Ulrich Beck: Sociólogo alemán

Ulrich Beck, nado en Stolp o 15 de maio de 1944 e finado en Múnic o 1 de xaneiro de 2015, foi un sociólogo alemán, profesor da Universidade de Múnic e da London School of Economics.

Infotaula de personaUlrich Beck
Ulrich Beck: Características da sociedade do risco, O seu pensamento, Recepción e crítica
(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata
Słupsk, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
London School of Economics Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsociólogo , profesor universitario , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade de Münster
London School of Economics Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosMarc Krautzberger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeElisabeth Beck-Gernsheim
Premios

Dialnet: 266226 WikiTree: Beck-9938

Estudou aspectos como a modernización, os problemas ecolóxicos, a individualización e a globalización. Nos seus últimos anos embarcouse tamén na exploración das condicións cambiantes do traballo nun mundo de crecente capitalismo global, de perda de poder dos sindicatos e de flexibilización dos procesos do traballo, unha teoría arraigada no concepto de cosmopolitismo. Tamén contribuíu con novos conceptos á socioloxía alemá, incluída a chamada «sociedade do risco» e a «modernidade reflexiva».

Características da "sociedade do risco"

Beck define a sociedade do risco como a fase de desenvolvemento da sociedade moderna onde os riscos sociais, políticos, económicos e industriais tenden cada vez máis a escapar das institucións de control e protección da sociedade industrial.

Pódense distinguir oito características destacadas:

  1. Os riscos causan danos sistemáticos a miúdo irreversibles.
  2. A repartición e o incremento dos riscos seguen un proceso de desigualdade social.
  3. Risco, negocio con dobre causa; risco e oportunidades de mercado.
  4. Hai un baleiro político e institucional. Os movementos sociais son a nova lexitimación.
  5. As fontes que daban significado colectivo aos cidadáns están en proceso de "desencantamento".
  6. Nas novas sociedades recae no individuo un proceso de "individualización" a través dunha desvinculación das formas tradicionais da sociedade industrial e unha revinculación con outro tipo de modernización.
  7. As fontes colectivas que dan significado á sociedade esgótanse, e o individuo busca de xeito independente unha identidade na nova sociedade. "En situacións de clase, o ser determina a conciencia, mentres que en situacións de risco é ao revés, a conciencia determina o ser".
  8. Retorno da incerteza; risco como recoñecemento do impredicible e das ameazas da sociedade industrial. Na sociedade reflexiva, a sociedade convértese nun problema para ela mesma. A sociedade reflexiva convértese nun concepto postindustrial no cal non pensaran os clásicos como Max Weber.

O seu pensamento

Pódese ver como ao longo das súas obras Beck se sitúa nunha posición crítica, enfrontándose ás correntes do posmodernismo. Desta maneira, e xunto con Giddens, Bauman e Scott Lash, defende a socioloxía reflexiva, para non abandonar a análise crítica fronte aos problemas actuais. Beck achégase aos problemas da nova sociedade, que non son os mesmos que describía a socioloxía das sociedades precedentes, e atopa unha fonte de incerteza, inseguridade e riscos. A sociedade posmoderna asume unha carga de risco na súa propia identidade que encerra unha grave contradición: o perigo de supervivencia da especie. A "rendibilidade" do sistema corre o risco da incerteza; non parte da asunción da seguridade e dun escenario sustentable en termos ecolóxicos, senón que coñece que existen marxes de perigo para a especie cunha cobertura que non é, paradoxalmente, prioritaria nun sistema guiado pola obtención de beneficios e unha representación retórica da racionalidade que oculta a racionalidade. Os medios de comunicación teñen un papel moi importante na representación dos riscos e a procura de solucións, aumentando o poder e o control social. O pensamento de Beck está marcado polas constantes dunha sociedade sometida a fortes riscos e a procesos de individualización. Para el a actualidade fórmase coas noticias das catástrofes ecolóxicas, as crises financeiras, o terrorismo, as guerras preventivas.

Beck distingue unha primeira modernización, que discorre ao longo da industrialización e a creación da sociedade de masas, dunha "segunda modernización", propia dunha sociedade que tende á globalización e está en constante desenvolvemento tecnolóxico. Na era industrial a estrutura cultural e social era a familia, pero logo ese núcleo rompe dando lugar á individualización, aumentándose a incerteza do individuo na sociedade de risco. Parece ser que isto é produto do neoliberalismo económico, e non só afecta o plano persoal, senón tamén ás institucións.

Con respecto ao seu pensamento no campo da política, di que non é preciso redactar novas normas, senón que hai que adaptar as existentes á realidade social e ás necesidades do momento. Débese, segundo Beck, contrarrestar o excesivo peso do mercado e os seus efectos, e ampliar o círculo social e cultural do individuo, co obxectivo de alcanzar un equilibrio e diminuír a incerteza. Ademais, ve necesario que os antigos estados nacionais cambien e comecen un proceso de cohesión internacional e cooperación, recoñecendo a diversidade e individualidades, para poder abordar preparados esta segunda modernidade.

Recepción e crítica

Aínda que Ulrich Beck foi un dos pioneiros en adaptar o asunto do risco ás categorías sociolóxicas existentes, algúns autores critican a súa postura por considerala "alarmista". Niklas Luhmann suxire que Beck non distingue conceptualmente a diferenza entre ameaza e risco. Mentres a primeira é imposta ao suxeito sen ningunha posibilidade de evitar os seus efectos, o risco atópase determinado por unha decisión previa por medio da cal os seus efectos poden ser evitados (continxencia). Os que na vida real toman as decisións nunca enfrontan os riscos. Anthony Giddens, pola súa banda, prefire desenvolver unha idea de risco asociado á fiabilidade. O suxeito non coñece a complexidade do mundo circundante nin as posibles consecuencias das súas decisións. Pode decidir entregarse á "divindade" anulando todos os riscos, ou confiar no sistema experto tomando a decisión e xerando un risco. Cass Sunstein argumenta que vivimos en sociedades onde os riscos parece que se multiplicaron, mais iso débese a certos rumbos cognitivos que maximizan certas situacións á vez que minimizan outras. Para Sunstein, a diferenza de Beck, existen os riscos obxectivos, que deben ser suxeitos a planificación rigorosa, e os riscos subxectivos, a maioría deles construídos irracionalmente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ulrich Beck Características da sociedade do riscoUlrich Beck O seu pensamentoUlrich Beck Recepción e críticaUlrich Beck NotasUlrich Beck Véxase taménUlrich Beck1 de xaneiro15 de maio19442015AlemañaLondon School of EconomicsMúnicSocioloxíaUniversidade de Múnic

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tito VilanovaLuis Mateo DíezOs demostrativos galegosAdolf HitlerEscáncerRafael NadalPello OtxandianoSéculos EscurosPortugalSupermanPampallínRebeliom do InframundoRosalía de CastroCharles DarwinRevolución dos CaraveisRaffaella Carrà1868Raposo comúnPunta UmbríaRembrandtPili PampínRevolución galega de 184622 de xulloCinema pornográficoSénecaAires da miña terraBritney SpearsDiego Rivas RegoNormativa oficial do galegoLondresPornografíaPanxermanismoDía das Letras GalegasCouselo (planta)CarbohidratoNoiaVictoria Núñez LópezAltriXosé Ramón GayosoTwitter2003Camilo Díaz BaliñoSlumdog MillionaireAguia imperial ibéricaAmaia Martínez GrisaleñaManuel FragaPerífrases verbais galegasSuízaEmilio Aragón BermúdezDaniel de la TorrePosición do misioneiro invertidaÁcido dipicolínicoAlexander VórticePablo MartinezMarta Fernández-TapiasLiteratura galegaPaís Vasco (rexión histórica)Vilagarcía de ArousaNational Portrait GalleryJuana AcostaDeserto do SáharaProxyEva MejutoEspañaCarrizo (paxaro)Accidente de ChernóbilManuel Otero MartínezReal Club Celta de VigoPobo palestinoVáknerMaría a BalteiraWikiNacho Castaño🡆 More