Tratado De Paz Entre Israel E Xordania

O Tratado de Paz entre o Estado de Israel e o Reino haxemita de Xordania asinouse o 26 de outubro de 1994 e normalizou as relacións entre ambos os países, resolvendo as súas disputas territoriais, iniciadas na Guerra árabe-israelí de 1948 e agravadas na Guerra dos Seis Días.

A firma, realizada en Aravá polo primeiro ministro israelí Isaac Rabin e o primeiro ministro xordano Abdelsalam al-Majali, realizouse no contexto dos esforzos por chegar a un acordo de paz entre Israel e a OLP. Foi o segundo tratado de paz que asinou Israel desde a súa independencia, tras o rubricado con Exipto en 1979.

Tratado De Paz Entre Israel E Xordania
O presidente de estadounidense Bill Clinton (no centro) observa ao rei de Xordania Hussein (esquerda) e ao primeiro ministro de Israel Isaac Rabin (dereita) asinando a Declaración de Washington na Casa Branca, que puxo fin a inimizade entre ambos países en xullo de 1994.
Vídeo curto sobre o tratado de paz entre Israel e Xordania da Israeli News Company.

Este tratado comprende seis puntos principais que se refiren á demarcación da fronteira, asuntos referentes aos recursos hídricos, á seguridade, á liberdade de movemento, aos lugares de significado histórico e relixioso e aos refuxiados e persoas desprazadas.

Historia

En 1987 o ministro de asuntos exteriores de Israel, Shimon Peres e o rei Hussein I de Xordania trataron de acordar en segredo un acordo de paz segundo o cal Israel cedería Cisxordania a Xordania. Os dous firmaron un acordo definindo o marco de traballo para unha conferencia de paz en Oriente Próximo. A proposta non chegou a consumarse debido ás obxeccións do primeiro ministro de Israel Isaac Rabin. O ano seguinte Xordania abandonou as súas reclamacións sobre Cisxordania en favor dunha resolución pacífica do conflito entre Israel e a OLP.

As conversas comezaron en 1994. O primeiro ministro israelí Isaac Rabin, xunto ao seu ministro de asuntos exteriores Shimon Peres informaron ao rei Hussein que tralos acordos de Oslo coa OLP, Xordania podía quedar fora do gran xogo. Hussein consultou ao presidente de Exipto Hosni Mubarak e ao sirio Hafez al-Asad. Mubarak animouno a asinar un acordo, mentres que al-Asad recomendoulle unicamente "falar" pero non firmar ningún acordo con Israel. O presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, premeu a Hussein para que comezara as conversas e asinar un tratado de paz con Israel, coa promesa de que as débedas de Xordania quedarían perdoadas. Os esforzos tiveron froito e Xordania asinou un tratado de non belixerancia con Israel. Rabin, Hussein e Clinton asinaron unha declaración en Washington DC o 25 de xullo de 1994. A declaración dicía que Israel e Xordania remataban o seu estado oficial de inimizade e comezarían unhas negociacións para conseguir o fin "da matanza e a dor" así como un tratado de paz xusto e duradeiro.

Sinatura

O 26 de outubro de 1994, Xordania e Israel asinaron o tratado de paz nunha cerimonia celebrada no val de Arava en Israel, ao norte de Eilat e preto da fronteira con Xordania. O primeiro ministro Rabin e o xordano Abdelsalam al-Majali asinaron o tratado e o presidente de Israel Ezer Weizman deuse a man co rei Hussein. O presidente estadounidense Bill Clinton, observou todo o acto acompañado polo seu secretario de estado Warren Christopher.

Exipto celebrou o acordo entre ambos países, mentres que Siria o ignorou. A milicia libanesa Hezbollah resistiuse ao tratado e 20 minutos antes da cerimonia lanzou un ataque con morteiro e mísiles sobre varias cidades do norte de Galilea.

Contidos

O Tratado de Paz consta dun preámbulo, 30 artigos, 5 anexos e minutas acordadas. Establece acordos sobre o territorio, a seguridade, as augas e a cooperación entre varias materias.

  • Anexo I sobre as fronteiras e a soberanía. A sección a do anexo I "establece unha fronteira administrativa" entre Xordania e Cisxordania, ocupada por Israel desde 1967, sen prexuízo do status dese territorio. Israel recoñece a soberanía xordana sobre a área de Naharayim/Baqura (incluíndo a Illa da Paz) e a área de Zofar/Al-Ghamr.
    En outubro de 2018, Xordania notificou a Israel a súa intención de non renovar o arrendamento das terras acordadas neste anexo. O anexo permitía a Israel alugar durante 25 anos as terras de Naharayim/Baqura e Zofar/Al-Ghamr.
  • Anexo II sobre as augas e materias relacionadas. Segundo o artigo 7 do tratado, Xordania e Israel acordaron establecer un "Comité Conxunto de Augas"(Artigo VII).
  • Anexo III sobre o crime e as drogas.
  • Anexo IV sobre medioambiente.
  • Anexo V sobre os postos fronteirizos, pasaportes e visados. O artigo 6 estipula que "cada parte ten o dereito de rexeitar a entrada de persoas, de acordo coas súas regulacións".

As Minutas Acordadas do tratado establecen algúns detalles para a implantación do tratado de paz.

Principios

  1. Fronteiras: A fronteira internacional entre Israel e Xordania segue o curso do río Xordán, do río Yarmouk, o mar Morto, o Emek Ha'Arava/Wadi Araba, e o golfo de Aqaba. A sección da liña que separa Xordania de Cisxordania quedou establecida "sen prexuízo do status [dese] territorio".
  2. Relacións diplomáticas e cooperación: As partes acordaron establecer relacións diplomáticas e consulares completas, así como intercambiar embaixadas, permitir os visados de turismo, abrir os portos e aeroportos, e establecer unha zona de libre comercio e industrial en Arava. O acordo prohibe a propaganda hostil.
  3. Seguridade e defensa: Cada país prometeu respectar a soberanía do outro, así como o seu territorio, non entrar en territorio contrario sen permiso e cooperar contra o terrorismo.
  4. Xerusalén: O artigo 9 une o tratado de paz co proceso de paz israelí-palestino. Israel recoñece o papel especial de Xordania sobre os lugares sagrados do islam en Xerusalén, e comprometeuse a dar prioridade ao papel histórico de Xordania sobre estes lugares nas conversas sobre o seu status futuro.
  5. Augas: Israel acordou entregar a Xordania 50,000,000 m³ de auga cada ano e a propiedade do 75% das augas do río Yarmouk. Ambos países poden desenvolver outros recursos acuáticos e reservas. Acordouse unha axuda mutua en caso de escaseza de augas. Israel tamén se comprometeu a axudar a Xordania a utilizar a tecnoloxía desalinizadora para buscar novas fontes de auga potable.
  6. Refuxiados palestinos: Israel e Xordania acordaron cooperar para axudar aos refuxiados, incluíndo a formación dun comité a catro bandas (Israel, Xordania, Exipto e Palestinos) para tratar de buscar solucións ao problema.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Tratado De Paz Entre Israel E Xordania HistoriaTratado De Paz Entre Israel E Xordania SinaturaTratado De Paz Entre Israel E Xordania ContidosTratado De Paz Entre Israel E Xordania NotasTratado De Paz Entre Israel E Xordania Véxase taménTratado De Paz Entre Israel E Xordania1979199426 de outubroAcordos de OsloGuerra dos Seis DíasGuerra árabe-israelí de 1948IsraelTratado de Paz entre Israel e Exipto de 1979XordaniaYitzhak Rabin

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fragas do EumeOs pronomes persoais galegosCopia por contactoConcha CostasXabarilLista de presidentes da República PortuguesaPaulino PereiroAP-9Malores VillanuevaRede privada virtualRSSAntonio Fernández RivadullaRosario DúrcalMarta DarribaLabregos do tempo dos SputniksLista de estacións de tren de GaliciaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020AustraliaBreixoCelanovaIrene FerrerasJoe BidenGrupo RompenteDía das Letras GalegasÁlvaro CunqueiroGoretti SanmartínXosé Luís BernalDr. Jekyll e Mr. HydePedro FeijooRío DanubioAmiantoAdolf HitlerPaula GodinhoCohesiónIgnacio Rivera QuintanaBipartito galegoIker MuniainProxySapo comúnCharles DarwinCarlos CallónExeria (escritora)Wikipedia en igalaOtelo Saraiva de CarvalhoThais VillasAndorraCouto MixtoPremios Follas Novas do Libro GalegoLesión deportivaSilledaAires da miña terraLugoSara ErraniLingua casteláMaría LadoMickey Mouse ClubhouseGres, Vila de CrucesOs ÁnxelesCarles PuigdemontLuísa VillaltaGata CattanaGisela LladóRevolución dos CaraveisHórreoFelix MendelssohnLista das aves de GaliciaFerroCatedral de OurenseAC-173Os vixilantes do CamiñoLingua galegaXosé Represas🡆 More