Valeriana: Xénero de plantas

Valeriana é un xénero de plantas da familia Valerianaceae.

    Este artigo trata sobre o xénero, para a planta chamada comunmente valeriana, véxase artigo herba benta.

Inclúe un número de 200 especies, das cales a máis coñecida é Valeriana officinalis, chamada comunmente herba benta ou valeriana menor ou herba dos gatos. Algunha especies son nativas de Europa e outras de América do Norte. Adóitanse usar coma somnífero.

Valeriana: Descrición, Taxonomía, Especies máis importantes
'Valeriana officinalis
Valeriana: Descrición, Taxonomía, Especies máis importantes
Diagrama Valeriana
Valeriana: Descrición, Taxonomía, Especies máis importantes
Valeriana seca

Descrición

Son herbas perennes, rizomatosas. Flores hermafroditas, en inflorescencias cimosas simples ou escasamente ramificadas. Cáliz con dentes lineares enrolados durante a antese, acrescente, plumoso e persistente na frutificación en forma de papo. Corola con tubo infundibuliforme, con 5 lóbulos desguais. Androceo con 3 estames. Estigma trífido. Froitos coas dúas cavidades estériles moi pouco desenvolvidas.

A herba benta emprégase en Galiza dende a antigüidade.

A planta chamada valeriana vermella, valeriana roxa ou alfinetes (Centranthus ruber), non pertence a este xénero.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 31–34. 1753.

Valeriana: nome xenérico derivado do latín medieval xa sexa en referencia aos nomes de Valerio (que era un nome bastante común en Roma, Publio Valerio Publícola é o nome dun cónsul nos primeiros anos da República), ou ao provincia de Valeria, unha provincia do imperio romano, ou coa verba valere, "para estar san e forte" do seu uso coma menciña popular para o tratamento do nerviosismo e a histeria.

Especies máis importantes

  • Valeriana acutiloba
  • Valeriana alliariifolia
  • Valeriana altaica orixinaria da rexión de Xinjiang (China e Mongolia)
  • Valeriana apula
  • Valeriana arburua
  • Valeriana arizonica
  • Valeriana californica
  • Valeriana capitata
  • Valeriana carnosa
  • Valeriana celtica
  • Valeriana columbiana
  • Valeriana dioica
  • Valeriana edulis
  • Valeriana locusta
  • Valeriana longiflora
  • Valeriana montana, valeriana maior.
  • Valeriana occidentalis
  • Valeriana officinalis, herba benta, herba dos gatos, valeriana menor.
  • Valeriana panciflora
  • Valeriana pyrenaica
  • Valeriana sambucifolia
  • Valeriana scandens
  • Valeriana scouleri
  • Valeriana septentrionalis
  • Valeriana saxatilis
  • Valeriana sitchensis
  • Valeriana sorbifolia
  • Valeriana supina
  • Valeriana texana
  • Valeriana tiliifolia
  • Valeriana tripteris
  • Valeriana tuberosa
  • Valeriana wallichii
  • Lista completa de especies

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  1. Barrie, F. R. 2001. Valerianaceae. En: Stevens, W.D., C. Ulloa, A. Pool & O.M. Montiel (eds.). Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85(3): 2495–2497.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  4. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  5. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  6. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  7. Nash, D. L. 1976. Valerianaceae. In Nash, D.L. (Ed.), Flora of Guatemala - Part XI, Number 4. Fieldiana, Bot. 24(11/4): 296–306.
  8. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.

Ligazóns externas

Tags:

Valeriana DescriciónValeriana TaxonomíaValeriana Especies máis importantesValeriana Galería de imaxesValeriana NotasValeriana Véxase taménValeriana Ligazóns externasValeriana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ShōgunLista de siglas e acrónimosEmilio Aragón BermúdezCopia por contactoEstadio Municipal de RiazorCamilo Díaz BaliñoA chave das nocesXiros idiomáticos galegosLuís Pérez BarralMedalla CastelaoPalmapdwqjLeitzaCarles PuigdemontAC-456Editorial GalaxiaXXX edición dos Premios GoyaLongueirón (molusco)Nava CastroAndoriñaMoinanteLuísa VillaltaMarcelo CaetanoFiúnchoOtelo Saraiva de CarvalhoMoscovaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoTrofoblastoRacing Club de FerrolSecretaría Xeral de Política LingüísticaGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981SobreiraRepública ChecaEva Iglesias MiguénsSusana FortesMúsica tradicional galegaOllos de augaValentín García GómezFranciaRías Baixas (serie de televisión)CaraveleiraUniversidade de ManchesterPanxermanismoTito ValdésNacho VegasTonhito de PoiIsaac NewtonMaruxa MalloReino de GaliciaSexo analO GroveEstadio de TammelaÁreas lingüísticas do galegoLaurent CantetLino LópezSelección de fútbol de GaliciaNúmero piAmérica do NorteEnsaio (literatura)Alfabeto galegoNormativa oficial do galegoXosé Ramón GayosoFelaciónHorteláYolanda CastañoLontreiraFrancisco Porto MellaHenrique VIII de InglaterraMarçal MolinéPerífrases verbais galegasAntonio López FerreiroGalileo GalileiFrancisco Pazos🡆 More