Sinal De Tráfico

Os sinais de tráfico constitúen o conxunto dos sinais convencionais implantados nas estradas e camiños destinados a manter a seguranza dos usuarios dos mesmos, informándoos dos perigos, das prescricións relativas á circulación e dos elementos útiles para a toma de decisións e indicándolles os puntos de referencia e equipamentos útiles para os seus desprazamentos.

Sinal De Tráfico
Sinal de tráfico histórico, do século XVII, Alfama, Lisboa, en que se esixe que os carros que cheguen da portaría do Salvador recúen pola mesma parte.
Sinal De Tráfico
Un pórtico de sinalización sobre unha estrada estadounidense
Sinal De Tráfico
Sinal avisando de gando cruzando nunha estrada rural de Madeira

A sinalización de tráfico inclúe dous grandes grupos: a sinalización vertical (incluíndo placas de tránsito, balizas e semáforos) e a sinalización horizontal (constituída polas marcas no pavimento das estradas).

Categorías

Os sinais de tráfico agrúpanse en varios tipos. Por exemplo, o anexo 1 da Convención de Sinais de Estradas de Viena (1968) define otio categorías:

  • A. Sinais de perigo
  • B. Sinais de prioridade
  • C. Sinais de prohibición
  • D. Sinais de obriga
  • E. Sinais de regulación especial
  • F. Sinais de información
  • G. Sinais de dirección, posición ou indicación
  • H. Paneis adicionais

Historia

A sinalización das estradas máis antiga é a constituída polos marcos miliarios, os cales indicaban distancias ou direccións. O Imperio Romano erixiunos coa forma de columnas de pedra, ao longo da súa vasta rede de estradas, e indicaban da distancia a Roma. Na Idade Media, tornouse común a existencia de sinais multidireccionais en intersecións de estradas, que indicaban direccións de cidades e vilas.

O máis antigo regulamento de tránsito coñecido en Europa foi establecido en 1686 polo rei Pedro II de Portugal. Este regulamento prevía a colocación de sinais de prioridade nas rúas máis estreitas de Lisboa, definindo quen debería recuar para ceder pasaxe. Un deses sinais aínda subsiste na rúa do Salvador, no barrio de Alfama.

Os primeiros sinais de tránsito modernos erixidos a grande escala foron proxectados para os ciclistas, ao final da década de 1870 e inicios da década de 1880. As bicicletas eran medios de transporte rápidos, silenciosos e de difícil control, e ademais os ciclistas viaxaban ao longo de distancias considerábeis e, frecuentemente, preferían circular por estradas descoñecidas. As organizacións ciclistas comezaron por iso a instalar sinais que alertaban os ciclistas dos perigos potenciais das estradas, especialmente das inclinacións acentuadas, amais de indicaren simplemente distancias e direccións. As características destes sinais permiten incluílos xa no concepto moderno de "sinal de tráfico".

O desenvolvemento do automóbil impulsou o establecemento de sistemas de sinalización máis complexos, usando máis que avisos baseados en textos. Un dos primeiros sistemas deste tipo foi establecido polo Touring Club Italiano en 1895.

En 1900, nun congreso internacional das organizacións de turismo, realizado en París, debatéronse propostas de estandarización da sinalización nas estradas. En 1903, o goberno británico introduciu catro sinais de tráfico de ámbito nacional, mais os padróns básicos da maioría dos sinais establecéronse nun congreso internacional en París en 1908. En 1909, os gobernos de nove países europeos acordaron o uso de catro símbolos pictóricos, que significaban "lomba", "curva", "intersección" e "pasaxe a nivel ferroviaria". Entre as décadas de 1920 e 1960 realizouse un intensivo esforzo internacional de normalización da sinalización, acabando por levar ao desenvolvemento do sistema internacional de sinalización. Este sistema ficou definido, sucesivamente, pola Convención sobre a Unificación da Sinalización nas Estradas, asinado en Xenebra en 1931, polo Protocolo Relativo á Sinalización das Estradas, asinado en Xenebra en 1949 e pola Convención sobre a Sinalización das Estradas, asinada en Viena en 1968. O sistema internacional adoptouse sobre todo en Europa, mais tamén noutros países e territorios. Algúns países, como o Reino Unido e os Estados Unidos, desenvolveron sistemas de sinalización distintos do internacional, que acabaron por ser adoptados tamén por algúns outros países e territorios nas súas esferas de influencia. O Reino Unido finalmente adoptou o sistema internacional en 1964, e os Estados Unidos comezaron tamén a introducir símbolos pictóricos segundo o modelo internacional. A Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral adoptou a súa propia convención de sinalización, que segue regras e principios semellantes ás da Convención de Viena e que está en vigor en varios países africanos,

Os sinais de tránsito da era pre-industrial estaban maioritariamente feitos de pedra ou de madeira. O desenvolvemento das técnicas metalúrxicas, a partir de finais do século XVIII, levou a que o ferro fundido comezase gradualmente a substituír aqueles materiais nalgúns países. Outros países privilexiaron os sinais de cemento armado. Na segunda metade do século XX, os sinais de tráfico comezaron gradualmente construírse en aluminio, un material facilmente deformábel, o que reduce o risco de feridas e danos en caso de choque.

A nova xeración de sinais de tránsito consiste en sistemas electrónicos de mensaxe variábel (texto e símbolos), controlados por sensores automáticos ou manualmente por acción remota, que permiten unha xestión intelixente do tráfico. En diversos países, os avisos de tráfico transmítense directamente aos sistemas de navegación dos vehículos, a través de ondas de radio FM, datos celulares 3G e emisións por satélite. Finalmente, os vehículos poden pasar ser controlados por sistemas de lectura de placas de matrícula ou transponders RFID ligados a antenas colocadas sobre as estradas, como medios de soporte á sinalización de bordo, pagamento de peaxes, control de tempos de viaxe e verificacións de seguranza.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Sinal De Tráfico CategoríasSinal De Tráfico HistoriaSinal De Tráfico Galería de imaxesSinal De Tráfico NotasSinal De Tráfico Véxase taménSinal De Tráfico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Os vellos non deben de namorarseEstado NovoEsperantoXosé Luís BernalIndonesiaVerónica ForquéRamiro CarregalAna Belén FortesAdrenalinaRefraneiro galego sobre o mes de maiooyz9zMiguel SolísPablo EscobarThibaut CourtoisCromosoma homólogoPedro RieloÁlvaro Porto DapenaCarles PuigdemontEstatua de Che Guevara en OleirosFC Ilves (feminino)1915Posición aconchegadaMimosaAlfabeto galegoCarlomagnoDiáspora galegaGonzalo Pérez JácomeSanta CompañaLista de episodios de Shin ChanBrasilMemorias dun neno labregoTeoFauna de GaliciaJordi PujolGame Boy Advance SPNeptunoReal Club Celta de VigoLandraCharles WhiteBolboretaThe HivesRosario Porto OrtegaOldhamIKEAIker MuniainArmando BlancoProvincia da CoruñaSlumdog MillionaireJude BellinghamAdolfo SuárezVoleibolEstados Unidos de AméricaCunnilingusPaís Vasco (rexión histórica)Rosalía de CastroCarmen LovelleSobreiraVómito (grupo musical)GalipediaMedalla CastelaoMedoJesús Vázquez AlmuíñaFrancisco Castro VelosoUniversidade de ManchesterInfinitivo conxugadoMaría do Socorro Ortega RomeroAlfonso RuedaOs pronomes persoais galegosRataEuropaAlberte PagánPNúmero piPortugal🡆 More