Typha: Xénero de plantas

Typha é o nome dun taxon de plantas asignado á categoría taxonómica de xénero, que no sistema de clasificación APG II do 2003 era o único xénero da familia Typhaceae, mentres que no sistema de clasificación utilizado por Judd et al.

Typha
Typha: Caracteres, Ecoloxía, Taxonomía
Hábito de Typha
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Typhaceae (sensu lato)
Juss.
Xénero: Typha
L.
Especies
  • Typha angustifolia
  • Typha latifolia
  • Typha angustifolia × T. latifolia (=Typha glauca)
  • Typha domingensis
  • Typha laxmannii
  • Typha minima
  • Typha shuttleworthii
  • Typha orientalis
  • Typha muelleri

O xénero posúe unhas 8-13 especies de plantas herbáceas acuáticas emerxentes robustas, perennes, rizomatosas, con follas moi erectas, dísticas e bifaciais, e unha espiga cilíndrica de numerosas flores diminutas polinizadas por vento (as masculinas arriba e as femininas abaixo), cun perianto como escamas ou porcas, e un froito que é como un aquenio dehiscente co xinóforo, o estilo, e o perianto persistentes no froito. Están distribuídas en pantanos e zonas húmidas de boa parte do mundo, formando densas colonias ás veces impenetrables.

Reciben o nome común de espadanas ou espadainas, por teren as súas follas unha forma parecida a unha espada .

Caracteres

  • Hábito: Herbas robustas, perennes, de 1 a 3 m de altura, salvo en Typha minima, que non supera o metro. Acuáticas emerxentes, monoicas (flores masculinas e femininas na mesma planta), de talo rizomatoso.
  • Follas moi erectas, bifaciais, maiormente basais, dísticas, envainadoras, simples, sen dividir, planas, alargadas e delgadas, de venación paralela, con parénquima esponxoso.
  • Inflorescencia terminal, consta dunha espiga cilíndrica de flores moi densas, as masculinas arriba e as femininas debaixo.
  • Flores moi pequenas, unisexuales, actinomórficas, as flores femininas hipóginas.
  • O perianto consiste en 0 ou 3 (ou raramente 8) tépalos como porcas nas flores masculinas, e numerosos tépalos como porcas ou escamas nas femininas (en 1-4 verticilos).
  • Estames 3 (raramente 1 ou 8), afastados entre si e ademais libres das demais pezas florais ("apostémonos"). As anteras son basifixas, co conectivo ancho, estendido máis aló da teca.
  • O pole é liberado en tétrades ou en mónadas.
  • O xineceo é de 1 só carpelo, cun ovario súpero. O estilo é acrescente (mantense no froito). A placentación é apical, o óvulo é solitario.
  • Non hai nectarios.
  • O froito é dehiscente e de tipo aquenio, cun xinóforo acrescente e estilo tamén acrescente, e partes do perianto persistentes, que axudan á dispersión por vento.
  • As sementes posúen endosperma con amidón.

Ecoloxía

Amplamente distribuídas en todo o mundo. Typha latifolia atópase en todas as rexións tépedas do Hemisferio Norte; Typha angustifolia, tamén cosmopolita, soporta peor o frío e esténdese por iso menos cara ao norte. As restantes especies teñen distribucións máis limitadas, sendo Typha domingensis nativa do sur dos Estados Unidos e Centroamérica, mentres que Typha laxmannii, Typha minima e Typha shuttleworthii medra no sur de Europa e partes de Asia.

Os membros deste taxon medran como plantas emerxentes en estanques, canles de rega, e pantanos. Adoitan ser das primeiras especies en colonizalos. As colonias son moitas veces un paso importante no desecamento de lagoas e pantanos, formando unha capa de denso tecido orgánico sobre a cal se deposita a terra.

O denso sistema rizomático favorece a fixación do chan, previndo a erosión. No seu interior alóxanse numerosos insectos, e proporciona acubillo a batracios e aves lacustres.

Outras aves empregan os restos da inflorescencia para tapizar os seus niños.

As pequenas flores de Typha son polinizadas por vento.

Taxonomía

A lista de especies, segundo o Royal Botanic Gardens, Kew (visitado en xaneiro do 2009):

  • Typha albida Riedl, in Fl. Iran. 71: 3 (1970). SE. de Afganistán.
  • Typha alekseevii Mavrodiev, Feddes Repert. 110: 127 (1999). Cáucaso.
  • Typha angustifolia L., Sp. Pl.: 971 (1753). Zonas tépedas do Hemisferio Norte.
  • Typha × argoviensis Hausskn. ex Asch. Graebn., Syn. Mitteleur. Fl. 1: 273 (1897). T. latifolia × T. shuttleworthii. Europa.
  • Typha austro-orientalis Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 111: 78 (2006). S. da Rusia europea.
  • Typha azerbaijanensis Hamdi & Assadi, in Fl. Iran. 42: 13 (2003). NO. de Irán.
  • [[Typha × bavarica Graebn. in H.G.A.Engler (ed.), Pflanzenr., IV, 8: 16 (1900). T. angustifolia × T. shuttleworthii. Europa.
  • Typha capensis (Rohrb.) N.E.Br. in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 7: 32 (1897). Uganda a S. de África.
  • Typha caspica Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 12: 21 (1950). E. de Transcaucasus.
  • Typha changbaiensis M.Jiang Wu & Y.T.Zhao, Bull. Bot. Res., Harbin 30: 251 (2000). NL. da China (Jilin).
  • Typha davidiana (Kronf.) Hand.-Mazz., Oesterr. Bot. Z. 87: 133 (1938). China.
  • Typha domingensis Pers., Syn. Pl. 2: 532 (1807). Trop. e Subtrop.
  • Typha elephantina Roxb., Fl. Ind. ed. 1832, 3: 566 (1832). Sáhara a SC. da China.
  • Typha × gezei Rothm., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 171 (1940). T. angustifolia × T. domingensis. S. de Europa.
  • Typha × glauca Godr., Fl. Lorraine 3: 20 (1844). T. angustifolia × T. latifolia. Zonas tépedas do Hemisferio Norte.
  • Typha grossheimii Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 11: 12 (1949). Cáucaso a C. de Asia.
  • Typha joannis Mavrodiev, Feddes Repert. 113: 283 (2001). Mongolia a Amur.
  • Typha kalatensis Assadi & Hamdi, in Fl. Iran. 42: 24 (2003). Irán.
  • Typha latifolia L., Sp. Pl.: 971 (1753). Zonas tépedas do Hemisferio Norte a C. de América, S. de Suramérica, Nixeria a Kenya.
  • Typha laxmannii Lepech., Nova Acta Acad. Sci. Imp. Petrop. Hist. Acad. 12: 84 (1801). SL. Europa ao Xapón.
  • Typha lugdunensis P.Chabert, Bull. Soc. Hort. Prat. Dép. Rhône 1850: 149 (1850). L. Francia a SO. Alemaña.
  • Typha minima Funck in D.H.Hoppe, Bot. Taschenb. 1794: 187 (1794). Europa a Mongolia.
  • Typha orientalis C.Presl, Epimel. Bot.: 239 (1851). Leste distante de Rusia a Filipinas, Australasia.
  • Typha persica Ghahr. & Sanei, Bull. Soc. Bot. France 126: 373 (1979). Irán.
  • Typha × provincialis A.Camus, Notul. Syst. (París) 11: 272 (1910). T. domingensis × T. latifolia. S. Europa.
  • Typha przewalskii Skvortsov in A.I.Baranov & B.V.Skvortsov, Diagn. Pl. Nov. Mandsh.: 1 (1943). Leste de Rusia a NL. da China.
  • Typha shuttleworthii W.D.J.Koch & Sond. in W.D.J.Koch, Syn. Fl. Germ. Helv., ed. 2: 786 (1844). Europa a Turquía.
  • Typha sistanica De Marco & Dinelli, Ann. Bot. (Rome) 35-36: 131 (1976-1977 publ. 1978). Irán.
  • Typha × smirnovii Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 105(4): 66 (2000). T. latifolia × T. laxmannii. Rusia Europea.
  • Typha subulata Crespo & Pérez-Mor., Darwiniana 14: 424 (1967). Arxentina ao Uruguai.
  • Typha × suwensis T.Shimizu, J. Phytogeogr. Taxon. 37: 120 (1989). T. latifolia × T. orientalis. Xapón.
  • Typha tichomirovii Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 107(5): 77 (2002). Rusia europea.
  • Typha turcomanica Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 11: 14 (1949). C. de Asia.
  • Typha tzvelevii Mavrodiev, Feddes Repert. 113: 283 (2002). Primorye.
  • Typha valentinii Mavrodiev, Feddes Repert. 111: 571 (2000). Transcaucasus (Acerbaixán).
  • Typha varsobica Krasnova, Ukrayins'k. Bot. Zhurn. 59: 704 (2002). C. de Asia.

Importancia económica

Typha: Caracteres, Ecoloxía, Taxonomía 
Cadeiras de enea artesanais en Galaroza (España).

As follas de Typha son usadas como material de tecido. Tradicionalmente, o uso máis importante era o da fabricación de tecidos para cadeiras, cestas e outros aveños. En La Gineta (provincia de Albacete), por exemplo, e en moitos outros sitios de España e doutros países, desenvolveuse no século XX a fabricación de cadeiras con tecido de Typha no asento, industria que veu caer en decadencia progresiva polo emprego dos materiais plásticos e outros tipos de materias primas.

En Bolivia e o Perú empregábanse tradicionalmente barcas ou balsas no lago Titicaca, e tamén cestos e outros produtos artesanais.

O rizoma aprovéitase como verdura, cun alto contido en amidón; cultívase entre o outono e o inverno. Os brotes tenros consómense ás veces cocidos, e o pole emprégase como suplemento alimenticio mesturado con fariña. As inflorescencias estaminadas mozas tamén poden ser usados como alimento.

Actualmente a súa resistencia a medios anóxicos e con altos graos de contaminación ampliou as súas aplicacións ao campo da fitorremediación, en particular en sistemas de depuración de augas residuais como as zonas húmidas artificiais e sistemas de filtros de macrofitas en flotación (FMF). Tamén se estuda o seu uso como fitoacumulador de metais pesados.

Tamén pódense utilizar para fabricar papel.

Son ocasionalmente utilizadas como ornamentais.

A facilidade da súa aparición fai que se consideren malas herbas nalgunhas contornas controladas.

Notas

Tags:

Typha CaracteresTypha EcoloxíaTypha TaxonomíaTypha Importancia económicaTypha NotasTyphaFollaPantanoSistema APG IITaxonTyphaceaeXénero (bioloxía)Zona húmida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

As bestasJosé Juan FigueirasCharo Lopes1979NegreiraMaría Mariño8José Miñones (homónimos)BrasilRafael LouzánA LarachaBuscás, OrdesXunta de GaliciaTeatroCristina Villó1Imma António Souto54IslandiaAsiaXosé Luís Franco GrandeSenegalToxo arnalLingua árabeEscola Técnica Superior de Arquitectura da CoruñaFrancisco Castro VelosoYouTubeCarbohidratoCelso ParadaDie ZauberflöteRotacismoCentro público integradoA derradeira leición do mestreMelgaçoRubén ArroxoLingua inglesaPorscheLoureiro1994Marcial SuárezElopidaeCarles PuigdemontFilipe I de CastelaVerónica Martínez DelgadoExeria (escritora)Música tradicional galegaMarta DarribaRamón Vilas GonzálezArandoLingua polacaMono (animal)Premio Burnett Anderson MemorialMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BOhridSingular e plural en galegoTelevisión de GaliciaAmieiro1999O CarballiñoPolígonoKAndorraPablo Iglesias PosseTrasar de Carballo, Cartelos, Carballedo1825Sistelo, Arcos de ValdevezCampo da Rata1985BeadeXacioToniña común1914G🡆 More