Tempo Universal Coordinado

O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra.

É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.

Tempo Universal Coordinado
Zonas horarias no mundo.

Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronízase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrae segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.

"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para destacar que é unha variante de UT.

Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxos atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordinación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxos atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxos atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.

Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluír na data é aínda descoñecido.

UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos estándares de Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC en Internet. Algunhas emisoras internacionais de radio e televisión, como a BBC World Service, utilizan a UTC nas súas emisións, así como os radioafeccionados DX e na aviación.

Exemplo

O servidor da Wikipedia, por exemplo, utiliza UTC como base para a súa lista de actualizacións de artigos. O horario UTC da Wikipedia neste momento é 12:56 (momento da impresión, en caso de que estea visualizando unha versión impresa).

Na literatura

En 2012 a Editorial Galaxia publicou a novela de Santiago Lopo, Hora zulú, cuxa trama xira en torno á medición da hora UTC, o paso do tempo e a súa influencia na vida das persoas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Tempo Universal Coordinado ExemploTempo Universal Coordinado Na literaturaTempo Universal Coordinado NotasTempo Universal Coordinado Véxase taménTempo Universal CoordinadoFuso horarioGMTTempoTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xunta de GaliciaVilachán, Negreira, NegreiraCroaciaXinzo de LimiaJames BrownMichelangeloHenrique López VeigaYouTubeTomiñoRepública Popular da ChinaÁlex FidalgoCortizaFrida KahloCrecenteLuigi BoccheriniEstados Unidos de AméricaOllos de augaArnold SchwarzeneggerXosé Manuel PiñeiroOurenseSydney SweeneyA CoruñaSadaFilipinasUkiyo-eArgimiro Marnotes FernándezHistoria da lingua galegaPilar AbellaInstagramAvesLista de nomes masculinos en galegoApoloManchester City F.C.ValenciaMariña de LugoPatricia HighsmithXabarín ClubChus NogueiraMarcos PereiroEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Ilustración en GaliciaDavid PerdomoMazaricosJosé Luís Baños de CosBilbaoAlfred HitchcockOU-402EucaliptoThe WeekndArenicola marinaIgnacio CastroEnrique Labarta PoseAlgodónLedicia CostasGuimarãesAlfonso RuedaAires da miña terraPombo torcazXXXTentacionC (linguaxe de programación)Carlos NegroPEuropaFútbol Club BarcelonaRafael LouzánExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveTeixugoAna BarberoOU-621Guerra de VietnamMascatoAlberto Núñez Feijóo🡆 More