Wikilibros

Wikilibros (Wikibooks en inglés, tamén chamado Galilibros na versión en lingua galega) é un proxecto irmán de Wikipedia e parte da Fundación Wikimedia, que empezou o 10 de xullo de 2003.

O proxecto é unha colección de libros de texto, manuais e outros textos pedagóxicos de contido libre, que se escriben e editan colaborativamente do mesmo xeito que Wiki Galego.

Galilibros (Wikilibros)
Wikilibros
Ano de creación2003
En servizo desdeProporcionar libros e manuais na web
TipoPáxina wiki
EstadoActiva
RexistradorJimmy Wales e a Fundación Wiki
Webhttps://gl.wikibooks.org/wiki/
editar datos en Wikidata ]

O sitio traballa con tecnoloxía wiki, o que significa que cada usuario pode colaborar na escritura de calquera libro, facendo clic no enlace «Editar» que hai en cada páxina.

O proxecto foi aberto en resposta ao wikipedista Karl Wick, que quería un lugar onde empezar a construír libros de contido aberto, como os de química orgánica e física para reducir o custo de comprar un mesmo materiais de estudo. Foi un dos fundadores do proxecto.

Algúns dos primeiros libros foron creados e outros empezaron a ser copiados doutras fontes de libros de contido aberto en Internet.

Todo o contido do sitio está baixo a Licenza Creative Commons Atribución/Compartir-Igual. Debido a iso, do mesmo xeito que en Wikipedia, o contido pódese redistribuír mantendo a licenza e a atribución aos autores orixinais.

Nome

Oficialmente o proxecto chámase Wikilibros; mais, na versión galega, chamámolo Galilibros (igual que con Galipedia e os proxectos similares). No dominio aparece "wikibooks" porque os dominios das páxinas de Wiki non se traducen.

Alcance

A comunidade de Galilibros traballa en moitos libros de texto en diferentes linguas e a distintos niveis educativos, desde primaria até niveis universitarios. No 2020, Galilibros conta con 1150 páxinas de contido.

Galilibros está dispoñible en múltiples idiomas. No 2011, todos os idiomas acumulaban 141 000 páxinas.

Proxectos relacionados

Wikiversidad foi inicialmente un subproxecto de Galilibros, pero agora é un proxecto independente co seu propio dominio, dedicado a proxectos de aprendizaxe e materiais de estudo.

Wikisource tamén é un repositorio de libros, pero almacena copias exactas de libros de distribución libre (por exemplo, libros clásicos que xa están no dominio público ou libros actuais liberados mediante licenza Commons). A diferenza de Wikisource, os libros en Galilibros son unicamente libros pedagóxicos e estanse editando e actualizando constantemente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Wikilibros NomeWikilibros AlcanceWikilibros Proxectos relacionadosWikilibros NotasWikilibros Véxase taménWikilibrosFundación WikimediaLingua galegaLingua inglesaWikipedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalloanseraeLand Rober Tunai ShowPreposicional1789SuorAcuario (recipiente)Kylian MbappéHistoria dos eslavos do surUapitíRetorno a Tagen AtaContratoFrancisco, papaEnciclopedia Galega UniversalWillie ColónAs Pontes de García RodríguezMúsculo lisoLuís Pérez BarralPTetrabucleMax VerstappenIsabella BirdKaren UhlenbeckCanle (comunicación)CameloNova ZelandiaMaría Cristina de Habsburgo-LorenaCaldeirónAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCirrio comúnDobre hélice de ácidos nucleicosContactorCopa do SarRepública Socialista Soviética de LituaniaAna de Gran BretañaCentrocampistaReggaeDactiliaGlándula suprarrenalLuísa VillaltaBloque Nacionalista GalegoGran Premio de España de 2013Sergio Pérez MendozaBrendon HartleyCrise financeira de 2007-2008PulqueriaExército Guerrilheiro do Povo Galego CeivePhoenicopteriformesShin ChanFisioterapiaPaís VascoBronquioliteRevolución galega de 1846Gran Premio de Australia de 2018Rocío JuradoBlastocistoAirbus A220MukhannathunCoreano (peixe)Arvicola amphibiusPobo galegoLexión EspañolaLista de nomes masculinos en galegoAnna Maleras ColoméXinzo de LimiaMesodermaEstados Unidos de BélxicaMachu PicchuPalabraBeadeMaría do Socorro Ortega RomeroLingua alemáAtlanta FalconsRoberto II de Francia🡆 More