Sailor Moon: Serie xaponesa de manga

Sailor Moon (美少女戦士セーラームーン, Bishōjo Senshi Sērā Mūn?), tamén traducida ó galego como A guerreira Lúa, é unha serie xaponesa de manga escrita e ilustrada por Naoko Takeuchi.

Foi convertida en serie anime por Nakayoshi entre 1991 e 1997. Os 52 capítulos individuais foron publicados en 18 volumes tankōbon. A serie conta as aventuras dunha moza de instituro chamada Usagi Tsukino que se transforma na Guerreira Lúa para buscar un artefacto máxico coñecido como o "Lendario Cristal de Prata" (「幻の銀水晶」 Maboroshi no Ginzuishō?). Durante a súa busca, lidera un grupo diverso de compañeiras, as Sailor Soldiers (セーラー戦士 Sērā Senshi?) que loitan contra personaxes malvadas que queren roubar o Cristal de Prata e destruír o sistema solar.

Sailor Moon
{{{caption}}}
美少女戦士セーラームーン
(Bishōjo Senshi Sērāmūn)
Manga Sailor Moon
Creado por Naoko Takeuchi
Editor Nakayoshi, Run Run
Publicado en Kodansha
Primeira edición 28 de febreiro de 1991
Última edición 3 de febreiro de 1997
Núm. de volumes 18
Anime Sailor Moon
Dirixido por Junichi Satō
Kunihiko Ikuhara
Takuya Igarashi
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Xapón TV Asahi
Galicia TVG
Primeira emisión 7 de marzo de 1992
Última emisión 8 de febreiro de 1997
Núm. de capítulos 200
Anime Sailor Moon Crystal
Dirixido por Munehisa Sakai (Tempada 1 e 2)
Chiaki Kon (Tempada 3)
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Tokyo MX
Primeira emisión 5 de xullo de 2014
Última emisión presente
Núm. de capítulos 39
Filmes
  • Sailor Moon R: The Movie (1993)
  • Sailor Moon S: The Movie (1994)
  • Sailor Moon SuperS: The Movie (1995)

Os 18 volumes do manga foron adaptados nunha serie anime producida por Toei Animation. A serie foi emitida no Xapón entre 1992 e 1997 durante cinco tempadas, e tivo tres filmes, un especial de televisión, e tres curtametraxes producidas no mesmo período. Unha serie de televisión de acción en vivo, Pretty Guardian Sailor Moon emitiuse entre 2003 e 2004 e un reboot do anime, titulado Sailor Moon Crystal comezou a emitirse en 2014. Numerosas compañías desenvolveron produtos de mercadotecnia baseados na serie, incluíndo novelas lixeiras, cartas coleccionables, figuras de acción, producións musicais de teatro e varios videoxogos. En Galicia, Sailor Moon foi emitido durante a década dos noventa pola canle autonómica TVG.

Dende a súa estrea, Sailor Moon recibiu a aclamación da crítica e converteuse nun dos mangas e animes máis populares de todo o mundo. A serie completa vendeu máis de 35 millóns de copias en todo o mundo, converténdose nunha das producións shōjo máis vendidas de tódolos tempos. Os críticos recoñeceron a arte, a caracterización e o humor da historia. O anime fíxose moi popular en varios países e é un dos responsables da popularización da animación xaponesa na cultura occidental.

Sinopse

Certo día, Bunny Tsukino, unha moza normal algo choromicas e distraída, recibe a visita dunha misteriosa gata chamada Lúa, a quen axudara esa mesma mañá de camiño á escola, e esta gata lle di que ela está destinada a converterse na Guerreira Lúa, unha gardiá co cometido de atopar e protexer á Princesa da Lúa e de buscar ó Cristal de Prata, tendo tamén que descubrir polo camiño a identidade das outras guerreiras que a axudarán nesa aventura.

Personaxes

Heroínas

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Usagi Tsukino (月野 うさぎ Tsukino Usagi?, coñecida como "Bunny" na dobraxe en galego) é a principal protagonista e heroína da serie, unha estudante que obtén a habilidade de se transformar na famosa xusticeira protectora do amor e a xustiza, a Guerreira Lúa (セーラームーン Sērā Mūn?). Se ben nun principio Usagi non era máis que unha adolescente preguiceira, inxenua e choromicas, co tempo vólvese máis valente, decidida e resolta. Ademais, a súa natureza xentil xunto co seu bo corazón convértena na portadora e gardiá do poderoso Cristal de Prata.

    Voz en galego: Montse Davila
Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Ami Mizuno (水野 亜美 Mizuno Ami?) é unha moza intelixente cun coeficiente intelectual de 300, quen de convertrse na Guerreira Mercurio (セーラーマーキュリー Sērā Mākyurī?). A xusticeira do coñecemento, pode controlar a auga nos seus estados líquido, sólido, gasoso, e mesmo a néboa. Caracterízase pola súa timidez e a súa paixón por estudar, así como tamén pola necesidade de protexer ós demais. O seu soño é seguir os mesmos pasos que a súa nai no estudo da medicina. É a máis analítica do grupo.

    Voz en galego: Carolina Vázquez
Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Rei Hino (火野 レイ Hino Rei?) é unha decidida miko que ten a capacidade de se converter na Guerreira Marte (セーラーマーズ Sērā Māzu?), a guerreira das chamas e a paixón. Rei ten habilidades de percepción extrasensorial. É quen de recoñecer forzas malignas ó seu arredor, debilitalas ou rexeitalas, ademais de poder manipular o lume. Mentres no manga Rei é unha rapaza seria e tranquila, a súa versión animada é máis temperamental, impulsiva e orgullosa; que rifa a miúdo con Usagi, mais en realidade quérea e admíraa moito.

    Voz en galego: Beatriz García
Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Makoto Kino (木野 まこと Kino Makoto?) é unha rapaza de estatura e fortaleza física superior á media que pode converterse na Guerreira Xúpiter (セーラージュピター Sērā Jupitā?), guerreira que controla os lóstregos e as árbores. Ó comezo, Makoto semella ser unha rapaza "masculina" até que se revela que sente predilección pola cociña e a xardinaxe. Os seus pais morreron nun accidente aéreo, tralo cal Makoto tivo que aprender a vivir e coidarse soa. É unha rapaza sentimental, pero forte, que ten o costume de ver en cada rapaz que coñece un parecido co seu antigo senpai.

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Minako Aino (愛野 美奈子 Aino Minako?) é unha namoradiza e alfúfara rapaza que comeza a súa traxectoria de xusticeira primeiro co nome de Guerreira V e despois como Guerreira Venus (セーラーヴィーナス Sērā Vīnasu?), que ten poderes afíns ó amor e ó romance. Moi semellante a Usagi en aparencia (loira, delgada) e en personalidade (folgazana e amante dos videoxogos), é membro do club escolar de voleibol e devece por converterse nunha icona da cultura pop. Minako é, á súa vez, a líder das xusticeiras que protexen a Sailor Moon e a primeira das protagonistas en converterse nunha guerreira grazas ó seu fiel compañeiro e amigo, Artemis.

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Setsuna Meiō (冥王 せつな Meiō Setsuna?) é un personaxe que primeiro é presentada na súa identidade de Guerreira Plutón (セーラープルート Sērā Purūto?). Posúe poderes afíns ó inframundo e a dimensión do tempo. Amiga de Chibiusa, dedícase a coidar da "Porta Espazo-Temporal", unha misteriosa estrutura que permite viaxar ó pasado e ó futuro. A súa misión consiste en non permitir que ninguén pase a través desta porta para viaxar sen permiso, ou causar cambios imprevistos na historia. Semella ser unha muller máis madura, severa e solitaria que as demais protagonistas.

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Michiru Kaiō (海王 みちる Kaiō Michiru?), unha estudante de secundaria moi delicada e unha talentosa violinista que pode converterse en Guerreira Neptuno (セーラーネプチューン Sērā Nepuchūn?). Pode controla as augas profundas e posúe unha grande afinidade cos océanos. Ó igual que Rei, posúe a habilidade de percepción extrasensorial, que comeza a "canalizar" a través do seu talismán, o Espello de Augas Profundas. Antes de coñecer a Usagi e as demais, Michiru traballaba pola súa conta, ó igual que Minako e Setsuna, até que coñeceu a Haruka, quen se converteu na súa principal compañeira e mesmo na súa parella romántica.

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Haruka Ten'ō (天王 はるか Ten'ō Haruka?), unha estudante de secundaria e prodixiosa corredora de carreiras profesional. Ten moitas admiradoras e viste e fala coma se fose un home. Pode transformarse na Guerreira Urano (セーラーウラヌス Sērā Uranusu?) e ten poder sobre o ar, sobre o ceo e a dimensión do espazo, e pode correr "tan axiña coma o vento". Aínda que se encontra nunha relación de parella con Michiru, gústalle facelas beiras a Usagi e a outras rapazs.

Sailor Moon: Sinopse, Personaxes, Produción 

Hotaru Tomoe (土萠 ほたる Tomoe Hotaru?) é unha rapaza lóxica e formal e a máis pequena do grupo das gardiás. É unha moza moi estraña que ten o don de curar ós feridos coas súas mans, mais pola contra ela mesma ten unha saúde moi delicada. Morta anos atrás nun accidente provocado polo seu pai, volve á vida grazas a un pacto que este fixo cun demo, pero portando agora dentro dela a semente do enviado do mal, o que fai que teña unha personalidade bipolar. Axiña se descobre que ela pode transformarse na Guerreira Saturno (セーラーサターン Sērā Satān?), a última guerreira do equipo, que posúe afinidades co silencio e a fin do mundo, ademais da capacidade de destruír un planeta.

Outros

Mamoru Chiba (地場 衛 Chiba Mamoru?) é un rapaz que se converte no heroe Tuxedo Mask (タキシード仮面 Takishīdo Kamen?, "Señor do Anteface"), un enmascarado vestido de frac que adoita aparece para axudar a Sailor Moon durante as batallas. Posúe unha grande habilidade para usar o seu sombreiro de copa, caxato e demais accesorios como armas de combate, ademais dunha capacidade para a premonición a través dos soños. Malia que Mamoru é un par de anos maior que Usagi, ten unha relación romántica con ela.

Chibiusa (ちびうさ Chibi Usa?), é unha nena de cabelo rosado que ó comezo vai en cuarto grao de primaria, se ben é demasiado baixa para a súa idade. Apareceu como unha pequena e misteriosa visitante que se facía pasar por unha curmá de Usagi. Despois descubriuse que en realidade procede do futuro século XXX, e pode converterse nunha Pequena Guerreira Lúa (セーラーちびムーン Sērā Chibi Mūn?) porque é a futura filla de Usagi e Mamoru. A súa relación con Usagi ó longo da serie baséase no agarimo que se teñen nai e filla e a rivalidade pola atención de Mamoru.

Produción

Antes da creación do manga de Sailor Moon, Takeuchi publicou Codename: Sailor V, a cal se centraba arredor da personaxe de Minako Aino ("Sailor Venus"). Ela concibiu a idea a partir do seu desexo de crear unha serie de rapazas fermosas no espazo exterior, e o seu editor pediulle que as vestise co uniforme escolar xaponés, coñecido como Sailor fuku; o cal foi empregado como modelo para deseñar o uniforme das xusticeiras. Cando se propuxo a adaptación ó anime de Sailor V, o concepto foi modificado para que a protagonista de devandita historia se convertese en só un membro máis dun equipo de guerreiras Sailor. A serie manga resultante (Sailor Moon) converteuse nunha fusión do xénero máxico de rapaza popular e as series Super Sentai, das cales Takeuchi era moi afeccionada. Á vez, a autora atopou a súa inspiración na incorporación de aspectos da astronomía, a astroloxía, a mitoloxía grega, a mitoloxía romana, a xeoloxía, os temas elementais do Xapón, a moda adolescente, e as falcatruadas das colexialas.

As conversas entre Takeuchi e os seus editores previron inicialmente só unha tempada para a historia, a cal foi desenvolvida en numerosas reunións un ano antes da súa publicación. Pero unha vez rematado o traballo, os editores preguntáronlle a Takeuchi se podería continuar. Ela decidiu crear catro tempadas máis que foron a miúdo publicadas case ó mesmo tempo coa emisión da serie de anime da década de 1990, a cal tiña as cinco tempadas correspondentes e era transmitida con só un mes ou dous de atraso con respecto ó manga. Takeuchi tamén declarou a súa impresión de que, por mor de que o persoal de produción da mesma estaba na súa maioría composto por homes, a versión do anime posúe «unha leve perspectiva masculina».

Filmes

Esta táboa é unha pequena lista dos filmes que se fixeron sobre Sailor Moon.

    # Saga Título en galego Duración Ano da estrea
    1 Sailor Moon R A promesa da rosa 60 minutos 1993
    2 Sailor Moon S O amor da princesa Kaguya 60 minutos 1994
    3 Sailor Moon Super S O milagre do buraco dos sonos 60 minutos 1995

Sailor Moon con actores reais

Sailor Moon Live Action é unha serie con actores reais de 49 episodios (ou actos) e 3 especiais que preparou no ano 2003 Tokyo Broadcasting System en colaboración directa con Naoko Takeuchi, pois esta, longo tempo despois de rematar o manga e o anime, desexaba volver contar as aventuras das súas guerreiras dun xeito diferente.

A historia, en xeral, e basicamente a adaptación da primeira saga de Sailor Moon e as tramas son, a grandes trazas, máis ou menos as mesmas aínda que con lixeiros cambios argumentais.

  • Dirección: Kenzo Maihara, Nobuhiro Suzumura, Masataka Takamaru, Ryuta Tazaki
  • Guionistas: Yasuko Kobayashi, Naoko Takeuchi
  • Produtores: Shinya Maruyama, Takeshi Okazaki, Yuuba Sakata, Shinichiro Shirakura, Toshiyuki Takezawa, Koichi Yada
  • Música: Hitoshi Haneba
  • Elenco:
    Personaxe Actor
    Usagi Tsukino Miyuu Sawai
    Ami Mizuno Chisaki Hama
    Rei Hino Keiko Kitagawa
    Makoto Kino Myuu Azama
    Minako Aino Ayaka Komatsu
    Mamoru Chiba Jyoji Shibue
    Lúa Keiko Han (voz) / Rina Koike (humana)
    Artemis Kappei Yamaguchi (voz)
    Raíña Beryl Aya Sugimoto
    Jadeite Jun Masuo
    Nephrite Hiroyuki Matsumoto
    Kunzite Akira Kubodera
    Zoicite Yoshito Endoh
    Naru Osaka Chieko Kawabe
    Motoki Furuhata Masaya Kikawada
    Hina Kusaka Moeko Matsushita
    Mio Kuroki Alisa Durbrow
    Ikuko Tsukino Kaori Moriwaka
    Shingo Tsukino Naoki Takeshi
  • Especiais:
    • Acto especial: A historia comeza 4 anos despois de derrotar a raíña Beryl. Neste especial vemos a ansiada voda entre Usagi e Mamoru e o enfrontamento das guerreiras contra Mio Kuroki, unha misteriosa muller que se proclama nova raíña do Reino da Escuridade.
    • Acto cero: Acto especial que conta como Minako Aino coñece a súa condición de guerreira grazas a Artemis.
    • Super leccións de baile: As mozas ensínanlle a Lúa (humana) a bailar as canciones da serie.

A música de Sailor Moon

Inicio

  • 1. "Moonlight Densetsu" [A lenda do luar] de Dali / Moon Lips.
  • 2. "Makenai" [Resistirei] de Hanazawa Kae. (Non hai versión galega deste tema).

Final

  • 1. "Heart Moving" [O latexar do corazón] de Misae Takamatsu.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Sailor Moon SinopseSailor Moon PersonaxesSailor Moon ProduciónSailor Moon FilmesSailor Moon con actores reaisSailor Moon A música de Sailor Moon NotasSailor Moon Véxase taménSailor Moon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Reino de GaliciaChorimaArturo Fernández (xornalista)Kuala LumpurPartido políticoCornizóHipotensiónShakiraGoogleTartánCloroformoAntonio MachadoAppleTalkSikhPotaPacto Molotov-RibbentropOcéano AtlánticoCandela PeñaForo do bo burgo de Castro CaldelasDinastía MingLas Torres de CotillasLiam NeesonFascismoFrancisco Miguel Llanos TrápagaMegasaLingua casteláLingua latinaLorbé, Dexo, OleirosZendayaSanta CombaJosé Pérez-ArdáCarlismoMadagascarAnuroAdrián CastiñeirasVolta ao País Vasco 2018Charles MansonStellantisCasa de BonaparteBasilio Río BrenllaMaría VázquezJoaquin PhoenixPerúArboHenrique VIII de InglaterraGmailMasculino e feminino en galegoHermann Heinrich GossenEurocopa de FútbolLudwig van BeethovenDarío Caramés RuzaTrahamundaSulfato de cobre (II)Nordés (vento)Ángel Concheiro CoelloIndonesiaJustin BieberRamiro CarregalDune (filme de 2021)Raposo comúnA CoruñaA derradeira leición do mestreOviedoLucía VeigaRosendo SalvadoHindiSaturnoManuel Gago MariñoAnálise numéricaLista de episodios de Dragon Ball Z KaiDaniel BasteiroMario CaneiroYouTubeCabeza de Manzaneda🡆 More