Véxase no texto
xénero Anacardium | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anacardio (Anacardium occidentale) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Anacardium é un xénero de plantas de flor na familia Anacardiaceae, nativa das rexións tropicais das Américas.
Estas especies atópanse nas Américas tropicais, dende México e nas Indias Occidentais até o Brasil e o Perú.
Árbores case sempre de pequeno porte ou arbustos sempreverdes, de copa estendida, que poden acadar 6–10 m de altura en cultivo, aínda que existen algunhas variedades ou especies de gran tamaño, como o Anacardium excelsum (Mijao) ou o Anacardium giganteum, que poden chegar a acadar 45 m de altura ou máis.
Follas simples, alternas, obovadas, de até 20 x 15 cm, glabras, co ápice arredondado, curtamente pecioladas.
Inflorescencias en panículas terminais de numerosas flores, de 10 a 20 cm de longo, masculinas ou femininas, o cáliz con 5 sépalos, a corola con 5 pétalos lanceolados alongados, de 7 a 8 mm de longo, averdados cunha faixa avermellada. Androceo con 10 estames.
O froito é comestíbel en Anacardium occidentale e consta dunha parte carnosa (pseudofroito), de sabor acedo e adstrinxente, rica en vitamina C, polo que se cultiva é a noz ou anacardio, froito seco situado no extremo da parte carnosa e rico en proteínas e graxas.
O xénero foi descrito por (Herb.) G.Nicholson e publicado en Species Plantarum 1: 383. 1753. A especie tipo é: Anacardium occidentale
Anacardium: nome xenérico que deriva da palabra procedente do grego kardia = corazón, pola forma do seu froito.
En portugués coñécese a árbore como cajueiro, o froito é o cajú ou noz de cajú.
|
|
|
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anacardium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anacardium |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Anacardium, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.