Tenca

A tenca (Tinca tinca) é unha especie de peixe de auga doce e salobre da familia dos ciprínidos, que se encontra en Eurasia desde Europa Occidental incluíndo as Illas Británicas ao leste de Asia ata os ríos Obi e Ienisei.

O seu interese en pesca deportiva provocou a súa introdución en cursos de auga de Chile, Australia, Nova Zelandia, África, Norteamérica, sueste asiático e recentemente no Brasil. Normalmente habita hábitats de augas doces de augas lentas, especialmente lagos e ríos de terrras baixas.

Ecoloxía

A tenca atópase con máis frecuencia en augas con substrato de arxila ou lama e abundante vexetación. Esta especie é rara en augas claras con substrato rochoso, e está ausente nas correntes rápidas. Tolera augas con baixa concentración de oxíxeno, e atópase en augas onde nin sequera a carpa pode sobrevivir.

Tenca 
Tencas exhibidas no "Subaqueous Vltava", Praga

As tencas aliméntanse principalmente de noite e comen preferentemente animais invertebrados como dípteros quironómidos, nos leitos de augas eutróficas e caracois e ameixas Pisidium en augas con moita vexetación.

É un peixe de augas temperadas que se reproduce a temperaturas superiores aos 18 °C. A posta de ovos pode chegar a alcanzar un peso superior ao 10% do peso da femia. A reprodución ten lugar en augas pouco fondas xeralmente entre plantas acuáticas, onde poden depositar os seus pegañosos ovos verdes, de 1 mm de diámetro. Os ovos permanecen pegados ás plantas ata a súa eclosión, que pode durar de 3 a 5 días, segundo a temperatura. A desova ten lugar normalmente en verán, e poden producir ata 300.000 ovos, normalmente menos. O crecemento é rápido, e os peixes poden alcanzar un peso de 0,11 kg no primeiro ano.

Morfoloxía

As tencas teñen unha forma robusta parecida á da carpa e a pel é de cor verde oliva, máis escura por ariba e case dourada por debaixo. A aleta caudal é de forma bastante cadrada. As outras aletas son arredondadas. A boca é terminal e máis ben estreita e ten en cada extremo pequenas barbas. O tamaño máximo do animal é de 70 cm, aínda que a maioría dos espécimes son moito menores. Os dentes farínxeos son uniseriais. Os ollos son pequenos e de cor de laranxa a vermello. O dimorfismo sexual é escaso, limitado a que as femias adultas teñen un perfil ventral máis convexo comparado co dos machos. Os machos son normalmente menores que as femias, e poden recoñecerse por teren as aletas inferiores máis curvadas e uns múscuculos ben distinguibles arredor da base das aletas, que están xeralmente ausentes nas femias.

A tenca ten moi poucas escamas, que están profundamente inseridas na grosa pel, facendo que sexa tan escorregadiza como unha anguía. As escamas son de pequeno tamaño; posúen máis de 80 delas na liña lateral. As aletas carecen de raios espiñosos. A textura do tegumento é bastante mucosa.

Tenca 
Tinca fósil

Tenca dourada

Unha variedade de tenca criada artificialmente é a chamada tenca dourada, que é popular como peixe ornamental para estanques. Esta forma varía en cor desde o dourado claro ao verde escuro, e algúns peixes teñen manchas negras ou vermellas nos flancos e aletas.

Importancia económica

As tencas son comestibles, e funcionan moi ben nas receitas para cociñar carpas. Son pescadas con cana e usadas como penso para especies predadoras como os centrárquidos. As tencas, especialmente a tenca dourada, so tamén peixes ornamentais en estanques e menos frecuentemente en acuarios.

Posúe grande interese en acuicultura: segundo a Organización de Produtores Piscicultores (OPP) a produción europea no ano 2000 alcanzou case 1.500 toneladas, correspondendo a Francia 700 ton (70,4%), seguida por España con 160 ton (16,1%), 116 ton en Alemaña (12,0%), e Bélxica con apenas 15 Tm (1,5%).

Notas

Tags:

Tenca EcoloxíaTenca MorfoloxíaTenca douradaTenca Importancia económicaTenca NotasTencaAsiaAustraliaBrasilChileCiprínidosEurasiaEuropa OccidentalIllas BritánicasNorteaméricaNova ZelandiaPesca deportivaRío IeniseiRío ObiSueste asiáticoÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Teresa García-SabellOs PinosNovialPenélope CruzElla Baila SolaBurgosMaría JamardoXulloCachaloteSantiago AbascalMaría Antonieta de AustriaFran AlonsoSegunda división española de fútbolMemorias dun neno labregoLareiraCruceiroCastros da provincia da CoruñaPirámide de necesidades de MaslowBerrogüettoMaría ReimóndezDodecágonoJosé Manuel Rodríguez PuenteDaniel de la Torre1890TeoProvincia da CoruñaWAliança CatalanaFebreiroAsunta Basterra PortoXurxo SoutoO divino saineteRibadeoFerrolKirsten DunstLingua casteláCMSHTMLBala (grupo musical)Marta DahlgrenMarta Fernández-TapiasFaneca bravaJorge PeteiroSalvador García-BodañoRamón Alonso MartínezXabi AlonsoEscudo de GaliciaMichael DouglasNacho VegasCarl Theodor DreyerWikipediaMurciaBenito KamelasBetanzosBoyanka Kostova (grupo musical)SuraEva GonzálezMoscovaMaría Xosé QueizánRakel WinchesterFerroAtlánticaForo (contrato)Os ÁnxelesCouselo (planta)AraitzCarmen MéndezLabios (xenitais)Os Castros, A CoruñaJuana AcostaLuar (programa)Will SmithMaría Victoria MorenoChristopher WalkenFingeringAriadna Gil🡆 More