Provincia De Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Badajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España.

Pola súa área, 21.657 km², é a provincia máis extensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Badaxoz
Provincia de Badajoz (es) Editar o valor em Wikidata
Provincia De Badaxoz
Provincia De Badaxoz
Imaxe

Localización
Provincia De Badaxoz Editar o valor em Wikidata
 38°40′01″N 6°10′01″O / 38.667, -6.1676°10′01″O / 38.667, -6.167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura Editar o valor em Wikidata
CapitalBadaxoz Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación669.943 (2021) Editar o valor em Wikidata (30,78 hab./km²)
Xeografía
Superficie21.766 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCerro de Tentudia (en) Traducir (1.110 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Guadiana (110 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1833 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoDiputación Provincial de Badajoz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Q47301228 Traducir Editar o valor em WikidataValentín Cortés Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-BA Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES431 Editar o valor em Wikidata
Código INE06 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdip-badajoz.es Editar o valor em Wikidata
Galiciana: 357337

Xeografía

O centro e centro-norte da provincia é un territorio chairo, con declive suave do terreo de leste (Monte Matilla, 914 m) a oeste (Badaxoz, 195 m; Monte Alar, 610 m). O centro-sur (Sierra Vieja, 812 m), e sobre todo o sur, son máis elevados. Na parte meridional, o relevo adquire maior potencia, nas proximidades da linde coa provincia de Huelva, onde se erguen cordais occidentais da Serra Morena: Serra de Tudia, co Pico de Tentudia (1.104 m) .

O río Guadiana atravesa a parte norte da provincia de leste a oeste, e á altura de Badaxoz, pasa a incurvarse para o sur, conformando en boa medida a fronteira con Portugal . Os maiores ríos badaxocenses pertencen á súa conca; os máis importantes verten nel as súas augas pola marxe esquerda, seguindo, en xeral, unha dirección de corrente sur-norte: Zújar, Guadamez, Matachel, Ardila. Os afluentes da marxe dereita son máis curtos, limitados polos cordais occidentais da prolongación dos Montes de Toledo nos límites provinciais con Cáceres.

Clima

A carencia de grandes serras no oeste fan que as borrascas atlánticas non atopen obstáculos de consideración; con todo Badaxoz está comprendido na zona de influencia do clima mediterráneo. As precipitacións son maiores que no interior e franxa oriental da península, cunha media de entre 500 e 600 mm anuais de media (Badaxoz capital: 506 mm), mentres a temperatura media anual é superior aos 15 °C. Pódese falar dun clima seco e suave.

Demografía

No ano 1998, na provincia de Badaxoz habitaban 663.803 habitantes (un total de 678.103 habitantes para o ano 2005 ). O crecemento vexetativo anual era positivo, cun 0,1 por cada 1000 habitantes. As taxas de natalidade e mortalidade eran de 9,6 e 9,66 respectivamente. Badaxoz capital ten unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.

Comarcas

  • A Serena, no leste.
  • A Terra de Barros, ocupa gran parte do centro da provincia.
  • Llanos de Olivenza, no oeste, nos confíns con Portugal.
  • A Serra no sur.

Ao norte do Guadiana, fican: no centro as Vegas del Guadiana, e a oeste os denominados Baldíos de Alburquerque.

Núcleos urbanos

Os municipios máis poboados da provincia de Badaxoz (INE 2007) son:

Notas

Tags:

Provincia De Badaxoz XeografíaProvincia De Badaxoz DemografíaProvincia De Badaxoz ComarcasProvincia De Badaxoz Núcleos urbanosProvincia De Badaxoz NotasProvincia De BadaxozBadaxozEspañaEstremaduraLingua casteláLingua estremeñaPortugalProvincia de Cidade RealProvincia de CáceresProvincia de CórdobaProvincia de HuelvaProvincia de SevillaProvincia de Toledo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NoruegaFingeringNacho VegasNervoAC-422Ricardo Varela SánchezCariorrexePratos combinadosHLA-DMLista de cidades de IsraelDiego González RivasBibiana FernándezProvincias de EspañaCarlos III do Reino UnidoAlberto FortesShan TaoXinzo de LimiaLicenciado MolinaDjalminhaSalgueiro MaiaSímbolos de GaliciaCarlos II de EspañaBMiley CyrusArxentinaLista de programas de Televisión EspañolaAnxo QuintanaSabela (Operación Triunfo)TuiJosé Valle ArmestoMarta DoviroBernardino GrañaCanle (enxeñaría)IndiaPoloniaCristina Pérez HerraizPampallínIslandiaSara Vila AlonsoANieves NeiraMillie Bobby BrownMaría Xosé QueizánDonicelaARDLiga Feminina de baloncesto 2023-24Joe BidenLugares de ArteixoBóvedaRomaníaTorre de HérculesRafael Rodríguez VillarinoRelación sexual humanaJude BellinghamFerroAtlánticaTaboadaRío TíberCaixa Rural GalegaKirsten DunstTaylor SwiftLista das árbores de GaliciaFelipe GonzálezCharles DarwinConcellos de GaliciaVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaAngelina JolieGrândola, Vila MorenaUniversidade de Santiago de CompostelaPilar AbellaMéxicoCentauroAC-960🡆 More