Calendario Chinés

O calendario chinés (chinés tradicional: 農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: Nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega un calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Orixe

A súa orixe asóciase ao emperador Huang Ti, ó redor do ano 2637 aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: rata, boi, tigre, coello, dragón, cobra, cabalo, ovella, mono, galo, can e porco. As casas lunares ou shǔ son cada unha das 28 constelacións do zodíaco lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a lúa estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.

O calendario chinés tradicional é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o 2205 a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da dinastía Shang (1300 a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.

O problema para os sabios astrónomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lúa e do sol, ciclos sempre difíciles de conxeniar. O calendario chinés tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas ós agricultores porque non había forma de fixar as estacións nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacións era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronolóxico de días completos.

Pasaron os séculos e cara ao ano 104 a.C., por medio de sistemas de observación e de medición das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astrónomos chineses chegaron a estimar a duración do ano en 365,2502 días, unha aproximación excelente para a época. Xa sobre o ano 480 da nosa era, o gran sabio Ju Chongzchi estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en 1582), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces máis preciso once séculos antes.

Principios do calendario chinés

O calendario chinés é lunisola. O ano chinés ordinario consta de 12 lunacións (doce meses lunares) o que supón entre 353 e 355 días. Cada certo tempo (máis ou menos, cada tres anos) intercálase un ano embolismal (un ano con 13 meses lunares) de entre 383 e 385 días.

Como coñecían con grande exactitude a duración dos ciclos lunares e solares, chegaron á mesma conclusión matemática que outras moitas culturas, descubrindo o ciclo de 19 anos (ciclo metónico) e considerando anos embolismais o anos 3º, 6º, 9º, 11º, 17º e 19º do ciclo, pois a norma básica é que o solsticio de inverno debe suceder sempre no 11º mes do ano.

Os chineses medían o ano polo retorno do solsticio de inverno, e para iso valíanse do gnomon, co que calibraban a lonxitude das sombras a mediodía. Considérase un ciclo de 60 anos, dividido noutro menor de 12 anos. Tamén hai un ciclo mensual meteorolóxico, con 24 puntos sinalados.

Dende a introdución do budismo na China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: Shu (rata), Niu (búfalo), Hu (tigre), Mao (coello), Long (dragón), She (serpe), Ma (cabalo), Xan (cabra), Hou (mono), Ji (galo), Gou (can) e Zhu (Porco). O ano comeza cando o sol entra en pisces, coa primeira lúa nova.

Cada mes o sol entra nunha constelación do zodíaco diferente. Se nun mes o sol non entra nunha constelación, ese acaba sendo o mes a intercalar. Chámase co nome do mes anterior antecedido do prefixo "shun-". Os meses agrúpanse en tres grupos: meng (primeiro), zhong (medio) e ki (último); e en catro estacións, chun (primavera), xia (verán), qiu (outono) e dong (inverno). O nome dos meses fórmanse combinado ámbolos dous conceptos, por exemplo "ki-tsin" é o último mes do outono. Os meses tamén se poden denominar como os anos.

Os meses chineses están compostos por tres semanas de 10 días cada unha. O grupo dos primeiros 10 días do mes recibe o nome de tschu. Os días do mes cóntanse polos seus ordinais. O día comeza a media noite e divídese en 12 schis. Cada schi consta de dúas horas, a primeira hora chámase schi-kjao e a segunda schi-tssching. Cada schi divídese en oito ko (cuartos de hora), o ko ten 15 feus, polo que un feu equivale a un minuto. Unha hora chámase tschuco, un jiko é un cuarto de hora.

Axustes

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada 2 ou 3 anos, a diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Notas

Tags:

Calendario Chinés OrixeCalendario Chinés Principios do calendario chinésCalendario Chinés NotasCalendario ChinésCalendario gregorianoCalendario lunisolarChinés tradicionalPinyinSimplificación da escritura chinesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AlfizAves non voadorasJacobo BucetaTuiRiotortoGarbiñe MuguruzaCangasEspañaSanta CompañaPosicións sexuaisJodie FosterEscolas de Ensino Galego SementeAvesCando petan na porta pola noiteMaría VillamarínManuel TurizoHistoria de EspañaAires da miña terraEnciclopediaFermin MuguruzaDaniel DigesCarlos CasaresAmorodoXílgaroCódigo QRO porco de péDía das Letras GalegasVerbos galegos ser, estar e irManuel Curros EnríquezSonia MéndezLeonardo da VinciMáquina de vaporHaruki MurakamiWikiAntonio ReigosaPilar Bermejo BarreraAmancio OrtegaFauna de GaliciaRoko (actriz)VacaBristolRosalía Fernández RialPepe CarreiroFrancisco Fernández del RiegoLista de WikipediasGonzalo Fernández de CórdobaCamp NouXunta de GaliciaVilasantarPeer-to-peerP'ró que der e vierQEDLista de voces dos animaisValentín García Gómez633Ledicia CostasRamón VillaresRede privada virtualIteJosé Luis GilVichelocregoGrupo Brais PintoMario CaneiroPanteón de Galegos IlustresSegunda República EspañolaJava (linguaxe de programación)GatipedroGuerra civil españolaIrmandades da FalaLuísa VillaltaÁlvaro CunqueiroLuis ZaheraBuceta🡆 More