Febre Tifoide

A febre tifoide ou febre entérica é unha doenza infecciosa producida por bacterias do xénero Salmonella do serovar Salmonella enterica subsp.

enterica">Salmonella enterica subsp. enterica serovar Typhi (antes Salmonella typhi ou bacilo de Eberth). Moi similar á febre tifoide é a febre paratifoide (ambas poden denominarse febre entérica) causada por Salmonella enterica subsp. enterica serovar Paratyphi A, B ou C (antes Salmonella paratyphi). O reservorio da febre tifoide é o ser humano, e o mecanismo de contaxio é a vía fecal-oral, a través da inxestión de auga e alimentos contaminados con dexeccións. Non se debe confundir co tifo producido por bacterias Rickettsia e transmitido por piollos e outros artrópodos.

Febre tifoide
Clasificación e recursos externos
Febre Tifoide
Manchas rosadas na pel do peito dun paciente afectado por febres tifoides causadas por Salmonella Typhi
ICD-10A01.0
ICD-9002
DiseasesDB27829
MedlinePlus001332 oph
eMedicine686/ med/2331
MeSHD014435
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
      Non confundir co tifo producido por Rickettsia.

A bacteria entra no corpo por vía dixestiva e chega ao intestino, pasando finalmente ao sangue, causando unha fase de bacteremia cara á primeira semana da doenza; posteriormente localízase en diversos órganos e produce fenómenos inflamatorios e necróticos, debidos á liberación de endotoxinas. Finalmente, as salmonelas expúlsanse ao exterior polas feces. A bacteria causante pode espallarse en condicións de malos hábitros hixiénicos e malas medidas de salubridade públicas, e ás veces a través de insectos, como as moscas, que se alimentan de feces.

No período de incubación, que dura de 10 a 15 días, aprécianse trastornos do estado xeral, unha fase de bacteremia con febre que aumenta progresivamente ata chegar a 39-40 °C e mantense así, cefalea, estupor, roséola no ventre, tumefacción da mucosa nasal, lingua torrada, úlceras no padal e, ás veces, hepatoesplenomegalia e diarrea.

A doenza pode evolucionar ata a súa curación en dúas semanas ou prolongarse con localizacións focais a partir da quinta semana. Se non se somete a un tratamento axeitado poden presentarse complicacións graves, como hemorraxias e perforación intestinal, e choque séptico. Prodúcese un certo grao de inmunidade que, aínda que non protexe fronte ás reinfeccións, cando estas se producen son máis benignas. O estado de portador pode ser transitorio ou crónico.

A aparición desta doenza diminuíu abruptamente no mundo desenvolvido coa xeneralización das medidas de limpeza, potabilización e salubridade públicas e o uso de antibióticos.

Notas

Tags:

AlimentoAugaBaciloDoenza infecciosaPiolloRickettsiaSalmonellaSalmonella enterica subsp. entericaSerovarTifoVía fecal-oral

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Java (linguaxe de programación)QueiroaBaby ReindeerOldham25 de abrilLino López2003Ana Belén FortesJordi PujolO divino saineteXosé Luís BernalRebeliom do InframundoIndiaSexo analCataluñaLingua galegaLipoproteína de BraunLCambadosRocco SiffrediConceyu BableNacho VegasMiro CasabellaBucetaO Pedrouzo, Arca, O PinoHindemburg Melão Jr.María Jesús MonteroAeroporto de VigoGres, Vila de CrucesLista de episodios de Shin ChanAC-456Literatura infantilBatalla das Termópilas (-480)Alfonso RuedaVincent van GoghIsabel II do Reino UnidoFrancisco Varela OuroEstado NovoFelaciónArxentinaCamilo Nogueira RománRamón CabanillasDelfínidosToxo arnalBreogánGabriel García MárquezAs dúas MaríasXogos floraisManuel Gago MariñoPablo EscobarHelsingin JalkapalloklubiCaso Asunta BasterraEditorial GalaxiaDe NinghuresToniña comúnPunta UmbríaLuís CíliaLondresTrofoblastoCuarzoLugoBortziriakHeraldo de ViveroCamilo Díaz BaliñoBella ciaoPosición do misioneiro invertidaRosalía de CastroBeteluPemento de PadrónPoesíaLista de países🡆 More