Chaira: Extensión de terreo chan ou con lixeiras ondulacións

En xeografía, unha chaira ou planicie é unha grande extensión de terra plana ou con lixeiras ondulacións.

Chaira: Localización, Importancia económica, Tipos
A rexión pampeana, na Arxentina, é unha das chairas máis extensas e fértiles do planeta.
Chaira: Localización, Importancia económica, Tipos
Árbore illada na Terra Chá.

Localización

As chairas pódense encontrar en terras baixas, xeralmente por debaixo dos 200 m ou menos sobre o nivel do mar ou no fondo dos vales. Tamén se encontran en mesetas, en altitudes superiores aos 500 m e a elevacións aínda superiores, en altiplanos.

Nun val, as chairas poden estar delimitadas por dous lados ou, noutros casos, estar rodeadas, total ou parcialmente, por un anel de outeiros, montañas ou acantilados. Nas rexións onde hai máis dunha chaira, estas adoitan estaren conectadas por un paso ou unha brecha. A súa formación puido deberse a lava, cursos de auga ou xeo que foron fluíndo desde montañas, ou por erosiónvento.

Importancia económica

En moitas zonas, as chairas son economicamente importantes para o ser humano. Os sedimentos depositados no solo convértenas en lugares fértiles para o desenvolvemento dos cultivos e os pastos e a súa planicie facilita a mecanización das colleitas.

Tipos

Segundo a súa formación, as chairas denomínanse:

Chaira: Localización, Importancia económica, Tipos 
Paisaxe da chaira Panónica en Hungría.
Chaira: Localización, Importancia económica, Tipos 
Chaira aluvial formada polo río Mendoza, provincia de Mendoza. Arxentina.
Chaira: Localización, Importancia económica, Tipos 
Diagrama dos ecosistemas oceánicos. A zona C corresponde á chaira abisal.
  • Chairas estruturais, superficies horizontais relativamente pouco perturbadas. Zonas estruturalmente deprimidas que forman algunhas das terras baixas máis extensas da superficie terrestre.
  • Chairas erosionais, que foron niveladas por varios axentes de erosión, como a auga, os ríos, o vento ou os glaciares, que desgastaron a súa rugosa superficie e as alisaron. Son o resultado do desgaste das rochas sobre a superficie terrestre. O termo superficie de planeación é máis preciso, porque moitas das superficies poderían denominarse superficies de erosión.

Chairas de grandes dimensións son a rexión pampeana, a chaira europea oriental ou a chaira de Dōgo no Xapón. En Galicia a chaira máis grande é a que conforma a Terra Chá luguesa.

  • Chairas deposicionais, formadas pola deposición de materiais deixados por axentes como o vento, os ríos, as ondas e os glaciares. A súa fertilidade e relevancia económica depende principalmente do tipo de sedimentos depositados.

Este tipo de chairas agrúpanse en:

  • Chaira aluvial, formada por un curso de auga e que pode ser inundada ante unha eventual crecida das augas, o que dá lugar a unha
      Chaira inundábel, a unha
      Chaira costeira ou a unha
      Chaira de marea
  • Chaira de lava, formada por capas de lava fluente.

Os sedimentos que conforman as chairas son de distinta orixe e composición. Os que foron transportados polos ríos e depositados na superficie denomínanse limos; están formados por grans moi pequenos, como os de arxilas, e os sedimentos eólicos, é dicir, movidos polo vento, denomínanse loess.

  • Chairas glaciais, formadas polo movemento dos glaciares, debido á forza da gravidade:
      Sandur, planicie formada por sedimentos fluviais finos que proveñen da fusión de glaciares na porción superior das concas asociadas.
      Chaira glaciar de till, formada por pías de sedimentos heteroxéneos de orixe glaciar.
  • Chaira abisal, zona chá ou de pendente moi suave do fondo da conca oceánica profunda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigoa

Tags:

Chaira LocalizaciónChaira Importancia económicaChaira TiposChaira NotasChaira Véxase taménChairaXeografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ListenbourgAlcaldes da CoruñaAlmudena ChacónPraza da QuintanaAbril na cultura popular galegaJoël DickerBimba y LolaCristiano RonaldoXosé Luís BernalCando petan na porta pola noiteFerroAtlánticaPeneCarlos MeixideDía das Letras GalegasLois PereiroNava CastroLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasSri LankaFentaniloLingua casteláAves acuáticasXosé FortesSobreiraContactDon Quixote da ManchaCarlos CasaresXogo da chaveA Ponte do Porco, Miño, MiñoLingua intereslavaLista de paísesMario CaneiroMercedes PeónAntón Alonso RíosParque Nacional das Illas AtlánticasRaffaella CarràJoaquín SabinaGaliciaLuís SeoaneNCIS (serie de televisión)Bloque Nacionalista GalegoCaso Asunta BasterraGuerra civil españolaAndorraFermin MuguruzaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingPosicións sexuaisPardo de CelaJosé Luis GilEva MejutoHipérbatoLourenzo Fernández PrietoMontserrat García ChavarríaPremios Follas Novas do Libro GalegoBreogánC++Camilo Díaz BaliñoA ComarcaArco do Triunfo de ParísGabriel García MárquezAustriaReis CatólicosSonia MéndezEscudo de GaliciaGlasgowFrancisco Castro VelosoGame Boy LightMiñocaHistoria de Chipre633Jéssica BouzasPremio de Poesía Johán CarballeiraXílgaroNordés (vento)Curtis🡆 More