A Raia

A Raia é o nome informal co cal se coñece tradicionalmente a fronteira terrestre entre España e Portugal.

Dunha forma máis ampla, A Raia é igualmente o espazo xeográfico, a ambos os lados da fronteira política, en que a poboación comparte uns mesmos elementos históricos, culturais, económicos e mesmo lingüísticos por veces.

A Raia
Ponte Internacional do Guadiana, entre o Algarve e Andalucía.

Na parte galego-portuguesa é frecuente distinguir entre a fronteira hidrográfica e a trazada na terra. Así, a raia húmida coincide co curso do río Miño na provincia de Pontevedra (Baixo Miño, O Condado e A Paradanta), mentres que a raia seca se corresponde co sur da provincia de Ourense (Terra de Celanova, Baixa e Alta Limia, val de Monterrei e As Frieiras).

Xeografía

A Raia ten unha lonxitude de 1214 km. É a fronteira máis longa entre dous estados membros da Unión Europea e a cuarta do continente, após a de Noruega con Suecia (1619 km) e as de Rusia coa Ucraína (1576 km) e con Finlandia (1340 km). De norte a sur, as provincias españolas que limitan con Portugal son Pontevedra, Ourense, Zamora, Salamanca, Cáceres, Badaxoz e Huelva. Os distritos portugueses que limitan con España son, de norte a sur, Viana do Castelo, Braga, Vila Real, Braganza, Guarda, Castelo Branco, Portalegre, Évora, Beja e Faro.

Historia

A Raia 
Límites entre o Reino de Portugal e o Reino de León cara a 1210, durante o dominio almohade do sur da península.
A Raia 
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptarse o Acordo de Schengen.

A historia da Raia comeza na época da Reconquista do occidente da Península Ibérica, no momento en que Portugal nace como reino independente en 1143, tras o Tratado de Zamora, independizándose do Reino de León.

Ambos os reinos iranse estendendo durante os seguintes anos cara ao sur, ao principio sen un establecemento claro dos límites entre as conquistas que correspondían a cada reino.

En 1267 Afonso X de Castela e de León e Afonso III de Portugal asinan o Tratado de Badaxoz, no cal delimitan a fronteira entre ambos os reinos.

Tras un período pacífico de trinta anos, en 1297 o rei Dinís de Portugal aproveita a debilidade da Coroa de Castela por mor da disputa polo trono entre o infante Xoán I de Galiza e León e o seu sobriño Fernando IV e obriga a rexente María de Molina a asinar o Tratado de Alcañices. Nel delímítanse as fronteiras entre os reinos de León e Portugal e traspásase a localidade de Olivenza a dominio portugués.

A modificación máis controvertida da fronteira entre ambos os países ocorre en 1801 co Tratado de Badaxoz, que pon fin á Guerra das Laranxas, e polo cal España obtén "de facto" o territorio portugués de Olivenza, situación que o Estado de Portugal considerou inválida. O seu argumento baséase na ratificación do tratado do Congreso de Viena por España o 7 de maio de 1817, que establecía no artigo 105 que os reinos de España e Portugal debían reunirse canto antes para traspasar definitivamente o territorio de Olivenza a Portugal.

A situación especial do Couto Mixto resolveuse mediante o Tratado de Lisboa de 1864, no cal a fronteira portuguesa non abrangue o territorio xacando partillado en dous municipios: Olivenza e Táliga.

Portugal nunca chegou a renunciar á soberanía na zona, mais non a reclama nin é unha prioridade actual para a diplomacia portuguesa. Na actualidade, a cuestión territorial de Olivenza apenas suscita debate na sociedade portuguesa, malia existiren mapas xeográficos de Portugal que non sinalan como definida esta parte de fronteira. Os mapas empregados polas institucións oficiais portuguesas non inclúen os municipios de Olivenza e Táliga.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

A Raia XeografíaA Raia HistoriaA Raia Galería de imaxesA Raia Véxase taménA RaiaEspañaFronteiraPortugalXeografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Curuxa comúnXosé MonteagudoIdade MediaSantiago de CompostelaLista de países por poboaciónCentro público integradoProteína1985PelaxeCalendario gregorianoCampus de EsteiroVerbos galegos ser, estar e irMaría López SándezFauna de GaliciaFerrolCoalaLiga do PeloponesoLinguas románicasLeonardo da VinciAbraham BobaSexo analMelgaçoGolfiño común8Antonio Benito FandiñoSaramagoMasculino e feminino en galegoInstituto de Montes do PennXornalismoFacebookSan Miguel de Presqueiras, ForcareiLola HerreraMarina CastañoÁlvaro CunqueiroBodeng sarCelso ParadaChadCerámicaCaixa de HockettPetín59OrchataPneumáticoAgricultura ecolóxicaIrene GonzálezXosé Manuel BeirasMesopotamiaLista de WikipediasMono (animal)José Miñones TrilloHeorhiy NarbutDeportivo da CoruñaGalizaAna RomaníCastelo de MesíaCachenaXosé Luís BernalCampus de SerantesTrisónTelevisión de GaliciaEstrutura secundaria das proteínasAdolfo GacioNegreiraMarga PazosMike TaylorXiros idiomáticos galegosPotaCarbúnculoA fiestra valdeira1953María I de EscociaÁnxel CasalContactorAntía OteroChaira🡆 More