Un sistema de numeración é un conxunto de símbolos e regras de xeración que permiten expresar verbal e graficamente todos os números mediante unha cantidade limitada de palabras e signos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Un sistema de numeración pode representarse como , onde:
Estas regras son diferentes para cada sistema de numeración considerado, mais unha regra común a todos é que para construír números válidos nun sistema de numeración determinado só se poden utilizar os símbolos permitidos nese sistema (para indicar o sistema de numeracíon utilizado engádese este como subíndice ao número).
Un sistema de numeración pode ser visto como o contexto que permite ao numeral "II" ser interpretado como o numeral romano para dous, o numeral binario para tres ou o numeral decimal para once.
Un numeral é un símbolo ou grupo de símbolos que representa un número. Os numerais diferen dos números do mesmo modo que as palabras diferen das cousas a que se referen. Os símbolos "11", "once" e "XI" son numerais diferentes, representando todos o mesmo número.
Son aqueles no que cada símbolo ten un valor diferente dependendo da posición na que se atopen.
Este teorema estabelece o xeito xeral de construír números nun sistema de numeración posicional. Primeiro estabeleceremos unhas definicións básicas:
A fórmula xeral para construír un número (calquera número) N nun sistema de numeración posicional de base b é a seguinte:
O valor total do número será a suma de cada díxito multiplicado pola potencia da base correspondente á posición que ocupa no número.
Esta representación posibilita a realización de sinxelos algoritmos para a execución de operacións aritméticas.
Son aqueles no que o valor dun símbolo non cambia de valor independentemente da posición na que se atope.
Exemplo: Os números romanos
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sistema de numeración, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.