Atmosférico Ar: Mistura de gases que constitúe a atmosfera terrestre

Ar ou aire son os nomes que recibe a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade.

O ar é esencial para a vida no planeta, é particularmente delicado e é transparente a simple vista. Está composto en proporcións lixeiramente variábeis por substancias tales como o nitróxeno (78%), osíxeno (21%), vapor de auga (variábel entre 0-7%), ozono, dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon.

A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición do aire. A presión do aire diminúe coa altitude.

O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.

A atmosfera terrestre divídese en catro capas: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera e a termosfera. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á Terra: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o argon e o neon. Nesta capa atópanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso clima.

Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de ozono que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).

Composición do ar seco, por volume
ppmv: partes por millón por volume (nota: a fracción volumétrica soamente é igual á fracción molar para gases ideais)
Gas Volume
Nitróxeno (N2) 780.840 ppmv (78,084%)
Osíxeno (O2) 209.460 ppmv (20,946%)
Argon (Ar) 9.340 ppmv (0,9340%)
Dióxido de carbono (CO2) 380 ppmv (0,0380%)
Neon (Ne) 18,18 ppmv (0,001818%)
Helio (He) 5,24 ppmv (0,000524%)
Metano (CH4) 1,79 ppmv (0,000179%)
Kripton (Kr) 1,14 ppmv (0,000114%)
Hidróxeno (H2) 0,55 ppmv (0,000055%)
Óxido Nitroso (N2O) 0,3 ppmv (0,00003%)
Xenon (Xe) 0,09 ppmv (9×10−6%)
Ozono (O3) 0,0 a 0,07 ppmv (0% a 7×10−6%)
Dióxido de nitróxeno (NO2) 0,02 ppmv (2×10−6%)
Iodo (I) 0,01 ppmv (1×10−6%)
Monóxido de carbono (CO) 0,1 ppmv (0,00001%)
Amoníaco (NH3) trazas
Vapor de auga (H2O) ~0,40% na atmosfera toda, tipicamente 1%-4% na superficie

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Atmosfera terrestreGasGravidadeTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xeración dos 80Antiga CartagoMasculino e feminino en galegoLuísa VillaltaCayetana Álvarez de ToledoGabriel RufiánMarçal MolinéLorenzo VarelaPedro RieloCarlomagnoOs demostrativos galegosBibTeXSalgueiroViacrucisMadridRamón María del Valle-InclánUniversidade de Santiago de CompostelaEduardo PondalTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Laurent Cantet2003ArantzaFiúnchoMergullón cristadoVangardasProvincias de EspañaRepública Democrática do CongoMimosaAdolfo SuárezJorge PeteiroWayback MachinePardo de CelaLista de xentilicios de concellos galegosMeteoGaliciaAlberto FortesEva MejutoRataCarballoEnsaio (literatura)Lista de nomes masculinos en galegoManuel MurguíaFrancisco AsoreyMemorias dun neno labregoFrancisco FrancoCharles DarwinRías Baixas (serie de televisión)O GroveChorimaThe ArtistBidueiroMoscovaXogo da chaveMaría a BalteiraIker MuniainTBárbara ReyLeymaImmanuel KantGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981AndoriñaDomingo García-SabellJosé Luís Valladares FernándezPastora Dominga González ViéitezColocación do pronome átono en galegoJesús Vázquez AlmuíñaEduardo MendozaGabriel García MárquezTECOR societarioOs ÁnxelesXosé FortesOrdesDeserto do SáharaFrancia🡆 More