Tiráspol: Capital do estado autoproclamado Transnistria e a segunda cidade máis poboada de Moldavia

Tiráspol (ruso: Тирасполь, ucraíno: Тираспіль) é a capital do estado autoproclamado Transnistria e a segunda cidade máis poboada de Moldavia.

A cidade queda na beira leste do Dnister. Tiraspol é un centro rexional da industria lixeira, como son a produción de mobles e produtos eléctricos.

Modelo:Xeografía políticaTiráspol
Tiraspol (ro)
Тирасполь (uk)
Тирасполь (ru)
Тираспол (mo) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
 46°51′N 29°38′L / 46.85, 29.6329°38′L / 46.85, 29.63
Estado non recoñecidoTransnistria Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación133.807 (2014) Editar o valor em Wikidata (2.676,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie50 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude26 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorAlexander Suvorov Editar o valor em Wikidata
Creación1792 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoOleg Dovgopol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalMD-3300 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webtirasadmin.gospmr.org Editar o valor em Wikidata

A moderna cidade de Tiráspol fundouna o xeneralísimo Alexander Suvorov en 1792, aínda que a zona estivo habitada durante miles de anos por diversas etnias. A cidade celebra cada ano o seu aniversario o 14 de outubro.

Historia

Historia preclásica

Tyras (Τύρας), tamén denominada "Tiras", foi unha colonia da cidade grega de Mileto, probablemente fundada ao redor do 600 a.C., situada a úns 10 km da desembocadura do río Tiras (Dniester). De pouca importancia nos primeiros tempos, no século II a.C. foi destruído polos tracios Xetae ao redor do 50 a.C.

No 56 d.C., a República romana restaurou a cidade e fíxoa parte da provincia colonial de Moesia inferior. Existen unha serie das súas moedas que inclúen cabezas de emperadores romanos desde Domiciano ata Alexander Severus. Ao pouco tempo do último, a cidade foi destruída de novo, esta vez pola invasión dos godos. O seu goberno estaba en mans de cinco arcontes, un senado, unha asemblea popular e un rexistro civil. As imaxes das súas moedas deste período suxiren o comercio de trigo, viño e peixe. As poucas inscricións existentes están principalmente relacionadas co comercio.

Estes antigos restos arqueolóxicos son escasos, xa que no sitio da cidade construíuse a gran fortaleza medieval de Monocastro ou Akkerman. Durante a Idade Media, a zona en torno a Tiráspol foi unha zona tampón entre os tártaros e os moldofvos e habitada por ambos grupos étnicos.

Fundación rusa

O Imperio ruso conquistou o seu camiño cara ao Río Dnister, conquistando territorio do Imperio Otomán. Para fortalecer a nova fronteira do estado do Imperio Ruso en 1792, na marxe esquerda do río Dniester, a petición do mariscal de campo Alexander Suvorov (considerado o fundador do moderno Tiráspol), construíronse, preto dunha aldea moldova chamada Sucleia, fortificacións e a cidade de Tiráspol polo arquitecto François Sainte de Wollant, a súa estatua é o fito máis distintivo da cidade. A cidade tomou o nome de Tyras, o nome grego do río Dniester no que se atopa. Tras a aparición de Tiráspol, moitos aldeáns de Sucleia mudaronse a Tiráspol, en 1795 a poboación de Tiráspol era de 2.500 persoas.

En 1828, o goberno ruso estableceu unha aduana en Tiráspol para intentar suprimir o contrabando. A aduana estaba subordinada ao xefe da rexión aduaneira de Odesa. Comezou as operacións con 14 empregados. Inspeccionaban os envíos de pan, papel, aceite, viño, azucre, froitas e outras mercadorías.

En 1867 foi construído un ferrocarril que ligaba Tiráspol con Odesa e en 1873 creouse un ferrocarril para Chisinau.

Tiráspol soviético

Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais 
Edificio parlamentario de Transnistria en Tiraspol. Na fronte está unha estatua de Vladimir Lenin
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais 
MiG-19 soviético monumento en Tiraspol
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais 
Un trolebús en Tiráspol pintado coas cores da bandeira

Despois da Revolución Rusa, en 1924 creouse a República Socialista Soviética Autónoma Moldavia en Ucraína, con Balta como capital. A república tiña o romanés, o ucraíno e o ruso como linguas oficiais. A súa capital trasladouse en 1929 a Tiráspol, que permaneceu como a capital da ASSR moldova ata 1940.

En 1940, seguindo as disposicións secretas do Pacto Molotov-Ribbentrop, a URSS obrigou a Romanía a ceder Besarabia. Integrou Tiráspol, ata entón parte da República Socialista Soviética de Ucraína, na recentemente formada República Socialista Soviética de Moldavia. O 7 de agosto de 1941, despois da invasión da Unión Soviética, a cidade foi tomada por tropas romanesas. Durante a ocupación, Tiráspol estivo baixo a administración romanesa. Durante ese período case toda a súa poboación xudía morreu, foron asasinados "in situ" ou deportados aos campos de exterminio nazis alemáns, onde foron asasinados.

En 1941 antes da ocupación, fundouse o xornal Dnestrovskaya Pravda por deputados populares do Concello de Tiráspol. Esta é a publicación periódica máis antiga da rexión. O 12 de abril de 1944, a cidade foi recuperada polo Exército Vermello e volveu a formar parte da RSS moldova.

Coa caída da Unión Soviética e a independencia da República de Moldavia en 27 de agosto de 1989, a rexión de Transnistria proclamou a súa independencia o 2 de setembro de 1990 e Tiráspol converteuse na capital de Transnistria.

Post-independencia

O 27 de xaneiro de 1990, os cidadáns en Tiráspol aprobaron un referendo declarando a cidade como un territorio independente. A cidade próxima de Bendery tamén declarou a súa independencia de Moldavia. A medida que o movemento independentista de lingua rusa gañou forza, algúns gobernos locais agrupáronse para resistir a presión do goberno de Moldavia para a súa nacionalización.

O 2 de setembro de 1990, Tiráspol foi proclamada capital da nova República Socialista Soviética Moldaviana Pridnestrovia. A nova república non foi recoñecida oficialmente polas autoridades soviéticas, con todo, recibiu o apoio dalgúns importantes líderes soviéticos, como Anatoly Lukyanov. Despois da disolución da Unión Soviética, o territorio ao leste do río Dniéster declarou a súa independencia como República Moldavia Pridnestrova (PMR), con Tiráspol como capital. Non foi recoñecida pola comunidade internacional.

O 1 de xullo de 2005, o Liceo "Lucian Blaga", escola secundaria con romanés como lingua docente, rexistrouse como unha ONG transnistriana. O rexistro de 6 escolas que usaban ese idioma foi obxecto de negociacións desde o ano 2000. As tensións creceron no verán de 2004, cando as autoridades transnistrias pecharon as escolas que ensinaban moldovo co alfabeto latino. Segundo a opinión oficial do PMR, iso considérase que é romanés. O moldovo, escrito no alfabeto cirílico, é un dos tres idiomas oficiais do PMR. O romanés non o é. Houbo sancións e boicots a ámbalas dúas marxes do Dniéster.

As tensións reflectíronse en incidentes terroristas. O 6 de xullo de 2006, unha explosión, que se cría causada por unha bomba, matou polo menos oito persoas nun microbús. O 13 de agosto de 2006, unha explosión de granadas nun trolebús matou a dúas persoas e feriu a dez.

Etimoloxía

O nome vén do grego: Tyras (Dnister) e polis (cidade).

Demografía

Tiraspol é a segunda cidade máis grande de Moldavia (tras Chişinău) e a maior na marxe esquerda do país. Segundo o censo realizado en novembro de 2004 polas autoridades de Transnístria. A poboación total de Tiraspol foi de 159.163 persoas, das cales:

  • Poboación Urbana: 158 070 habitantes
  • Poboación Rural: 1.094 habitantes

Estrutura étnica

1926

No ano 1926, Tiráspol tiña 29.700 habitantes.

Grupo étnico Poboación Porcentaxe
Rusos 16,276 54,8%
Hebreos 8732 29,4%
Ucraínos 4277 14,4%
Moldovos 416 1,4%

2004

Grupo étnico Poboación Porcentaxe
Rusos 65,298 41,71%
Ucraínos 52,278 33,07%
Moldovos 23.790 15,05%
Búlgaros 2450 1,55%
Gagauz 1988 1,26%
Belarusos 1712 1,08%
Alemáns 701 0,44%
Xudeus 573 0,36%
Armenios 360 0,23%
Polacos 324 0,20%
Xitanos 116 0,07%
Outros 7849 4,97%

Segundo o censo, o 90,4% dos habitantes teñen a cidadanía de Transnístria, pero moitos deles teñen segunda cidadanía:

Moldovos 16,2%
Rusos 16,1%
Ucraínos 12,4%

Relacións Internacionais

Consulados en Tiráspol

País Enderezo Teléfono
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Abkhazia str. 25 octombrie, 76 55 564
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Belarús str. 25 octombrie, 114
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Rusia str. 25 octombrie, 15 95 539
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína str. 25 octombrie, 114 81905
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Osetia do Sur str. 25 octombrie, 76 50704

Cidades irmandadas

País Cidade Data de irmandade
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Noruega Trondheim 1987
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Alemaña Eilenburg 2002
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Odesa 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Mykolaiv 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Ternopil 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Ismail 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Bilhorod-Dnistrovskyi 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Abkhazia Sukhumi 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Heson 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Ucraína Tcherkássi 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Rusia Volgogrado 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Rusia Kaluga 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Rusia Kurks 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Belarús Minsk 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Rusia Cherkasy 2006
Tiráspol: Historia, Demografía, Relacións Internacionais  Osetia do Sur Tsjinvali 2006

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Tiráspol HistoriaTiráspol DemografíaTiráspol Relacións InternacionaisTiráspol Véxase taménTiráspolLingua rusaLingua ucraínaMoldaviaRío DnisterTransnistria

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LisboaFentoAs aves na cultura popular galegaSexo analMaría PitaGuerraAMariano RajoyVladimir PutinIsaac NewtonMaría Xosé QueizánSerés, Serés, CastroverdeArantzaJennifer LopezCarballedo, Cerdedo-CotobadeAustraliaO Pedrouzo, Arca, O PinoRoberto BautistaYouTubeParafusoBélxicaPortadaPablo MartinezEl Correo GallegoLista das aves de GaliciaManuel RivasMexacánXosé Carlos MorellLista de deuses celtasRaquel Castro MartínezDoenza de Paget de mamaLista de palabras galegas de orixe celtaUnión AfricanaImmanuel KantMoisés Rodríguez PérezQuenllaRosalía de CastroOTANAs leis de CelavellaInglaterraMovimento das Forças ArmadasCharles WhiteSistema operativoCandela PeñaHenrique VIII de InglaterraRefraneiro galego sobre o pan25 de abrilPardo de CelaXXXTentacionLeonardo da VinciMañónYolanda DíazA CoruñaPapuxa das amorasNoelia ReyGalipediaRataRibadeoCayetana Álvarez de ToledoFigueresRosario Porto OrtegaOman AirCarrasco (planta)Eduardo MendozaÁngel CarracedoMaruxa MalloGalaicosMíster EspañaNeptunoJacinto BenaventeLuísa VillaltaPobo palestino🡆 More