Vera Mukhina

Vera Ignatievna Mukhina (en ruso: Ве́ра Игна́тьевна Му́хина; en letón: Vera Muhina), nada en Riga o 1 de xuño de 1889 e finada en Moscova o 6 de outubro de 1953, foi unha pintora e escultora soviética, alcumada como a raíña da escultura soviética.

Infotaula de personaVera Mukhina
Vera Mukhina
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Мухина Вера Игнатьевна Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1889 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Colarossi (pt) Traducir
Académie de La Palette (en) Traducir
Académie de la Grande Chaumière (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura, costume design (en) Traducir e moda Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora , deseñadora téxtil , deseñador de moda , diseñador de vestuario , profesor de educación superior Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal Stroganov de Artes e Indústria de Moscovo (pt) Traducir (1926–1927)
Wchutemás (1926–1930)
Imperial Porcelain Factory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresKonstantin Yuon (pt) Traducir, Ivan Dudin (pt) Traducir, Ilia Mashkov (pt) Traducir, Henri Le Fauconnier (pt) Traducir e Antoine Bourdelle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMikhail Filippovich (pt) Traducir, Q12103206 Traducir e Q114785052 Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlexey Zamkov
Premios

Find a Grave: 59659828 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mukhina naceu en Riga (daquela integrada no Imperio Ruso) nunha familia adiñeirada dedicada ao comercio. Viviu nos números 23/25 da Turgeņeva iela (rúa Turgeņeva), onde hoxe figura unha placa conmemorativa.

Os antepasados de Mukhina viviron en Riga após a Guerra de 1812, en que as tropas napoleónicas invadiron Rusia. A familia era de boa posición económica: en 1937 Mukhina herdou 4 millóns de lats do seu avó. Pasou a infancia e a xuventude (1892-1904) en Feodosia, na península de Crimea. Alí estivo ao coidado do seu pai, quen velou pola saúde de Vera, xa que a nena tiña só dous anos cando a nai morreu de tuberculose. En Feodosia, Mukhina recibiu as súas primeiras leccións de debuxo e pintura. En 1904, cando morreu o pai, Vera e Maria, a súa irmá máis vella, foron atendidas por tíos e tías que viviron en Kursk, onde Mukhina cursou a secundaria, da que se graduou con honras.

O día de Nadal de 1912, estando Mukhina na casa do seu tío na provincia de Smolensk, tivo un accidente. Mentres baixaba por un monte montada nunha zorra, chocou contra unha árbore e cortou o nariz cunha póla. Foi operada nun hospital en Smolensk, mais as cicatrices ficaron na súa cara de por vida. Amais, a súa face delicada e infantil ficou moi distinta após as oito cirurxías plásticas realizadas por varios médicos franceses. Adquiriu un aspecto masculino, de trazos ásperos e irregulares. O accidente tivo importantes consecuencias na vida de Mukhina, así como na súa carreira futura.

Anos despois mudouse a Moscova, onde estudou en varios centros de arte privados, incluíndo os de Konstantin Yuon e Ilya Mashkov. En 1912 viaxou a París, onde estudou de maneira simultánea na Académie de la Grande Chaumière e na Académie de La Palette (onde tivo como profesores a Henri Le Fauconnier e Jean Metzinger), ao tempo que tomou clases con Emile-Antoine Bourdelle. Posteriormente viaxou a Italia para coñecer a pintura e a escultura do Renacemento.

Mukhina regresou a Moscova o verán de 1914, dúas semanas antes do inicio da Primeira guerra mundial. Como tiña coñecementos de enfermaría, estivo traballando nun hospital militar. Alí coñeceu ese ano o médico militar Alexei Zamkov, un mozo con quen casou en 1918.

En 1915 e 1916 traballou como asistente de Aleksandra Ekster no teatro de cámara Alexander Tairov en Moscova. Tras a Revolución de Outubro en Rusia, adoptouse o coñecido como "plan Lenin de propaganda monumental". Os escultores recibiron encomendas do estado para facer monumentos na cidade. En 1918 Mukhina completou o proxecto do monumento ao educador e publicista Nikolai Ivanovich Novikov. Dito proxecto foi aprobado polo Narkompros, o Comisariado de Educación. Porén, o modelo do monumento, feito de arxila e almacenado nun taller sen calefacción, acabou por gretarse, polo que o proxecto ficou incumprido.

Como parte do plan de propaganda monumental, Mukhina creou esbozos das esculturas Revolución e mais Liberated Labor (1919), así como monumentos a Vladimir Mikhailovich Zakorskii (1921) e Iakov Mikhailovich Sverdlov, tamén coñecido como A Chama da Revolución, (1923) e inspirada na obra Formas únicas da continuidade no espazo (1913), do artista futurista italiano Umberto Boccioni.

Na década de 1920 Mukhina converteuse nunha das escultoras máis salientábeis da Unión Soviética. Malia manterse como escultora cubista até 1922, deveu nunha artista de renome do realismo socialista, tanto no estilo coma no ideolóxico. En 1923 Mukhina e Aleksandra Ekster deseñaron o pavillón do periódico Izvestia na primeira exposición sobre os eidos agrícola e artesanal de toda Rusia, en Moscova. En 1925 Mukhina e a deseñadora de moda Nadezhda Petrovna Lamanova recibiron o "Grand Prix" na Exposición Internacional de Artes Decorativas e Industriais Modernas de París pola súa colección de roupa elegante para mulleres. Estaba elaborada a partir de materiais bastos mais accesíbeis: farrapo, percal, lona, flanela, tecido para elaborar chapeus, cintos decorados con ervillas de cores e botóns entallados en madeira. A decoración dos vestidos consistía en ornamentos orixinais, incluíndo o estampado de galos, inventado por Mukhina.

Mukhina deuse a coñecer a nivel internacional coa escultura O Obreiro e a Muller do Kolkhoz, de 1937. Entre 1938 e 1939 traballou nas obras Himno á Internacional, Chama da Revolución, Mar, Terra, Fertilidade e Pan, para a ponte Moskvoretski. Pan (1939) é a única escultura feita por Mukhina, xa que as demais foron recreadas a partir de bosquexos tras o pasamento da escultora.

Desde outubro de 1941 até abril de 1942 viviu e traballou no centro de evacuación de Kamensk-Uralski. En 1945 Mukhina foi convidada a Riga como experta para facer unha conclusión do monumento Liberdade, o cal ía ser derrubado. Porén, defendeu ferreamente o monumento, malia a súa opinión contradicir a do partido, e o monumento foi mantido.

Esculpiu, amais, dous monumentos a Maxim Gorki. Un deles foi instalado en 1943 en Moscova na terminal ferroviaria de Belorusski; o outro, na cidade de Gorki (actualmente coñecida como Nizhnii Novgorod) en 1952.

De entre as obras de Mukhina tamén é famosa o monumento a Chaikovskii, instalado en 1954 no patio do Conservatorio de Moscova, na rúa Bolshaya Nikitskaya. Localizada diante da fachada principal do Conservatorio, é o elemento principal do complexo arquitectónico no seu conxunto.

Mukhina continuou coas súas creacións de monumentos oficiais e coa escultura arquitectónica, por encargo do Estado, até o seu pasamento. Tamén experimentou co vidro, e elaborou bustos con ese material, co obxectivo de enriquecer o vocabulario artístico da arte soviética. Presentou acotío as súas teorías sobre a escultura, experimentou con materiais novos e desenvolveu unha técnica de escultura polícroma.

Entre 1941 e 1952, Mukhina gañou o Premio Estatal da URSS cinco veces, e en 1943 foi nomeada Artista do Pobo da URSS. Debido á influencia de Mukhina como gran artista soviética, e como antiga alumna do escultor letón Kārlis Zāle, persuadiu os oficiais soviéticos a finais da década de 1940, sinalando a grande importancia artística do Monumento de Liberdade de Riga. Grazas ao seu esforzo, evitou que o monumento fose demolido, xa que se pretendía levantar no seu lugar unha estatua de Iosif Stalin.

En 1953 escribiu o libro A Sculptor's Thoughts. Finou ese ano en Moscova o 6 de outubro a causa dunha anxina. Está enterrada, xunto co seu home, no cemiterio moscovita de Novodevichi.

Obra

En Moscova

Vera Mukhina 
Deseño de vestiario para teatro (1916)
  • O Obreiro e a Muller do Kolkhoz

A obra máis célebre de Mukhina, con diferenza, é O Obreiro e a Muller do Kolkhoz. Esta escultura de grandes dimensións foi a principal atracción do pavillón soviético na Exposición Internacional en París de 1937. Dito monumento era o máis preciado do pavillón deseñado polo arquitecto Boris Mikhailovich Iofan. O deseño permitía que o sol, ao alumear a escultura pola parte frontal, crease un efecto resplancedente. Dese xeito, as dúas figuras semellaban estar a voar, sensación realzada por unha bufanda ou pañoleta ondeante. O conxunto transmitía un poderío pouco común que representaba as aspiracións da URSS de lograr novas vitorias. A prensa francesa considerouna como "a mellor escultura do século XX". A estatua, co brillo do sol, parecía desafiar a aguia nazi no alto da esvástica do pavillón alemán, situado xusto enfronte.

Pola súa parte, Pablo Picasso declarou:

"Que fermosos fican os colosos soviéticos no ceo parisense de cor lila".

Esta foi a primeira obra escultórica do mundo creada mediante soldadura. O monumento, de 24 metros de altura e 75 toneladas de peso, foi construído a partir de placas de aceiro inoxidábel sobre un soporte de madeira. As placas estaban unidas mediante unha técnica anovadora de soldadura por puntos. Cada unha das figuras sostén, respectivamente, un martelo e un fouciño, que unidos representan o distintivo da Unión Soviética.

Trala clausura da exposición, o monumento foi desmontado e levado de regreso a Moscova. En 1939 foi instalado onda a entrada principal do Centro Panrruso de Exposicións (VDNKH), malia que o deseño sufriu alteracións. O monumento foi situado nun pedestal baixo e, ao seren as costas das estatuas orientadas cara ao sol, desapareceu a sensación de estaren voando. Ante isto, Mukhina afirmou que o seu monumento quedara "a rastro". Con todo, en 1947 a escultura converteuse no logo do estudo cinematográfico Mosfilm, un dos máis antigos de Europa. En 2009 foi restaurada e instalada nun pedestal máis alto.

  • Escultura Ciencia, instalada na Universidade Estatal de Moscova
  • Esculturas Pan e Fertilidade no Parque Druzhba preto da estación de metro de Rechnoy Vokzal
  • Esculturas Terra e Auga no estadio de Luzhniki
  • Monumento a Petr Chaikovskii no Conservatorio de Moscova
  • Monumento a Maxim Gorki na estación de tren de Belorusski
  • Monumento a Maxim Gorki no Instituto de Literatura Mundial
  • Sete lápidas no cemiterio de Novodevichi

Noutras cidades

Galardóns

  • Premio Estatal da URSS de primeira clase (1941)
  • Premio Estatal da URSS de segunda clase (1943)
  • Premio Estatal da URSS de primeira clase (1946)
  • Premio Estatal da URSS de segunda clase (1951)
  • Premio Estatal da URSS de primeira clase (1952)
  • Orde da Bandeira Vermella do Traballo (1938)
  • Artista do Pobo da URSS de artes plásticas (1943)
  • Orde da Insignia de Honra (1945)
  • Orde do Mérito Civil de Bulgaria

Recoñecementos

  • Dende 1938 emitíronse na URSS varios selos postais coa efixie de Vera Mukhina ou das súas obras
  • En 1985 creouse en Feodosia (Crimea, Ucraína) o Museo de Vera Mukhina, dedicado á súa adolescencia e obra
  • Na cidade de Klin (Óblast de Moscova) hai unha rúa chamada Vera Mukhina
  • Hai un cráter en Venus chamado Mukhina

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Vera Mukhina TraxectoriaVera Mukhina ObraVera Mukhina GalardónsVera Mukhina RecoñecementosVera Mukhina NotasVera Mukhina Véxase taménVera Mukhina1 de xuño188919536 de outubroEsculturaLingua letoaLingua rusaMoscovaRigaUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dos arquivos do trasnoAsteraceaeGolfiño comúnGaliciaCarballoLista das aves de GaliciaMexacánBatalla das Termópilas (-480)Pobo palestinoInstagramRicardo BeirasRoberto Vidal BolañoCromosoma homólogoLista de programas de Televisión EspañolaLeninCarbohidratoMalena AlterioDelfínToxo arnalGame Boy Advance SPAires da miña terraHorteláMarçal MolinéManuel Curros EnríquezFrancisco FrancoThomas Alva EdisonRacing Club de FerrolFrancisco AsoreyShōgunHarvey WeinsteinLiteratura infantilAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPastora Dominga González ViéitezBucetaAustraliaOs adverbios galegos22 de xulloÁnxel CasalPaís VascoLavandaXosé Manuel PiñeiroAeroporto de VigoXosé Ramón GayosoCarlomagno2003BrasilDe NinghuresMeteoGaliciaNava CastroHistoria de GaliciaO Pedrouzo, Arca, O PinoRías Baixas (serie de televisión)Luis Mateo DíezRepública Democrática do CongoTECOR societarioBronceEscudo de GaliciaDodroQueiroaO Barco de ValdeorrasTarragonaTelevisión de GaliciapdwqjComarca de SarriaPrestigeBilbaoCristina LosadaAlexander VórticeXoán Manuel PintosJulio Iglesias RedondoParadigmas dos verbos irregulares galegosLista de nomes masculinos en galegoPeer-to-peerCanle (enxeñaría)BeraRevolución galega de 1846🡆 More