Masonaría

A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico.

Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado". Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.

Masonaría
Logo
Masonaría
Tipogrupo social e Fraternidade
Data de fundación1717
Nomeado en referencia aliberdade e albanelaría
editar datos en Wikidata ]
Masonaría
Iniciación á francmasonaría.

A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros desta organización, por exemplo Mozart, Washington e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte dalgunha Loxa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Masonaría NotasMasonaría Véxase taménMasonaríaEuropaFilosofíaSéculo XVIISéculo XVIII

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ada LovelaceAquí no hay quien vivaPaíses BaixosFrancisco Fernández del RiegoMeigaXogo da chaveMaruxa MalloEduardo PondalCélula procariotaMexacánSetaFerroAlicia BorrásVincent van GoghLista das aves de GaliciaXunta de GaliciaAliança CatalanaTDía do LibroMario CaneiroInterstellar (filme)FerrolVilagarcía de ArousaLila (planta)Xosé Manuel PereiroMoscovaXavi HernándezAcrofiliaAs Pontes de García RodríguezXabarín ClubBaionaPeer-to-peerThe Good DoctorBloque Nacionalista GalegoO CarballiñoClub Deportivo ArenteiroLista de nomes femininos en galegoVicente RiscoEsvásticaLingua casteláXosé Luís Méndez FerrínDeportivo da CoruñaLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloImperio BizantinoLingua portuguesaHistoria de EspañaÍñigo AlfonsoMaría Jesús MonteroJosé Antonio ArmadaQuerela das mulleresAlfabeto galegoLa Voz de GaliciaO pensadorEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Secretaría Xeral de Política LingüísticaLeninismoRevolución dos CaraveisYolanda CastañoMiguel Ángel MuñozFísicaGalería de imaxes de flores de GaliciaNordés (vento)Moción de confianzaPatricia Argerey VilarPere AragonèsPaulo CarrilRío MiñoJosé Antonio Primo de RiveraQueiroaLista de prefixos e sufixosGuerraAmieiroDodecágonoÁ lus do candilStreptococcusK🡆 More