Wiki En Neerlandés

A Wikipedia en neerlandés (en neerlandés: Nederlandstalige Wikipedia) é a edición en neerlandés de Wiki Galego.

edición da Wikipedia en lingua neerlandesa

Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa.

Wiki en neerlandés
Wikipedia En Neerlandés
Logo da Wikipedia en neerlandés.
Wikipedia En Neerlandés
Portada da Wikipedia en neerlandés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNeerlandés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWiki Foundation
Lanzamento19 de xuño de 2001
Na rede
https://nl.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 2.157.033 artigos e 1.340.157 usuarios, dos cales 3.741 son activos.

Evolución

Estivo na sexta posición por número de artigos, aínda que foi superada pola xaponesa, e pola Wikipedia en español en xuño de 2010 manténdose desde entón no oitavo posto até ser superada pola Wiki en portugués en decembro de 2010 e pouco despois pola Wikipedia en ruso.

En abril de 2011 volveu superar en cantidade de artigos á Wikipedia en portugués. En outubro de 2011 adiantou á Wikipedia en ruso e en xaponés, e tras aumentar en 80.000 artigos en apenas once días grazas ao uso de bots, superou á Wikipedia en español e á Wikipedia en polaco o 30 de outubro de 2011, alcanzando así o quinto posto en cantidade de artigos. En novembro de 2011 superou á Wikipedia en italiano, colocándose cuarta en número de artigos e alcanzou a cifra dun millón de artigos trala creación por parte de bots de máis de 100.000 artigos en só 10 días. Durante abril de 2012 superou á Wiki en francés, colocándose terceira en número de artigos. A partir de febreiro de 2013, grazas a un bot que crea preto de 1.000 artigos por hora, a Wikipedia en neerlandés engadiu velozmente máis de 400.000 artigos, pasando de 1.100.000 en febreiro a máis de 1.500.000 a fins de abril de 2013. En xuño de 2013 superou á Wiki en alemán, pasando a ocupar a segunda praza tras a Wiki en inglés. Posteriormente volveu a baixar á cuarta posición.

Ten 757 693 usuarios, dos cales 4147 son activos.

Fitos

Dato

No ano 2013, o 57% dos seus artigos están editados por robots.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • de Smits, Ap. "Dat zoeken we op! Wikipedia vs. de Britannica en Encarta". Personal Computer Magazine, en abril de 2008. (en neerlandés)

Ligazóns externas

Tags:

Wikipedia En Neerlandés EvoluciónWikipedia En Neerlandés FitosWikipedia En Neerlandés DatoWikipedia En Neerlandés NotasWikipedia En Neerlandés Véxase taménWikipedia En Neerlandés2005Lingua neerlandesaWikipedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Isabel II do Reino UnidoCMSCampo Municipal de Las LlanasNoruegaAntónio de Oliveira SalazarLista das árbores de GaliciaBandeira de GaliciaEva MejutoCharles DarwinBiblioteca Gabriel García MárquezEmilio Aragón ÁlvarezBubela25 de abrilSunnismoIria Carreira PazosDiego Rivas GutiérrezToledoFrancisco Porto MellaSuízaPMamen MendizábalOtelo Saraiva de CarvalhoCarl Theodor DreyerMarraxoJorge MiraIsidoro de SevillaAkureyriLugares de ArteixoRamón Otero PedrayoTaboadaXXX edición dos Premios GoyaXosé Antonio TouriñánRamadánBergantiños Fútbol ClubJoselu MatoPontevedraGrupo de teatro O FachoCristiano RonaldoTaylor SwiftXosé Ramón Fernández-OxeaCayetana Guillén CuervoFerrolRonda de NellePratos combinadosJéssica BouzasCachaloteCentauroColocación do pronome átono en galegoIris Gey LópezVigoMartiño de DumioARDMillie Bobby BrownNegueira de MuñizCantinflasSupremme de LuxeMaría PitaGran Guerra IrmandiñaNervoTristán UlloaMiguel Anxo BastosTanxugueirasJavier GutiérrezCarlos CuerpoPornografíaRío TíberEduardo Blanco AmorAresJerry Lee LewisFran AlonsoPablo Picasso🡆 More