Xeoparque

Un xeoparque é unha área continua e ben definida que contén puntos xeolóxicos característicos, infrecuentes ou de interese educativo, mesmo cun interese de conservación arqueolóxico, ecolóxico ou cultural; e que se aproveita para unha estratexia de desenvolvemento sostible.

Existe unha rede de xeoparques internacionais recoñecidos pola UNESCO.

Definición

A UNESCO define aos xeoparques mundiais como áreas unificadas cunha herdanza xeolóxica de interese internacional. Os xeoparques fan uso desa herdanza para promover o interese da sociedade en puntos clave da dinámica do planeta. Moitos xeoparques promoven o coñecemento de riscos xeolóxicos, como volcáns, terremotos ou tsunamis e aproveitan esa información para a preparación da sociedade local fronte a eses ricos. Os xeoparques tamén poden ter a finalidade de divulgación da historia dos procesos xeolóxicos ou do actual cambio climático ou promover un turismo sustentable no actual momentode cambio climático global. O turismo, de feito, serve para fomentar o coñecemento dos xeoparques e entendelos como un modelo de promoción demográfica e de turismo sostible deses lugares. Nos xeoparques tamén se divulga sobre da explotación sostible dos recursos naturais, como son as minerías, subliñando a restauración que se poden dar neses puntos de explotación.

Os xeoparques non son unha entidade lexislativa. Porén, adóitase outorgar algunha protección da administración local, rexional ou estatal. Poden ou ben promover a conservación de elementos xeolóxicos de interese ou facilitar o traballo de implantación de modelos de turismo xeolóxico e turismo socio-cultural, como modelos de turismo sustentable xestionado pola comunidade local.

A Rede Mundial da UNESCO

A Rede mundial de xeoparques da UNESCO está apoiada e xestionada por esa organización internacional e desígnaos como tal a aquelas candidaturas que considera como relevantes. Con todo, existen moitos dos xeoparques nacionais e outros proxectos locais de xeoparques que non forman parte desta rede global de xeoparques internacional.

A iniciativa de xeoparques liderouna a UNESCO ante a necesidade de recoñecer internacionalmente puntos de interese a escala global. Esta rede está en sintonía co Patrimonio da Humanidade e o Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da UNESCO.

Proceso de cualificación

A rede mundial de xeoparques reunese periodicamente e avalía os proxectos de xeoparques que se candidataron. Asumen que precisan de:

  • ter unha planificación que promova o desenvolvemento socio-económico local dun xeito sustentable que se sustente no xeoturismo,
  • demostrar os métodos de conservación e de promoción da herdanza xeolóxica, e que permitan a ensinanza de disciplinas xeolóxicas e puntos transversais ambientais,
  • ser unha candidatura conxunta de entidades públicas, comunidades locais e entidades privadas, que actúan en conxunto para esa acción e que estean comprometidas co desenvolvemento sustentable.

Membros da rede mundial

A primeira lista de membros adheridos ao proxecto da rede mundial de xeoparques publicouse despois da primeira conferencia internacional da rede, en 2004. En 2019 estaban nese proxecto 147 parques de entidades de 41 países.

Notas

Véxase tamén

  • Rede Europea de Xeoparques
  • Rede da Asia Pacífica de Xeoparques

Tags:

Xeoparque DefiniciónXeoparque A Rede Mundial da UNESCOXeoparque NotasXeoparque Véxase taménXeoparqueUNESCO

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Batalla de CacheirasTerra GalegaKCarrizo (paxaro)Sandra GonzálezLista de episodios de Shin ChanCágadoCastro de PrismosA homosexualidade na historiaEduardo PondalBugalloXosé Manuel PiñeiroTuiAdiós, MaríaAgoladaÁlvaro MuñizBradley CooperPartido Galeguista (histórico)Matria (filme)Xosé Ramón GayosoPoallaAL-VBioluminescenciaFentoJorge BlassDolores O'RiordanMarínAs Pontes de García RodríguezFlora invasora de GaliciaOs demostrativos galegosSésJosé Manuel Rodríguez PuenteNigránAlfonso MolinaValentín Alfonsín SomozaTomás Notario VacasDía da NaiZEleccións municipais en CercedaTerra Chá (poemario)Posición do misioneiro invertidaÁlvaro CunqueiroPepa a LobaA Star Is Born (filme de 2018)Malpica de BergantiñosDaniel DomínguezXogo da chaveCharlie SheenOrixe das avesArquitectura gótica en GaliciaAvefríaLeymaLonga noite de pedraBandeira de GaliciaFala de EstremaduraAlbaniaCira, SilledaVila de CrucesCantigas de Santa MaríaMuiñeiraIndiaPegaArroazManuel LourenzoPíntega comúnSabugueiroNoruegaEsparragueiraYSarriaVómito (grupo musical)Fernando AlonsoJanica KostelićOrosoTribadismoManuel Lourenzo GonzálezCicerón🡆 More