O martelo é unha ferramenta utilizada para golpear un obxectivo, causando o seu desprazamento ou deformación.
O seu uso máis común é para cravar, calzar partes ou romper obxectos. Os martelos son a miúdo deseñados para un propósito especial, polo que os seus deseños son moi variados.
A forma básica do martelo consiste dun mango ou cabo (comunmente de madeira) cunha cabeza pesada (comunmente de metal) no seu extremo. Os martelos son utilizados en diferentes profesións e é unha das ferramentas básicas xunto co coitelo.
Ó igual que o coitelo, o martelo é tamén unha arma contundente. O concepto de pór un mango a un peso para facilitar o seu uso produciu algunhas das primeiras ferramentas ou armas producidas polos seres humanos.
Os primeiros martelos datan da Idade de Pedra do ano 8000 denantes da era común; estes martelos constaban dunha pedra atada a un mango con tiras de coiro. Máis tarde, no ano 4000 a. e. c., co descubrimento do cobre, os romanos comezaron a fabricar a cabeza dos martelos con este material. Despois, no ano 3500 a. e. c., durante a Idade de Bronce fabricáronse con este material. Tempo despois apareceron os martelos con orificios para o mango.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martelo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Martelo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.