloxíaTempo Universal Coordinado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Historia de GaliciaValentín García GómezBreogánVento feridoLista de voces dos animaisLugoFrancisco Castro VelosoSri LankaJude BellinghamFelaciónCalorLaurent CantetHeraldo de ViveroTito ValdésNava CastroSabela (Operación Triunfo)PaparazziMartín SarmientoA EstradaAdriano Correia de OliveiraAccidente de ChernóbilOs demostrativos galegosClara CampoamorEstados Unidos de AméricaParafusoGheadaPonte 25 de AbrilManuel Otero MartínezVilalba, Vilalba, VilalbaCuruxa comúnAmazonQueiroaArmando BlancoRicardo BeirasTonhito de PoiJuan Jacobo Durán LorigaThe ArtistXosé Ramón GayosoMercedes QueixasLuis Mateo DíezFrancisco FrancoÁlvaro MorataLiteratura galegaGabriel RufiánHindemburg Melão Jr.Bárbara ReyRamiro CarregalCarbohidratoAvenida da Liberdade (Lisboa)María Antonieta de AustriaAGoizuetaTECOR societarioAntónio de Oliveira SalazarCarlos CasaresFerrer BassaSegunda República EspañolaGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Pablo Iglesias TurriónGres, Vila de CrucesManuel Lourenzo SobralPeer-to-peerPastora Dominga González ViéitezFentoAndoriñaParlamento de GaliciaGrupo SargadelosMecanismo de AnticiteraMoinanteVictoria Núñez LópezToniña común🡆 More