Tina Karol (en ucraíno: Тіна Кароль), nada en Orotukan, Óblast de Magadán, Rusia, o 25 de xaneiro de 1985, é unha cantante ucraína que representou ao seu país no Festival da Canción de Eurovisión 2006 coa canción Show me your love (galego: Amósame o teu amor).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2012.) |
O seu nome orixinal é Tetiana Liberman (Тетяна Григорівна Ліберман), nacida de pai xudeu ucraíno e nai ucraína no Distrito Federal do afastado Oriente ruso.
Cando tiña seis anos de idade mudouse a Ivano-Frankivsk, no oriente de Ucraína. Graduouse nunha escola de música e logo estudou no Instituto Musical Grier de Kíiv.
Participou en varias competencias musicais xuvenís, rexionais, internacionais e xudías, así como tamén en musicais e espectáculos teatrais. Ocupou o segundo lugar no festival "New Wave" de Letonia. Karol converteuse en solista do conxunto das Forzas Armadas de Ucraína e logo nun personaxe artístico da televisión.
No 2006, Karol gañou a preselección ucraína do Festival da Canción de Eurovisión 2006 coa canción en inglés: "I Am Your Queen" (galego: Eu son a túa raíña) e representou a Ucraína no Festival, no cal obtivo un sétimo lugar interpretando unha nova versión da canción: "Show Me Your Love" (galego: Amósame o teu amor).
O día 15 de xuño de 2008 casou co produtor Eugene Ogir, froito do que naceu seu fillo Veniamín o 18 de novembro de 2008.
O 16 de xaneiro de 2009 foi nomeada polo presidente Víktor Yúshchenko Artista de Honor de Ucraína.
Segundo a revista "Focus", Tina é unha das 100 mulleres máis influentes de Ucraína, estando no número 92 na lista feita polos expertos.
Predecesor: "Razom nas bahato, nas ne podolati" Greenjolly | Ucraína no Festival de Eurovisión 2006 | Sucesor: "Dancing lasha tumbai" Verka Serduchka |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tina Karol |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tina Karol, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.