Subramanya Bharathi

Subramanya Bharathi, nado en Ettayapuram (Tuticorin) o 11 de decembro de 1882 e finado o 11 de setembro de 1921, foi un político e escritor indio en lingua támil, activista nacionalista támil que loitou pola independencia á vez que conseguía reformar a poesía da súa lingua.

Foi coñecido tamén como Bharathy, e Mahakavi Bharathi, é un dos poetas mais famosos do seu país.

Infotaula de personaSubramanya Bharathi
Subramanya Bharathi
Subramanya
Nome orixinal(ta) சுப்பிரமணிய பாரதி Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1882
Ettayapuram, India Británica
Morte11 de setembro de 1921 (38 anos)
Chennai, India Británica
Datos persoais
ResidenciaTriplicane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo
EducaciónThe Madurai Diraviyam Thayumanavar Hindu College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , autobiógrafo , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa, Lingua sánscrita, Lingua telugu e Lingua támil Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeChellamaal
FillosThangammal Bharati (n. 1904)
Shakuntala Bharati (n. 1908)
Sinatura
Subramanya Bharathi

Traxectoria

Estudou na escola local en Tirunelveli, onde se afeccionou á música e á posuía con 11 anos, aínda que foi criado polo pai (xa que súa nai morreu cando el tiña 6 anos) ata que tamén morreu el cando Bharathi contaba con 16 anos.

Completou seus estudos universitarios en Benarés, onde entrou en contacto co hinduísmo e o nacionalismo, mudando súa perspectiva do mundo e vestindo turbante deixouse barba mentres aprendía inglés, sánscrito e hindi. En 1905 tras asistir ao congreso do partido Congreso Nacional Indio (do cal foi presidente Mahatma Gandhi) e na viaxe de volta para casa coñeceu a Irmá Nevedita (unha activista escocesa pro independencia india e reformadora social), deste encontro Bharathi ficou tan impresionado que tamén comezou a pelexar para que a muller fose considerada unha igual na sociedade india.

Estes encontros con círculos sociais ata agora descoñecidos fixéronlle reflexionar e comezou unha estratexia de comunicación co mundo exterior, polo que se fixo xornalista e comezou a colaborar co xornal Swadeshamitran (escrito en lingua támil) en 1904. Tres anos máis tarde comezou a editar o xornal India Tamil, onde comezou a publicar seus primeiros poemas e cancións con diversa temática (relacións entre o home e deus, pola independencia de seu país etc) á vez que clamaba contra do imperialismo. Nese mesmo ano de 1907 participou no congreso que dividiu ao Congreso Nacional Indio, apoiando ó sector radical o que fixo que o goberno británico indio o fose deter, razón pola cal marchou ao distrito de Pondicherry, gobernado polos franceses.

Estando en Pondicherry seguiu coa súa labor xornalística, publicando os xornais India, Vijaya, Tamil Daily, English Montly e Suryothayam; estas publicacións foron prohibidas na India británica e trataron de afundilas economicamente (detiveron remesas financeiras) e moralmente (confiscación de cartas ao xornal). Durante este exilio en territorio colonial francés Bharathi contactou con líderes da á revolucionaria do movemento de independencia e colaborou no xornal do líder independentista Aurobindo na revista Arya. En 1918 abandonou seu exilio e pasou á India británica, sendo encarcerado durante tres semanas, ao ano seguinte reunise con Mahatma Gandhi.

Morreu en 1921 debido ó tempo que pasou encarcerado e de resultas dun accidente cun elefante; a súa última conferencia foi sobre a inmortalidade do home, na biblioteca Karumgalpalayam.

Obra

A súa poesía foi unha mestura de elementos clásicos e contemporáneos, polo que modernizou a poesía támil falando sobre diversos temas, desde a política nacionalista india, pasando por cancións infantís, ata relixiosas (onde tamén incluíu a figuras doutras relixións como Alá e Xesús). Seus poemas caracterízanse pola beleza da forma e o contido, que empuxa á acción pola súa patria á vez que a tenta reformar, mediante o progreso técnico e social (feminismo e derogación do sistema de castas hindú).

  • Xuramento Panciu (1918).
  • O conto do pequeno Sankaran.
  • Para Rusia (en conmemoración pola revolución de 1917).
  • Cancións patrióticas (தேசிய கீதங்கள்);
  • Cancións Filosóficas (ஞானப்பாடல்கள்);
  • Outras cancións (பல்வகைப் பாடல்கள்);
  • Cantos de adoración (தோத்திரப் பாடல்கள்);
  • Comentarios sobre o Bhagavad Gita (பகவத் கீதை முன்னுரை);
  • A historia de Chandrika (சந்திரிகையின் கதை);
  • Cancións para os nenos (பாப்பாப் பாட்டு).


Tags:

11 de decembro11 de setembro18821921IndiaLingua támil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Hard GZNelson MandelaO Barco de ValdeorrasArturo RegueraLuciano PavarottiManuel FragaMetro-Goldwyn-MayerCaso Asunta BasterraDavid HilbertCélula procariotaPascual VeigaGuerra civil españolaAlegoríaFactorial descendente e ascendenteFeixónSahelEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024AC-960Grândola, Vila MorenaLista de ríos de EspañaAdriana LastraXosé Manuel PiñeiroManuel MurguíaLista de nomes femininos en galegoCristina Pérez HerraizEstados Unidos de AméricaGoretti SanmartínClub Deportivo OurenseEsteban Cortizas VilarCosoirado, Cosoirado, MorañaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoHTMLTereixa NavazaBrieva, ÁvilaRaquel AtanesTeresa MoureXoán Paulo I, papaYolanda CastañoRoisCastro de ViladongaFátima IglesiasXela AriasAlicia BorrásPartido Comunista dos Traballadores de EspañaCristina PichelLingua casteláXabarín ClubRosario DúrcalSeixoKay PachaSéchu SendeDaniel de la TorreAnxos SumaiAccidente de ChernóbilDonicelaCreative CommonsCadea de bloquesArteixoFelaciónHeredeiros da CrusMaribel VerdúNoite de san XoánCristina Fernández DavilaLugoSantiago RomayCanle (enxeñaría)CAPTCHARock HudsonDohaXosé Neira VilasNava CastroCatedral de Santiago de CompostelaLugares de GaliciaRevolución dos CaraveisLeopoldo RubidoTutankhamon🡆 More